Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación de servicios para a recuperación de solos contaminados por verteduras incontroladas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicios para a recuperación de solos contaminados por verteduras incontroladas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

2.2. Prazo de execución: tres meses e medio para cada un dos lotes obxecto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Clasificación esixida:

Grupo III, subgrupo 8, categoría D ou grupo U, subgrupo 7, categoría D.

5. Orzamento base de licitación:

Importe total: novecentos corenta e seis mil setecentos sesenta e dous euros con trinta e cinco céntimos (946.762,35 euros).

6. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 18.935,25 euros.

7. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: 37.870,49 euros.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1308.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe ASUNTO: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: deberán presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita en San Lázaro s/n, antes das 14 horas do día 24 de xullo de 2002 , data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b. Enderezo: San Lázaro, s/n.

c. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobre A):

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do día 1 de agosto de 2002.

11. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3, o día 7 de agosto de 2002.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago, 30 de maio de 2002.

P.D. (Orde do 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente