Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.477

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ós corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de finanzas, listas B, de conformidade co establecido na Resolución do 6 de marzo de 2002.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 6 de marzo de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para os corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), listas B, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas na correspondente sesión, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ós corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), listas B. As listas están expostas na forma que seguidamente se indica:

-Solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación.

-Solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección

de Persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle-la oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo A: 47,54 A.

Grupo B: 41,57 A.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental, de acordo coa base 3.3 da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de marzo de 2002.

Os que non o fixesen o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública