Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da aprobación definitiva de modificación de normas de planeamento. Sector 02. Solo urbanizable industrial de Penapurreira.

O Pleno do Concello, en sesión do 24 de abril de 2002, adoptou o acordo seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual referida, proxecto de modificación das normas de planeamento. Sector 02. Solo urbanizable industrial de Penapurreira, excluíndo, con respecto ó documento da aprobación inicial, na delimitación do sector O2-A, a porción da parcela nº 6-B, que se indica no modificado da memoria e conforme expresa o plano número 5; reestructurando o sector U.E.02, do xeito que tamén expresa o dito plan número 5, que anula e substitúe o número 3 que fora aprobado inicialmente.

Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP, incluíndo neste último as normas urbanísticas que inclúe o contido da modificación, de acordo co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, copia do expediente administrativo e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o expresado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa última pulbicación (no BOP ou no DOG), se ben, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, contado desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se

entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.

As Pontes de García Rodríguez, 26 de abril de 2002.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde