Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncian catro concursos, polo procedemento aberto, para a adquisición polo Servicio Galego de Saúde, mediante subministración sucesiva, de diverso material médico para os centros de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número dos expedientes: S/125-2002; S/126-2002; S/127-2002; S/128-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición, mediante subministración sucesiva, para os centros de Atención Primaria de:

-S/125-2002: esparadrapos, tiras adhesivas, teas adhesivas e tiras de sutura.

-S/126-2002: agullas e xiringas.

-S/127-2002: apósitos, gasas e compresas de gasa.

-S/128-2002: vendas.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega: nos distintos puntos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Plazo de entrega: máximo 10 días naturais desde a recepción dos pedidos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

-S/125-2002: trescentos corenta e oito mil cincocentos corenta e cinco con cero seis euros (348.545,06 A).

-S/126-2002: oitocentos cincuenta e dous mil seiscentos vinteoito con vinteseis euros (852.628,26 A).

-S/127-2002: un millón douscentos sesenta e seis mil catrocentos cincuenta e tres con vintetrés euros (1.266.453,23 A).

-S/128-2002: oitocentos setenta e cinco mil seiscientos corenta con noventa e tres euros (875.640,93 A).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación de cada lote ó que se concorra. No caso de que se licite a dous ou máis lotes, poderase constituír unha única garantía provisional equivalente ó 2% do importe de licitación que sumen os lotes ós que se concorra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro, s/n, 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de xuño de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas na sala 2-2 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6), o 26 de xuño de 2002.

10. Outras informacións: data de información previa en DOCE:

Expediente S-125/2002: 21-2-2002.

Expedientes S-126, S-127 e S-128/2002: 22-2-2002.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a 4.200 euros (1.050 euros por expediente).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 28 de maio de 2002.

13. Páxina web onde se pode obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos