Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

INFORMACIÓN pública sobre modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento.

A Corporación municipal deste concello, en sesión que tivo lugar o día 28 de maio de 2001, prestoulle a súa aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste concello, co obxectivo da recualificación dos terreos comprendidos no ámbito da Chan da Ponte (Salvaterra de Miño), axustándoos á súa actual situación, e para permiti-lo continuo desenvolvemento que a actividade industrial está a ter no municipio.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Salvaterra de Miño, 29 de maio de 2002.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde