Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.477

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado por Orde do 6 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo).

De conformidade co disposto no punto 19 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 6 de marzo de 2002 (DOG do 18 de marzo), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 25 de abril de 2002 (DOG do 7 de maio).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen nos anexos desta resolución.

Santiago de Composela, 28 de maio de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal