Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO sobre a aprobación definitiva do documento refundido do Plan parcial sector S.08 Ames.

Tendo sido aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión de data 12 de xuño de 2001, o documento chamado Plan parcial do sector S.08 Ames, e unha vez exposto ó público este en forma e tempo regulamentario, e despois de emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o preceptivo informe en sentido favorable, pero no que se incluían as observacións de que se acreditara debidamente a suficiencia de redes de servicios existentes, e se obtivera o informe favorable en materia de estradas da Xunta de Galicia, e unha vez que se cumpriu coas citadas observacións, o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o documento refundido do Plan parcial sector S.08 Ames.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase optar por:

1. Interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Calquera outro que estime pertinente.

Ames, 20 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado