Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante concurso por procedemento aberto, das parcelas de titularidade municipal situadas no primeiro sector do SUNP-37 de Amio, con destino a uso industrial.

Orzamento de licitación: o tipo de licitación será o fixado, para cada parcela, no anexo I do prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta licitación. Neste prezo está incluído o IVE ó tipo do 16% pero non os gastos de urbanización que serán por conta dos respectivos adxudicatarios.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación de cada unha das parcelas. En caso de optar a máis dunha parcela, constituiranse fianzas independentes para cada unha delas.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde