Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 2001.

Cumprido o acordo da Comisión de Goberno do día 25 de febreiro de 2002, no que se prestou aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 2001 e no exercicio das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 41.14º a) do Real decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios e contidas na oferta de emprego público de 2001:

Dúas (2) de técnico da escala de Administración xeral, subescala técnica, integradas no grupo A. Sistema de selección: oposición libre.

Dúas (2) de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C. Sistema de selección: 1 oposición libre e 1 promoción interna (concurso-oposición).

Dúas (2) de auxiliar da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo D. Sistema de selección: 1 oposición libre e 1 promoción interna (concurso-oposición).

Unha (1) de arquitecto técnico da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo B. Sistema de selección: oposición libre.

Unha (1) de delineante da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, integrada no grupo C. Sistema de selección: oposición libre.

Unha (1) de oficial albanel da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, integrada no grupo D. Sistema de selección: promoción interna (concurso-oposición).

Unha (1) de suboficial da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C. Sistema de selección: promoción interna (concurso-oposición).

Unha (1) de cabo da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D. Sistema de selección: promoción interna (concurso-oposición).

Tres (3) de bombeiro-conductor da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase servicio de extinción de incendios, integrada no grupo D. Sistema de selección: oposición libre.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se sinalan os requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP número 69, do día 11 de abril de 2002, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais pertinentes.

Pontevedra, 16 de abril de 2002.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde