Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se amplía o importe do crédito inicial destinado á atención dos programas de axuda á cooperación ó desenvolvemento que se realizarán no ano 2002, en colaboración coas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD).

A Orde do 15 de febreiro de 2002, que regula os programas de axuda para a cooperación ó desenvolvemento, que realizará en 2002 a Xunta de Galicia en colaboración coas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD), publicada no DOG nº 41, do 26 de febreiro de 2002, establece as bases para a concesión destas axudas.

A disposición adicional cuarta da mesma orde asigna unha cantidade inicial de 300.510 euros na partida orzamentaria 17.03.121A.490.0 para a atención destes programas, cantidade que se podería incrementar de acordo cos límites de crédito finalmente aprobados na aplicación orzamentaria correspondente pola Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002.

En atención á gran necesidade de apoio á cooperación cos países máis desfavorecidos, que demanda unha maior sensibilidade actualmente na nosa comunidade, a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, incrementa sensiblemente o crédito que se vén destinando estes últimos anos para a atención dos programas de cooperación descentralizada para o desenvolvemento.

Por todo iso, e en cumprimento do previsto no artigo 78.6.d) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro,

RESOLVO:

Que o importe global máximo que se destinará ás axudas correspondentes ós programas de cooperación ó desenvolvemento no ano 2002 a través de ONGD reguladas pola Orde desta consellería, do 15 de febreiro de 2002, será de 1.650.000 euros, que deberán imputarse á partida orzamentaria 17.03.121-A.490.0.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA