Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO sobre aprobación inicial de estudio de detalle área de repartición 2 PNC-2.

Aprobado con carácter inicial por resolución da alcaldía, do 15 de maio de 2002, o estudio de detalle de sinalamento de aliñacións, rasantes e ordenación de volumes, de iniciativa privada, presentado por Manuel Garrido Garrido para o desenvolvemento da área de repartición 2 (PNC-2) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, na rúa da Paz, e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Ángel Delgado Cid, ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, faise público:

Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada no estudio de detalle e correspondente ó PNC-2 polo prazo dun ano, aínda que a dita suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública durante o prazo dun mes esta información inicial, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior tiraxe da provincia, para efectos de alegacións.

Ares, 16 de maio de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente