Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Visto o texto do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, que se subscribiu entre os representantes da Administración autonómica e das organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Confederación de Sindicatos Independentes e Sindical de Funcionarios (CSI-CSIF), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

IV Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia

Capítulo I

Ámbito do convenio

Artigo 1º.-Ámbito persoal e territorial.

1. Este convenio colectivo establece e regula as normas polas que se rexerán as relacións de carácter xurídico-laboral entre a Xunta de Galicia e o persoal que, suxeito á lexislación laboral, preste os seus servicios baixo a súa dependencia e a dos seus organismos autónomos.

2. Así mesmo, integrarase neste convenio o persoal laboral que con posterioridade á publicación deste pase a depender da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos. Para iso terase en conta o disposto no artigo 46.6º e).

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste convenio:

a) Altos cargos contratados de acordo co artigo 21 do Estatuto dos traballadores e demais normas concordantes.

b) Todas aquelas persoas físicas vinculadas coa Xunta de Galicia por contrato non laboral de prestación de servicios, sexa de natureza civil ou mercantil.

c) O persoal experto docente de formación ocupacional, de escolas obradoiro e de obradoiros de emprego.

d) Os artistas de espectáculos públicos do IGAEM.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os efectos económicos terán efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 2001 e serán revisados, se é o caso, anualmente de acordo co disposto na Lei de orzamentos para a Comunidade Autónoma de Galicia.

A vixencia deste convenio rematará o 31 de decembro do ano 2004, prorrogándose automaticamente, a non ser que se produza denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia; en tal caso, a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos 20 días seguintes á denuncia sinalada anteriormente.

De producirse a denuncia do convenio, este prorrogarase ata a aprobación do que o substitúa.

Capítulo II

Órgano de vixilancia

Artigo 3º.-Comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio.

1. Créase unha comisión paritaria de vixilancia, control e interpretación do convenio, que entenderá da aplicación deste. A dita comisión estará composta por un número de representantes, tanto por parte dos/as traballadores/as como da Administración da

Xunta de Galicia, equivalente ó número de consellerías existentes máis un. Os representantes dos/as traballadores/as serán designados polas organizacións sindicais negociadoras deste convenio, de acordo co artigo 85.2º e) do ET. A Xunta de Galicia comprométese a facilita-los locais onde terán lugar as reunións de traballo, así como a realiza-las tarefas burocráticas dela.

A comisión reunirase por pedimento dunha das partes no prazo de 15 días e, con carácter extraordinario, cando as circunstancias así o fagan preciso.

A constitución da comisión paritaria realizarase no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do convenio no Diario Oficial de Galicia. A relación de membros que a compoñen seralle comunicada por escrito, no prazo de 5 días a partir da súa sinatura, ó secretario ou secretaria da comisión negociadora.

Os acordos tomaranse por unanimidade de entre ámbalas dúas representacións e serán recollidos en acta, dándoselle a debida publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros e dependencias da Xunta de Galicia. Ó mesmo tempo deberán publicarse no DOG, excepto os acordos que afecten a traballadores/as de xeito individual e os que así decida a comisión paritaria.

Os ditos acordos vinculan ámbalas dúas partes nos mesmos termos que este convenio e incorporaranse a el como anexo.

Cando existan discrepancias referidas á interpretación xurídica das materias contidas neste acordo, as partes poderán nomear de mutuo acordo un mediador que, unha vez aceptado o cargo, terá a obriga de presentar no prazo de 48 horas o seu dictame.

As partes deberán manifesta-lo seu posicionamento con respecto ó dictame, por escrito de xeito razoado, no prazo máximo de dez días.

2. Correspóndelle á comisión:

a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do convenio.

b) A vixilancia do pactado.

c) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

d) Asegura-la non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde sexual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como por parte dos superiores.

e) Ser oída con anterioridade á publicación da oferta de emprego público.

f) Aprobar ou denegar, se é requirido polo órgano competente das consellerías ou polo Comité Inter

centros, as solicitudes sobre reclasificación profesional que impliquen cambio de todo o colectivo dun oficio dunha categoría dun grupo a outro, tal e como figura no anexo II.

Denunciado o convenio, e ata que non se inicien novas negociacións, a comisión paritaria continuará exercendo as súas funcións verbo do contido normativo deste.

A comisión paritaria, a través da Dirección Xeral da Función Pública, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, información que a Administración facilitará cando o solicite unha das partes.

Os representantes do persoal e da Administración na comisión paritaria poderán ser asistidos nas reunións por un asesor técnico, con voz e sen voto.

3. A comisión paritaria elaborará o seu propio regulamento de funcionamento.

Capítulo III

Estabilidade no emprego e incompatibilidades

Artigo 4º.-Estabilidade no emprego.

De conformidade co principio de estabilidade no emprego, os contratos de traballo abranguidos neste convenio entenderanse pactados por tempo indefinido, coas excepcións legalmente establecidas.

A Xunta de Galicia, con carácter previo, solicitará informe ós delegados de persoal ou comité de empresa respectivo, e se é o caso do Comité Intercentros, cando se acorde a amortización de prazas vacantes. Tal informe deberá ser emitido no prazo máximo de 15 días.

O rexistro de persoal, mensualmente, facilitaralles ás organizacións sindicais máis representativas, comités de empresas e delegados de persoal, razón das altas e baixas que houbese durante o período.

Artigo 5º.-Incompatibilidades.

Ó persoal laboral da Xunta de Galicia aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de acordo coas normas estatais e autonómicas sobre a materia.

En concreto, deberase ter presente o cumprimento da dilixencia esixida no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas en relación co artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril.

A opción dun/dunha traballador/a incurso en incompatibilidade que renunciase ó seu posto na organización da Xunta de Galicia, non se verá limitada polo prazo mínimo de antigüidade que, para efectos de excedencia, esixe este convenio colectivo.

A percepción dos complementos retributivos previstos no artigo 26º deste convenio quedará sometida ó réxime de incompatibilidades previsto na Lei 53/1984 e no Real decreto 598/1985.

Capítulo IV

Provisión de vacantes e acceso á condición

de persoal laboral

Artigo 6º.-Relación de postos de traballo.

Son postos de traballo reservados ó persoal laboral os que así se determinen nas correspondentes relacións de postos de traballo.

Nos anexos II e II bis do convenio figuran as categorías do persoal laboral que integran cada grupo, así como as categorías análogas ou similares que, se é o caso, se inclúen en cada nova categoría.

Para a elaboración e publicidade das relacións de postos de traballo do persoal laboral terase en conta o disposto no artigo 25 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e demais normas concordantes.

Artigo 7º.-Provisión de vacantes.

1. Os postos de traballo que, segundo a correspondente relación de postos de traballo, deban ser desempeñados por persoal laboral, proveranse polos procedementos regulados neste artigo.

A Administración da Xunta de Galicia facilitará a mobilidade do persoal que desexe ser trasladado a outras administracións. A partir da sinatura deste convenio a Xunta procurará asinar acordos recíprocos con outras administracións que permitan reservar dun xeito parcial ata chegar ó límite do 5% total das prazas vacantes do persoal laboral fixo da Xunta para a súa provisión en concursos de traslados por persoal laboral fixo ó servicio doutras administracións públicas. Unha vez que a Xunta teña asegurada a reciprocidade, comunicarallo á comisión paritaria.

A eficacia desta previsión terá lugar no momento en que se publique no DOG a oportuna modificación da RPT correspondente.

2. Provisión definitiva:

a) Concurso de traslados.

O concurso de traslados constitúe o sistema normal de provisión definitiva de postos de traballo e previsiblemente serán convocados anualmente.

a.1. A provisión de postos de traballo mediante o sistema de concurso realizarase logo de convocatoria pública para o efecto na que, entre outros extremos, se fará constar:

-Vacantes que se ofertan e requisitos para o seu desempeño.

-Unha única fase de resultas.

-Baremo de méritos aplicable a cada convocatoria.

-Requisitos que deben reuni-los interesados/as para participar no concurso. En todo caso, terán a condición de persoal laboral fixo da Xunta cun mínimo de 2 anos desde que os/as interesados/as accedesen á praza que veñan desempeñando con carácter definitivo, agás que esta se provese polo sistema

de libre designación. Exceptúase deste requisito o persoal que se atope en excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría desde a que concursa.

-Terán preferencia nas resultas dos concursos de traslados os/as traballadores/as que fagan constar razóns de reunificación familiar na súa solicitude e que o xustifiquen axeitadamente. Para tales efectos, enténdese que hai reunificación familiar cando, como consecuencia do concurso, ámbolos dous cónxuxes ou parella de feito coincidan nos seus respectivos traballos, na mesma localidade ou en localidade de concello limítrofe ou en distancias non superiores a 30 km. Estas circunstancias cando sexan alegadas polo solicitante terán que xustificarse documentalmente xunto coa súa solicitude.

-Prazo para presenta-las instancias.

a.2. A convocatoria dos concursos de traslados será realizada polo titular da consellería competente en materia de función pública.

a.3. Transcorrido o prazo para a presentación de instancias, estas serán vinculantes para o/a peticionario/a e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo da toma de posesión. Así mesmo, e con carácter excepcional poderase renunciar á participación no concurso, antes de rematado o prazo de reclamacións das listas provisionais, sempre que exista causa de forza maior debidamente acreditada que, en todo caso, será libremente apreciada pola comisión de valoración.

a.4. Para a resolución das convocatorias de concursos de traslados o titular da consellería competente en materia de función pública nomeará unha ou varias, segundo os casos, comisións de valoración, que terán a seguinte composición:

-Un/unha presidente/a, que será o titular da Dirección Xeral da Función Pública ou persoa en quen delegue.

-Un/unha secretario/a, con voz e sen voto.

-Tres representantes da Administración.

-Dous representantes dos/as traballadores/as, por proposta das organizacións sindicais presentes no Comité Intercentros.

Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, ou norma que o substitúa.

a.5. A resolución dos concursos, igual que as convocatorias deles, publicarase no Diario Oficial de Galicia pola consellería competente en materia de función pública ou órgano na que aquela delegue.

a.6. Os traslados derivados da participación nun concurso terán en todo caso carácter voluntario e, en consecuencia, non xerarán dereito ó percibo de indemnización ningunha.

a.7. O persoal laboral que ocupe postos de traballo obtidos por concurso poderá ser removido deles por desaparición do posto como consecuencia dunha modificación da relación de postos de traballo correspondente, ou por falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que non comporte inhibición. Neste caso, a remoción efectuarase logo dun expediente contradictorio mediante resolución motivada da Dirección Xeral da Función Pública, contando co informe previo do Comité Intercentros.

O persoal afectado pola remoción quedará á disposición do/a secretario/a xeral ou órgano competente en materia de persoal da consellería respectiva, quen lle atribuirá o desempeño provisional dun posto correspondente á súa categoría profesional na mesma localidade do posto do que é removido. Se isto non é posible, a comisión paritaria proporá que sexa destinado a un posto de traballo correspondente á súa categoría profesional na localidade máis próxima á do posto do que foi removido. Ós postos e ó persoal daráselle-lo tratamento regulado no punto b.2 deste artigo, tendo preferencia para cubri-las vacantes correspondentes á súa categoría profesional que se inclúan no primeiro concurso de traslados.

No suposto de que houbese varias peticións para un mesmo destino, a súa adxudicación realizarase de acordo coa seguinte orde de prelación:

1. Antigüidade laboral do peticionario/a.

2. Número de fillos/as ou conviventes ata o segundo grao de parentesco.

3. Que o cónxuxe ou parella de feito fose trasladado con carácter forzoso a un posto de traballo que implicase cambio de domicilio.

a.8. Na fase de resultas poderanse atender peticións de traslado formuladas por traballadores/as doutras administracións públicas. En todo caso, será requisito imprescindible para a concesión deste tipo de traslado que a Administración de orixe teña regulado un sistema de reciprocidade que tamén o permita.

A Xunta de Galicia levará a cabo as xestións precisas para que este tipo de mobilidade se poida realizar con persoal laboral doutras administracións públicas fóra da Comunidade Autónoma galega.

b) Libre designación.

Proveranse por este sistema postos de traballo que, en atención á súa natureza, así se determine na correspondente relación de postos de traballo. En todo caso, só poderán ser de libre designación os postos de directores/as e subdirectores/as de centros e responsables de área, así como o persoal destinado na residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia.

Para estes efectos enténdese que son responsables de área aqueles traballadores/as dos grupos I e II que desempeñen dentro da súa categoría profesional postos que impliquen funcións de mando ou de des

tacada cualificación técnica e de especial responsabilidade, así como outras funcións especiais, durante o tempo que realicen estas.

Só poderá haber responsables de área de libre designación na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e na de Asuntos Sociais. O número máximo de responsables de área a cubrir polo sistema de libre designación na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é de 15 e preferentemente en centros de menores e centros de xuventude. O número máximo de responsables de área a cubrir polo sistema de libre designación na Consellería de Asuntos Sociais é de 25 e só nas residencias da terceira idade, nos centros de atención a minusválidos psíquicos e nos centros de educación especial.

Naquel centro da Consellería de Asuntos Sociais no que se cobre algún posto de responsables de área mediante o sistema de libre designación, o posto de subdirector/a dese mesmo centro só poderá cubrirse polo sistema de concurso. Do mesmo xeito, se o posto de subdirector/a nun centro da Consellería de Asuntos Sociais se cobre polo sistema de libre designación, o posto ou postos de responsables de área dese mesmo centro só poderá cubrirse polo sistema de concurso.

b.1. A convocatoria de libre designación, que fará a consellería respectiva á que pertence o posto ou postos convocados e se publicará no Diario Oficial de Galicia, conterá, entre outros extremos:

-Os postos convocados e os requisitos requiridos para o seu desempeño.

-O prazo para a presentación de instancias.

-Requisitos que deben reuni-los/as interesados/as na convocatoria. En todo caso, terán a consideración de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

b.2. O persoal que sexa destinado a un posto de libre designación poderá ser removido del con carácter discrecional. Neste caso, quedará á disposición do titular da secretaría xeral da consellería respectiva, quen lle encomendará, con carácter provisional, o desempeño dun posto correspondente á súa categoría profesional. Se isto non é posible, a comisión paritaria proporá que sexa destinado a un posto de traballo correspondente á súa categoría profesional na súa localidade ou na máis próxima á do posto do que foi removido. Os postos así cubertos deberán incluírse no seguinte concurso de traslados e os/as que se atopen nesta situación están obrigados a participar no devandito concurso e a solicitar tódolos postos que, correspondendo á súa categoría, se convoquen.

3. Prazo posesorio.

Resoltas as convocatorias de concurso ou libre designación, as consellerías procederán, no prazo de tres días, a cesa-los/as adxudicatarios/as dos postos convocados, os cales disporán, para tomaren posesión, dun prazo de tres días, se o destino do

novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do concursante ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do traballador/a. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está desfrutando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o cómputo destes comezará ó día seguinte da reincorporación ó posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para tódolos efectos, como de servicio activo.

4. Provisión temporal ou provisional.

Os postos de traballo reservados ó persoal laboral da Xunta de Galicia poderán proverse, con carácter temporal ou provisional, con persoal laboral fixo nos seguintes supostos:

a) Adscrición temporal.

Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura sempre que concorran as seguintes circunstancias:

-Informe vinculante da consellería de destino do/a traballador/a cando o posto que se provexa por este sistema dependa doutra consellería.

-O/a traballador/a deberá pertencer á mesma categoría e reuni-los requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, esixa a correspondente relación de postos de traballo.

-No caso de existiren varios solicitantes nas mesmas circunstancias, adxudicarase atendendo preferentemente á antigüidade.

-A adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.

-A adscrición temporal terá, en todo caso, carácter voluntario para o/a traballador/a.

-Será competente para autoriza-la adscrición a Dirección Xeral da Función Pública. Da autorización darase traslado inmediato ó Comité Intercentros, especificando as causas que a motivaron.

-Esta adscrición temporal poderá ser solicitada en calquera momento antes do informe da consellería.

b) Adscrición temporal por causas de saúde.

Naqueles supostos nos que as características do posto de traballo prexudiquen ou orixinen un dano na saúde do traballador/a, incompatible co desempeño do posto, o traballador/a poderá ser trasladado a outro posto de traballo.

b.1. Para poder facer efectiva esta modalidade será precisa a concorrencia dos seguintes extremos:

-Instancia dirixida á Dirección Xeral da Función Pública na que se solicite a adscrición temporal por causa de saúde.

-A citada instancia irá acompañada do informe médico dun facultativo/a do sistema nacional de saúde que contará, polo menos, coa seguinte información:

-Proceso patolóxico.

-Relación causa-efecto do proceso patolóxico co posto desempeñado.

-Observacións que o facultativo considere pertinentes.

-Ratificación do informe médico polo médico de empresa da Xunta de Galicia.

-Informe favorable da comisión paritaria.

-Autorización da Dirección Xeral da Función Pública.

b.2. Autorizada a adscrición temporal por razón de saúde, a comisión paritaria examinará os postos vacantes da mesma categoría ós que podería ser destinado/a o/a traballador/a afectado/a por cumpri-los requisitos que, para o desempeño deste, figuren na correspondente relación de postos de traballo. Determinada a adecuación, a comisión paritaria fará proposta dela á Dirección Xeral de Función Pública, que procederá a dicta-la correspondente resolución.

Procurarase que a vacante sexa do mesmo centro ou, no seu caso, na mesma localidade, onde o traballador/a presta os seus servicios. No caso de non haber vacante pura, ocuparase a última ocupada por un interino/a e, no caso de empate, respectarase a orde de prelación das listas definitivas publicadas no DOG, polas que foron chamados, de non poder aplicarse este criterio continuará o interino/a de maior idade.

b.3. Se non existe ningún posto adecuado dentro da categoría á que pertence o/a afectado/a, poderá ser adscrito/a, polo procedemento anteriormente exposto, a outro dunha categoría integrada no mesmo grupo ou en grupo inferior, sempre e cando reúna os requisitos esixidos.

b.4. A adscrición temporal por causas de saúde en ningún caso suporá modificación de categoría orixinaria e grupo. Sen embargo, en concursos posteriores, o/a traballador/a poderá participar na categoría á que está adscrito/a con carácter preferente, sen prexuízo da preferencia daqueles/as traballadores/as que estean obrigados a participar no concurso por remoción ou amortización do seu posto de traballo. En todo caso, se desaparecese a causa que deu lugar a esta situación o/a traballador/a poderá participar noutro concurso á súa categoría orixinaria anterior.

c) Adxudicación de posto a traballadores/as declarados en situación de incapacidade permanente total.

Cando un/unha traballador/a sexa declarado/a polo órgano competente en situación de incapacidade permanente total, poderá adxudicárselle un posto compatible coa súa nova situación e respecto do cal o/a interesado/a cumpra cos requisitos fixados na

correspondente relación de postos de traballo. Para estes efectos, entenderase que cumpre os requisitos cando posúa a titulación académica requirida para o acceso á categoría, do mesmo ou inferiores grupos ó da súa, á que estea reservada o posto de traballo. Este persoal terá preferencia para cubri-las vacantes reservadas á categoría que pase a desempeñar que se inclúan no primeiro concurso de traslados.

Para estes efectos seguirase un procedemento similar ó previsto na alínea b) deste artigo, agás a ratificación do informe do médico de empresa da Xunta, que será substituído polo informe de compatibilidade emitido polo equipo de valoración de incapacidades.

5. Os postos cubertos polos procedementos regulados na alínea 4 deste artigo terán, en todo caso, natureza de cobertura provisional, debendo ser incluídos necesariamente no primeiro concurso de traslados que se convoque.

6. Contratación de persoal laboral temporal.

1. Os postos de traballo vacantes que non se provexan polos sistemas regulados no punto 4 deste artigo e se considere necesaria a súa provisión poderán cubrirse mediante a contratación de persoal laboral temporal.

Para a contratación deste persoal laboral non poderá acudirse ás empresas de traballo temporal.

Para iso seguirase o seguinte procedemento:

a) Chamarase, segundo a categoría de que se trate, o/a primeiro/a aspirante da lista elaborada ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e disposición que o substitúa ou modifique e de acordo co sistema previsto nel.

b) De non existiren listas elaboradas para o efecto, solicitarase da oficina pública do Servicio Público de Emprego, de xeito xenérico, un mínimo de tres traballadores/as en situación de desemprego, por cada unha das vacantes que se pretenda cubrir. Así mesmo, no taboleiro de anuncios da consellería ou centro de que se trate, daráselle publicidade á citada petición, na que deberá constar o número de prazas, os requisitos que hai cumprir e o prazo de presentación de instancias co fin de que os/as interesados/as nas vacantes ofertadas poidan participar no proceso selectivo que se realice para o efecto. A composición do órgano de selección será a regulada no artigo 11º. O tribunal, unha vez constituído, aprobará as bases da convocatoria que rexerá o proceso de que se trate. Na selección aplicarase o baremo que figura como anexo III deste convenio.

As vacantes provistas polos procedementos fixados nas alíneas a) e b) anteriores incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque.

2. Nos supostos nos que haxa que acudir á modalidade contractual de acumulación de tarefas, o contrato poderase formalizar por un período de ata nove meses dentro dun período de doce.

Artigo 8º.-Acceso á condición de laboral fixo.

1. O acceso ás distintas categorías de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia realizarase, logo de convocatoria pública realizada para o efecto, mediante concurso-oposición.

2. O concurso-oposición consistirá na superación das probas correspondentes así como na posesión previa, debidamente valorada, de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia. En todo caso, será necesario, para supera-lo proceso selectivo, supera-la fase de oposición.

3. O órgano competente para convocar probas de acceso será a consellería competente en materia de función pública.

Artigo 9º.-Quenda de promoción interna e cambio de categoría.

1. Nas convocatorias de acceso reservarase un mínimo do 50% das vacantes ofertadas para cubrir pola quenda de promoción interna; naquelas categorías que se oferte unha única vacante reservarase a promoción interna.

2. Para participar nesta quenda os/as interesados/as deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Posuír, alomenos, dous anos de antigüidade na categoría desde a que se accede.

-Pertencer a unha categoría integrada no grupo inmediato superior ou inferior ó que se pretende acceder, para o suposto de promoción interna vertical, ou do mesmo grupo para a promoción interna horizontal.

-Os demais que, con carácter xeral, se fixen na correspondente convocatoria.

3. Os/as aspirantes da quenda de promoción interna terán convocatorias distintas e separadas e serán eximidos dalgunhas das probas previstas para a quenda libre.

4. As vacantes non cubertas por esta quenda acumularanse á quenda de acceso libre.

Artigo 10º.-Convocatorias.

1. Será competente para realiza-las convocatorias de acceso á condición de laboral fixo o conselleiro competente en materia de función pública.

2. Nas convocatorias incluiranse, en todo caso, os seguintes extremos:

-Número de vacantes ofertadas por categorías e requisitos que, para participaren no proceso selectivo correspondente a cada categoría, deben reuni-los aspirantes.

-Número de vacantes que, do total ofertado, se reservan para a quenda de promoción interna.

-Sistema de selección, forma de desenvolvemento das probas e valoración destas.

-Baremo de méritos aplicable.

-Composición do tribunal.

-Prazo para a presentación de instancias.

3. Nas convocatorias públicas para persoal de novo ingreso garantirase unha reserva para as persoas con algún tipo de minusvalidez xustificada do 3% dos postos ofertados na dita convocatoria.

Artigo 11º.-Tribunais de selección.

1. Os tribunais de selección estarán formados por un número non superior a sete membros, dous dos cales serán designados polos representantes dos/as traballadores/as. Para formar parte dos tribunais será necesario posuír unha titulación académica de igual ou superior nivel á solicitada como requisito ós aspirantes.

2. Tódolos membros do tribunal actuarán con voz e voto.

3. O tribunal non poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas ofertadas.

4. Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte deles cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e notificaranllo ó órgano convocante. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.

5. Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para todas ou algunhas das probas. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, con base exclusivamente nas cales colaborarán co órgano de selección.

Artigo 12º.-Resolución.

1. Concluído o proceso selectivo, o tribunal remitiralle ó órgano convocante a proposta de aspirantes que o superaron para proceder ó seu nomeamento.

1.1. De existir máis dun tribunal, será o designado como nº 1 o encargado de recibi-las propostas de aprobados dos demais, elabora-la proposta conxunta de aspirantes que superaron o proceso selectivo e elevala ó órgano convocante para o seu nomeamento.

2. Recibida a proposta remitida polo tribunal, o órgano convocante elevará a definitiva a proposta e publicaraa no DOG.

2.1. Os aspirantes incluídos na proposta publicada no DOG disporán dun prazo de 20 días para presentaren, na Dirección Xeral da Función Pública, a documentación acreditativa de cumpriren os requisitos esixidos na convocatoria.

2.2. Os que dentro do prazo indicado, salvo os casos de forza maior apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presenten a documentación acreditativa de cumpriren os requisitos esixidos na correspondente convocatoria, non poderán ser nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen

prexuízo da responsabilidade en que poderían incorrer por falsidade na súa instancia.

2.3. Na resolución pola que se publique a proposta definitiva poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten ós aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación dos requisitos necesarios para o seu desempeño.

2.4. Rematado o prazo, o órgano convocante resolverá o seu nomeamento como persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda. Esta resolución publicarase no DOG.

Asi mesmo, de utilizarse a previsión á que se refire o punto 2º.3 deste artigo, na resolución de nomeamento incluirase o destino adxudicado a cada aspirante. Esta adxudicación farase tendo en conta os seguintes extremos:

-Terán preferencia para a adxudicación de destinos os aspirantes provenientes da quenda de promoción interna e, dentro destes, a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

-Adxudicado destino ós aspirantes da quenda de promoción interna, adxudicaráselles ós da quenda libre segundo a orde de prelación destes.

2.5. Os postos de traballo adxudicados, cos requisitos e as condicións que se regulan neste capítulo, ó persoal de novo ingreso e ó que superase procesos selectivos pola quenda de promoción interna, terán natureza de destino definitivo, todo isto de acordo co disposto no artigo 7º.2 deste convenio.

Artigo 13º.-Toma de posesión.

1. Concluído o procedemento regulado nos artigos anteriores o persoal nomeado laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatario dos seus respectivos postos de traballo disporá do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino.

2. Os modelos de contrato axustaranse á lexislación vixente.

Artigo 14º.-Período de proba.

O período de proba será o seguinte:

a) Para as categorías incluídas nos grupos I e II, tres meses.

b) Para as categorías incluídas no grupo III, dous meses.

c) Para as categorías incluídas nos grupos IV e V, un mes.

Durante o período de proba o/a traballador/a terá os mesmos dereitos e obrigas que o persoal fixo do cadro de persoal da súa mesma categoría profesional, agás os derivados da resolución de relación laboral, que se poderá producir a petición de calquera das partes durante o seu transcurso. As situacións de IT interrompen o período de proba.

En caso de que non se supere o período de proba, a Administración notificarallo ó/á traballador/a por escrito motivado, dando coñecemento ó comité de empresa ou ós delegados de persoal. A rescisión

durante este período non dará dereito a indemnización ningunha.

Capítulo V

Organización e dirección do traballo

Artigo 15º.-Traballos de superior e inferior categoría.

Ademais do establecido no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, teranse en conta os seguintes principios:

1. A realización de traballos de categoría superior ou inferior responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible. En todo caso, terán preferencia os/as traballadores/as do centro, ós que se lle terán en conta os requisitos establecidos no convenio para a promoción interna e os ascensos.

A ser posible, comunicaráselle ó/á traballador/a, por escrito, con 48 horas de antelación e, en todo caso, con anterioridade ó inicio do cambio de posto de traballo. Ofrecéraselle ó persoal do centro, coa requirida publicidade e adxudicándoa pola antigüidade na Xunta de Galicia entre os solicitantes.

2. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos. Transcorrido o período citado, e persistindo as mesmas circunstancias, o desempeño das funcións realizarase por rotación semestral, no suposto de existir máis dun/dunha traballador/a que reúna os requisitos e a capacidade necesarios da categoría a cubrir, sempre que se desenvolvan as funcións adecuadamente. O límite de seis meses consecutivos ou dez alternos non será aplicable cando non sexa posible a rotación por non existiren no centro de traballo outros/as traballadores/as que reúnan as condicións necesarias de acordo co disposto neste punto.

A praza deixada vacante, por estes traballadores/as ou polos seus substitutos/as cubrirase por contratación temporal, de acordo co establecido no artigo 7º deste convenio.

Non poderán asignarse funcións de categoría superior en praza vacante cando exista unha solicitude de reincorporación dun/dunha excedente desa categoría superior.

3. A realización de funcións de categoría superior requirirá autorización expresa da Dirección Xeral da Función Pública. Se a urxencia na cobertura da vacante non permite a autorización previa, requirirase que, no prazo de quince días, a Dirección Xeral de Función Pública ratifique o citado desempeño.

Da autorización ou ratificación daráselle conta ó Comité Intercentros.

4. Os postos de traballo cubertos polo procedemento regulado neste artigo incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se

convoque, agás que a praza se atope reservada ó seu titular.

5. O simple desempeño dunha categoría superior non consolidará o salario nin a categoría superior nin terá a consideración de mérito para o acceso pola quenda de promoción interna. O único procedemento válido para consolidar unha categoría superior é o de supera-lo correspondente proceso selectivo nos termos regulados no capítulo IV deste convenio.

6. O/a traballador/a só poderá realizar traballos da categoría inmediatamente inferior á súa durante un só período non superior a trinta días consecutivos, sen prexuízo do establecido no número 2 do artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

Transcorrido o período citado, o/a traballador/a non poderá volver a ocupar un posto de categoría inferior ata que transcorra un ano.

As consellerías afectadas comunicaranlles ós comités de empresa ou, se é o caso, delegados de persoal tódalas modificacións que se produzan, recollidas en cada un dos números anteriores.

Artigo 16º.-Organización do traballo.

Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade da Xunta de Galicia e a súa aplicación práctica correspóndelles ós/ás titulares das distintas unidades orgánicas dos ámbitos administrativos afectados por este convenio, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ó persoal nos artigos 40, 41, 64.1º do Estatuto dos traballadores, así como o lexislado nesta materia na Lei orgánica de liberdade sindical (LOLS).

Os titulares das unidades administrativas reuniranse co persoal adscrito á dita unidade, que poderá ir acompañado dos seus representantes sindicais se así o solicitase, cunha periodicidade que se determinará en cada caso cos representantes do persoal do centro de traballo respectivo; todo iso para efectos de información sobre os plans de traballo e recibir suxestións verbo dos ditos plans e da maneira de asigna-los traballos.

O incumprimento desta norma terá que poñerse en coñecemento dos/as representantes do persoal nos centros, co fin de que estudien as posibles responsabilidades e eleven o informe correspondente á dirección do centro para que tome as medidas oportunas. O dito informe trasladarase á comisión paritaria.

Serán dereitos e obrigas dos/as representantes do persoal:

-Participar, nos termos pactados, nos órganos paritarios, no estudio e proposta das condicións de traballo nas distintas unidades administrativas.

-Traslada-las suxestións que, en tal sentido, lles comuniquen os seus representados/as.

Artigo 17º.-Permutas.

Poderanse conceder permutas ou rotacións de posto de traballo entre dous ou máis traballadores/as, persoal fixo, cando concorran as seguintes circunstancias:

-Que conten con máis dun ano de servicios continuados na Administración.

-Que teñan idénticas categorías laborais.

-Que lles falten ós/ás traballadores/as máis de 5 anos para a xubilación.

-Que se emita informe previo favorable das xefaturas respectivas e do comité de empresa ou Comité Intercentros cando afecte a máis dun comité de empresa.

No prazo de cinco anos a partir da concesión dunha permuta ou rotación, non se lle poderá autorizar outra a calquera dos/as interesados/as.

A concesión da permuta ou rotación non dará dereito ó aboamento de gastos nin de indemnizacións de ningunha clase.

A Xunta de Galicia levará a cabo as xestións precisas para que este tipo de permuta ou rotación se poida realizar con persoal laboral doutras comunidades autónomas. Estas permutas, no caso de se levaren a cabo, comunicaránselle ó Comité Intercentros.

Capítulo VI

Xornada, horario de traballo, descanso e vacacións

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

a) Como regra xeral, a xornada de presencia e traballo efectivo será de 37 horas e 30 minutos semanais, de luns a venres, en tódolos centros de traballo da Xunta de Galicia, de forma continuada en termos xerais en quendas de mañá, tarde ou noite, agás naqueles centros en que, pola natureza das súas funcións, se faga necesaria a xornada partida; a xornada máxima anual será de 1.665 horas. Non terán natureza de horas extraordinarias aquelas que, excedendo das 37,30 horas semanais, non superen as 1.665 horas anuais.

b) A dirección de cada centro, logo de autorización da consellería da que depende, e os/as representantes dos/as traballadores/as poderán negociar un horario ou unha xornada distinta á expresada na alínea anterior cando, polas súas peculiaridades específicas, así se considere necesario, respectándose, en todo caso, a capacidade organizadora que lle corresponde á Xunta de Galicia.

A xornada de traballo habitual para aqueles colectivos de traballadores/as que prestan os seus servicios en quendas mañá-tarde-noite, nos centros de atención continuada, será de 7 horas de mañá, 7 horas de tarde e 10 horas de noite.

c) Para os/as traballadores/as que desenvolvan a súa actividade en centros ou lugares de traballo non fixos ou itinerantes o cómputo da xornada normal

de traballo comezará a partir do lugar de reunión establecido, ou centro de control, de acordo co que dispoña a consellería correspondente, tanto na entrada coma na saída do traballo, todo isto coas excepcións previstas neste convenio.

d) Tódolos/as traballadores/as con xornada continuada afectados por este convenio terán dereito a unha pausa retribuída de 30 minutos durante a xornada de traballo, ou de 15 minutos, de realizaren a xornada partida.

e) Respectarase o dereito adquirido legalmente determinado dos/as traballadores/as que teñan un horario e/ou unha xornada semanal laboral inferior á fixada neste artigo, todo iso sen prexuízo do disposto na alínea b) deste artigo.

f) Naqueles centros de traballo que teñan quendas, negociarase o cadro destas cos representantes do persoal co fin de que as rotacións sexan equilibradas entre o persoal.

Artigo 19º.-Descanso e festivos.

1. Descanso semanal: os/as traballadores/as terán dereito a un descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos que, como regra xeral, abranguerá o sábado e o domingo. Naqueles centros en que sexa necesaria a prestación de servicios nos sábados e/ou domingos poderanse establece-las previsións necesarias para que os/as traballadores/as desfruten do descanso semanal anticipadamente.

O desfrute do descanso semanal é obrigatorio e non acumulable, agás naqueles casos nos que, por pedimento do/a traballador/a e por causa xustificada, se autorice a súa acumulación. A valoración destas situacións farase conxuntamente entre a dirección e o comité de empresa ou os/as delegados/as de persoal, sendo tamén informadas as seccións sindicais.

Dadas as especiais peculiaridades dalgúns centros respectarase a capacidade organizadora da consellería da que dependan, garantindo, se é necesario, a presencia e a dotación de persoal que permita o normal funcionamento dos centros durante a xornada do sábado.

2. Domingos e festivos: un domingo inhabilita, como mínimo, a traballa-lo domingo seguinte. Os/as traballadores/as librarán a metade dos domingos e festivos en cómputo anual.

Para os servicios que haxa que prestar necesariamente en domingos e festivos establecerase un descanso adicional do 75 por 100 do tempo de prestación, agás os especificamente contratados para a fin de semana, ós que se lles compensará economicamente a maiores co 75% do salario bruto/día, por cada día traballado que sexa domingo ou festivo.

3. Todo o persoal laboral vinculado a este convenio desfrutará como descanso os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servicio non se puidesen desfrutar eses días, facilitarase un descanso equivalente no mes de xaneiro seguinte, cunha compensación adicional igual á que teñen os domingos e festivos.

4. Independentemente da xornada máxima anual, garantirase o desfrute do descanso adicional do tempo de prestación en domingos e festivos.

Artigo 20º.-Vacacións.

Todo o persoal laboral acollido a este convenio cun ano mínimo de servicios terá dereito a unhas vacacións retribuídas de duración igual á do mes natural en que se desfruten. De non levar un ano de servicios, desfrutaranse as vacacións en proporción ós días traballados, que se calculará de acordo coa seguinte fórmula:

Nº días traballadosx30 = días de vacacións

360

As vacacións anuais desfrutaranse preferentemente no período abranguido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Os/as traballadores/as poderán solicita-lo fraccionamento das vacacións en dous períodos, comezando sempre nos días 1 ou 16 de cada mes, como norma xeral. Cando a conveniencia do servicio aconselle o peche do centro, o desfrute das vacacións axustarase a ese período.

A distribución dos períodos de vacacións farase por acordo entre a dirección do centro e a representación do persoal e deberá terse en conta a natureza específica dos centros e o seu correcto funcionamento.

Poderase conceder, condicionado ás necesidades de servicio, o desfrute das vacacións en períodos mínimos dunha semana. Os ditos períodos comezarán necesariamente o luns de cada semana. Neste caso, o período acumulado non poderá supera-los 30 días naturais.

O calendario de vacacións ultimarase en cada centro antes do 30 de abril de cada ano, debéndose efectua-las solicitudes antes do último día do mes de marzo, con previa articulación das preferencias do seu desfrute, agás naqueles casos nos que se pretenda desfruta-las vacacións antes do 1 de xullo, facéndose entón a petición con antelación de dous meses.

Cando por necesidades do servicio o persoal teña que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra do período establecido, as vacacións serán de 30 días laborables.

En tódalas situacións de IT ou permiso de maternidade que coincidan coas datas nas que deberán desfrutarse as vacacións, o desfrute pospoñerase ás datas posteriores á situación de alta agás que o período de baixa se iniciase con posterioridade ó principio do desfrute das vacacións e que este non se estenda máis alá do trinta e un de decembro do ano en curso. Se a situación de baixa se producise mentres está desfrutando as súas vacacións, o/a traballador/a non verá interrompido o período de desfrute das súas vacacións. No caso de permiso maternal durante o desfrute das vacacións, suspenderanse estas, reiniciándose unha vez que se produza a alta (sempre que teña lugar no mesmo ano).

En todos aqueles centros que presenten unhas características específicas, no suposto de ausencia masiva de asistidos/as ou de que non se realicen actividades en calquera época do ano nas instalacións do centro, manteranse unicamente os servicios mínimos indispensables para a atención dos asistidos que permanezan neles e para o mantemento e reposición das instalacións dos centros, quedando libre de servicio o resto do persoal. A prestación dos ditos servicios mínimos distribuirase proporcionalmente entre os/as traballadores/as afectados.

As vacacións do persoal docente afectado por este convenio colectivo serán as establecidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o persoal docente dependente dela. Aqueloutras consellerías que, tendo persoal docente, necesiten establecer outras vacacións ou horario distinto do ordinario, negociarano cos representantes dos/as traballadores/as, salvo o persoal que, en tal sentido, xa o teña recoñecido legal ou convencionalmente.

Capítulo VII

Licencias e excedencias

Artigo 21º.-Licencias e permisos con soldo.

Todo o persoal laboral vinculado por este convenio, logo de aviso e posterior xustificación (agás os asuntos propios), poderá desfrutar das seguintes licencias:

a) Por casamento, o persoal laboral terá dereito a unha licencia retribuída de quince días naturais ininterrompidos.

b) Dous días naturais en casos de nacemento, acollida ou adopción dun fillo e nos de hospitalización, accidente, morte ou enfermidade grave do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade por matrimonio ou por parella de feito acreditada. Cando os ditos casos se produzan en distinto termo municipal do do domicilio do/a traballador/a, o prazo de licencia será de catro días. No caso de falecemento de cónxuxe, parella de feito ou fillos/as, o/a traballador/a poderá solicitar adicionalmente un permiso non retribuído dunha duración non superior a un mes, con independencia doutros supostos de licencias sen soldo.

De conformidade cos artigos 915 e seguintes do Código Civil, o parentesco de consanguinidade ata o segundo grao comprende en liña recta descendente a fillos/as e netos/as, en liña recta ascendente a pais e avós e en colateral a irmáns.

O parentesco de afinidade comprende o cónxuxe propio, os cónxuxes dos fillos/as e netos/as e os pais daqueles e os avós e irmáns políticos.

Das situacións de parella de feito acreditada derivarán as mesmas relacións de afinidade.

c) Poderá dispoñerse de nove días ó ano, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre á necesidade do ser

vicio, que deberá ser expresamente xustificada. A disposición destes días computará para efectos da xornada máxima anual, como días de traballo efectivo. Se os servicios prestados son inferiores ó ano natural, os días que se desfrutarán serán en proporción ó tempo efectivamente traballado. Este permiso poderá desfrutarse ata o 15 de xaneiro do seguinte ano natural, non podéndose acumular ós correspondentes dese ano. En todo caso, o tempo no que o/a traballador/a permaneza en situación de baixa por IT non se computará como período de baixa para os efectos de fixa-la proporcionalidade do dereito ó desfrute deste.

d) Por traslado de domicilio sen cambio de termo municipal, un día; en caso de ter cambio de termo municipal, dous días.

e) Tamén será concedido permiso polo tempo estrictamente necesario para concorrer a exames finais ou parciais liberatorios cando se trate de estudios encamiñados á obtención dun título oficial, académico ou profesional, logo de solicitude e posterior xustificación. Igualmente, recoñecerase tal dereito nos supostos de asistencias para ingreso nos corpos das distintas administracións, así como nas correspondentes convocatorias de promoción interna.

Así mesmo, seguirase o mesmo réxime para a obtención das distintas modalidades de carné de conducir.

f) Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal, coa debida xustificación e non dará lugar a ningún desconto.

g) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

h) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, previo aviso ó centro de traballo e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

i) Os/as traballadores/as poderán asistir a consulta médica durante o horario de traballo acreditando debidamente este extremo co xustificante do servicio sanitario correspondente, agás cando realicen un cambio de quenda voluntario.

k) Para asistir a cursos organizados pola EGAP ou administracións públicas e polo tempo indispensable, con informe favorable do director do centro de traballo no que estea destinado o/a traballador/a, establecendo un sistema de rotación de tal xeito que poidan ir accedendo tódolos/as traballadores/as que o soliciten.

Artigo 22º.-Licencias con soldo parcial e sen soldo.

1. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún/nha menor de seis anos ou un/ha diminuído/a físico/a, psíquico/a ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, ou non

perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída, ou non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional.

A reducción da xornada contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da Xunta xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, poderase limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas.

2. Licencias sen soldo: os/as traballadores/as fixos/as que leven como mínimo un ano de servicio poderán pedir licencias sen soldo, por un prazo non inferior a quince días e non superior a seis meses, nun intervalo de tempo de dous anos.

O/a traballador/a solicitará a licencia con, polo menos, quince días de antelación á data do inicio do desfrute; a Administración contestará dentro deste prazo e, de non facelo, entenderase concedido o permiso.

Artigo 23º.-Licencias especiais e condicións de traballo nos supostos de maternidade e paternidade.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distintos dos seus, sempre que exista tal posto e quenda alternativos e sempre que, segundo prescrición dun facultativo do sistema da sanidade pública, o seu posto ou quenda resulten nocivos para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin mingua dos seus dereitos económicos.

Finalizada a causa que motivou o cambio de posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal.

A traballadora en estado de xestación será trasladada do seu posto de traballo, sempre que a súa permanencia poña en perigo a vida ou integridade do feto ou a súa propia.

A traballadora embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias.

O/a traballador/a cun fillo/a menor de nove meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións ou substituílo por unha reducción da xornada dunha hora.

No non previsto neste punto rexerá o regulado na Lei 39/1999, do 5 de novembro, de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras (BOE nº 266, do 6 de novembro) e na Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais

(BOE nº 269, do 10 de novembro) e no Real decreto 1251/2001, do 16 de novembro, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade e risco durante o embarazo (BOE do 17 de novembro).

Artigo 24º.-Excedencias.

1. Para o coidado de fillos/as menores de tres anos.

Tódolos traballadores/as terán dereito a unha excedencia por tempo non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, contados desde a data de nacemento deste/a. Os fillos/as sucesivos darán lugar a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñese desfrutando.

Non será preciso que o traballador/a esgote o tempo de excedencia para reincorporarse cando, por motivos persoais acreditados, así o solicite.

Concederáselle este mesmo dereito ó/á traballador/a verbo dos/as fillos/as adoptivos/as.

Durante o desfrute da excedencia para o coidado de fillos/as naturais ou adoptivos menores dun ano, ó/á traballador/a reservaráselle o posto de traballo e quenda que viñese desempeñando con carácter definitivo. No caso de que o/a fillo/a adoptivo/a tivese máis dun ano e menos de tres, reservaráselle o posto e quenda ata que o/a fillo/a cumpra tres anos.

O período no que o persoal se atope nesta situación computaráselle para efectos de antigüidade.

Este réxime aplicarase tamén nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data da resolución xudicial ou administrativa.

2. Para coidado de familiares.

Os/as traballadores/as tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da Xunta xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin á que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período no que o/a traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o/a traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a participación dos cales deberá ser convocada pola Xunta de Galicia, especialmente coa ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a

reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

3. Voluntaria.

a) Os/as traballadores/as fixos/as, cunha antigüidade mínima dun ano na Xunta de Galicia, poderán solicitar, cunha antelación mínima de 45 días, excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a un ano.

Unha vez solicitada, resolverase o procedente e notificaráselle ó interesado/a con quince días de antelación á data do inicio proposta pola persoa interesada.

O/a traballador/a que solicite o seu reingreso terá dereito a ocupa-la primeira vacante, con carácter provisional, que se produza no seu grupo e categoría, agás no caso de concorrer un excedente forzoso, que terá preferencia. Se a vacante fose de inferior categoría á que antes tiña, poderá optar a ela, na espera de que xurda a que corresponda á súa categoría.

O reingreso producirase por orde de antigüidade na solicitude.

En todo caso, non se poderá solicitar nova excedencia voluntaria antes de transcorrido un ano desde a súa reincorporación.

b) Ós excedentes voluntarios e ós excedentes para o coidado de familiares que xa desfrutaran máis dun ano da dita excedencia concederáselle-lo reingreso ó servicio activo, de existiren vacantes, con carácter provisional, ata que obteñan destino con carácter definitivo a través do sistema de provisión de vacantes correspondente.

Os postos de traballo provistos mediante reingreso provisional incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque e os/as reingresados/as provisionais teñen a obriga de participar nel e solicitar tódalas vacantes correspondentes á súa categoría profesional; se non o fan, serán declarados de oficio na situación de excedentes voluntarios.

Os/as reingresados/as provisionais que, participando no concurso de acordo co disposto no parágrafo anterior, non obtivesen posto de traballo, quedarán na situación prevista no artigo 7.2º b) 2.

4. Forzosa.

A excedencia forzosa ó persoal laboral, que dará dereito a conserva-lo posto de traballo, quenda e centro, e a que se compute a antigüidade durante a súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá efectuarse no prazo máximo de trinta días naturais a partir do cesamento no cargo. Para estes efectos, entenderase por cargo público a elección para deputado/a ou senador/a no Parlamento español, deputado/a de asembleas autonómicas, concelleiro/a dun concello ou o nomeamento para un cargo de carácter político dentro da Admi

nistración pública. Se non solicitan o reingreso no prazo citado serán declaradas, de oficio, en excedencia voluntaria por interese particular.

A reincorporación producirase na mesma categoría profesional, posto de traballo e quenda que tiña o/a traballador/a ó se inicia-la devandita excedencia, computándoselle o tempo transcorrido para efectos de antigüidade. Este reingreso terá carácter inmediato desde o momento no que se solicite e, en todo caso, un mes despois do cesamento no cargo.

5. Excedencia voluntaria por incompatibilidade.

Procederá declarar de oficio ou por instancia de parte nesta situación ó persoal laboral fixo cando estea en servicio activo na Xunta de Galicia noutra categoría, corpo ou escala, a non ser que obtivesen a oportuna compatibilidade ou pasen a prestar servicios en organismos ou entidades do sector público e non lles corresponda quedar noutra situación.

O excedente voluntario por incompatibilidade pode solicita-lo reingreso en calquera momento. Este reingreso poderá efectuarse por adscrición temporal a un posto da súa categoría condicionada ás necesidades do servicio e sempre que se reúnan os requisitos para o seu desempeño.

O excedente voluntario por incompatibilidade que cese no outro posto deberá solicita-lo seu reingreso no prazo máximo de 30 días hábiles desde o dito cesamento. De non facelo así, quedaría na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

Capítulo VIII

Condicións económicas

Artigo 25º.-Estructura do salario.

As retribucións pagaranse mensualmente mediante nómina, na que se reflectirán con absoluta claridade tódolos aspectos retributivos, recollendo, así mesmo, tódolos conceptos polos cales se produzan descontos nos haberes dos/as traballadores/as.

O modelo de nómina será obrigatoriamente igual para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio.

As retribucións do persoal acollido a este convenio son as reflectidas no seu anexo I, estando constituídas polo salario base e os complementos salariais que a continuación se definen:

a) Salario base: é a parte de retribución do/a traballador/a fixada para a xornada ordinaria de traballo, en función da súa categoría profesional. A súa contía figura recollida no anexo I-A por períodos anuais. Así mesmo, no anexo I-B figuran as contías que, en concepto de salario base, terán dereito a percibir, ademais das fixadas no anexo I-A, as categorías que nel se relacionan.

b) Pagas extraordinarias: todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio terá dereito a percibir dúas pagas extraordinarias, que se aboarán co salario mensual de xuño e decembro.

A contía de cada unha das pagas será igual a unha mensualidade do salario base do convenio máis antigüidade. De non presta-los seus servicios durante os seis meses anteriores completos, o cálculo da contía da paga extraordinaria que corresponda realizarase computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondese por un período de seis meses entre cento oitenta e un (cento oitenta e dous en anos bisestos) ou cento oitenta e catro días, no primeiro e segundo semestre respectivamente, de acordo coa seguinte fórmula:

Salario base bruto mensual+antigüidade x nº días traballados

181 (-182)/184

A aqueles/as traballadores/as que na entrada en vigor deste convenio veñan percibindo máis de dúas pagas extraordinarias ó ano, respectaráselle-la súa actual contía, sempre que esta última supere a que lle correspondería por aplicación do disposto neste artigo.

c) Complementos salariais:

Antigüidade.

Complemento de funcións.

Complemento de singularidade de posto.

Dispoñibilidade horaria.

Nocturnidade.

As retribucións que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do persoal referidos ó primeiro día hábil do mes a que correspondan, salvo nos seguintes casos, que se liquidarán por días:

No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma salvo que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro.

No mes en que se modifique a xornada de traballo retribuída.

As retribucións variables e suxeitas a cambios (horas nocturnas, etc.).

Para o cálculo aplicable ás ditas retribucións, tomarase como base a totalidade das remuneracións íntegras mensuais que perciba o persoal laboral, dividida entre o número de días naturais do correspondente mes.

Artigo 26º.-Complementos salariais.

1. Antigüidade: o complemento de antigüidade será de vintecinco euros e cincuenta e seis céntimos mensuais para tódolos/as traballadores/as, calquera que sexa a súa categoría profesional, que perfec

cionen trienios a partir da entrada en vigor deste convenio. O trienio cumprido terá efectos económicos desde o primeiro día do mes seguinte a aquel no que se perfeccione, excepto se se cumpre na primeira quincena do mes, xa que neste caso os seus efectos serían desde o primeiro día do mes de cumprimento.

As cantidades que viñan percibindo os/as traballadores/as polo concepto de antigüidade antes da entrada en vigor do primeiro convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia non experimentarán ningún incremento, agás no seguinte caso:

Se o importe do trienio que resulte do montante que vén percibindo o traballador pola antigüidade perfeccionada antes do 1-1-1989 fose inferior ó valor actual do trienio, aquel incrementarase, con efectos do 1 de outubro de 1994, ata o valor actual.

Para o cómputo de trienios, consideraranse os servicios prestados en período de proba ou excedencia forzosa con cargo público. Así mesmo, teranse en conta os servicios prestados durante o tempo de duración do servicio militar ou equivalente.

Para efectos de antigüidade, e segundo o procedemento fixado pola Orde do 12 de decembro de 1990, da Consellería da Presidencia, e Administración Pública, recoñeceranse os servicios prestados en calquera administración pública con anterioridade á adquisición da condición de persoal laboral fixo ó servicio da Xunta de Galicia.

A remuneración por trienios dos/as traballadores/as a tempo parcial será proporcional á establecida para os/as traballadores/as fixos/as a xornada completa. O cómputo do tempo para a consolidación dos trienios determinarase como se fose contratado a tempo completo.

2. Complemento de funcións: é o complemento salarial que en idéntica contía, con independencia da pertenza a cada un dos grupos do convenio, retribúe o desempeño das funcións propias de cada posto de traballo.

3. Complemento de singularidade de posto: é o complemento salarial que, na contía que para cada posto de traballo, se é o caso, figura na correspondente relación de postos de traballo, retribúe as especiais dificultades materiais e técnicas que esixa o desempeño do posto de traballo de acordo cos seguintes conceptos:

1. Especial dedicación: correspóndelle ó persoal que, polas características do seu posto de traballo teña modificacións constantes da súa xornada e/ou cumprimento do seu horario, ben en xornada partida ou en quendas que alternen cada unha das xornadas de mañá, tarde, ou mañá, tarde e noite, de acordo co establecido nas relacións de postos de traballo.

2. Responsabilidade: correspóndelle ó persoal que polo posto de traballo que ocupa, realice funcións de coordinación ou mando, ou se lle esixa unha responsabilidade de cualificada complexidade que, sen corresponder ó mando orgánico, exceda do normal

esixible á súa categoría profesional, como por exemplo a conducción habitual de vehículos cando non sexa función propia da categoría á que pertence o traballador/a.

3. Dirección: retribúe o exercicio de funcións de dirección ou subdirección dun centro de traballo. A percepción deste complemento resultará incompatible co de responsabilidade.

4. Perigosidade, toxicidade, penosidade e outras condicións especiais de posto.

O dereito á percepción do complemento de singularidade de posto só será efectivo a partir da súa inclusión na relación de postos correspondente.

A contía do complemento de singularidade de posto non poderá exceder do 32% do salario base bruto en cómputo anual atribuído a cada grupo profesional na correspondente lei de orzamentos.

Este complemento determinarase para cada posto de traballo por un procedemento que se iniciará por escrito da consellería propoñente dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, co fin de que este centro directivo convoque unha mesa co Comité Intercentros na que a consellería propoñente motivará e exporá as razóns da dita proposta.

4. Dispoñibilidade horaria (anexo I-C): é o complemento que retribúe o tempo de presencia do conductor/a por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, viaxes sen servicio, avarías, comidas en ruta e outras similares, nas que o conductor/a se atopa á disposición da Xunta de Galicia.

A dispoñibilidade horaria só dará dereito ó percibo dun complemento especial e ó cobro de indemnización por razón do servicio, conforme o regulado pola normativa de aplicación, non podéndose percibir retribución ningunha por horas extraordinarias, se se percibe complemento de dispoñibilidade horaria por horas de presencia.

A dispoñibilidade horaria non se considerará dentro da xornada de traballo efectivo nin se computará para efectos do límite de horas extraordinarias.

Ós/ás conductores/as, no tempo de traballo efectivo, seralles de aplicación a xornada normal de traballo e os límites establecidos para as horas extraordinarias.

No suposto de retirada do carné de conducir por autoridade xudicial ou gobernativa, os/as conductores/as non sufrirán mingua salarial básica ningunha, salvo que a dita retirada sexa debida a imprudencia temeraria ou a conducir baixo os efectos do alcohol.

A percepción da dispoñibilidade horaria só será posible cando figure expresamente recoñecida para o posto de que se trate na correspondente relación de postos de traballo.

Así mesmo, cando existan razóns que así o xustifiquen, nas relacións de postos de traballo poderá asignárselles dispoñibilidade horaria a postos de traballo reservados a categorías distintas ás de conductores/as e cos mesmos dereitos e obrigas.

As horas de presencia, no suposto de conductores/as alleos ó Parque Móbil da Xunta de Galicia, non poderán ser ocasionais, senón permanentes e recoñecidas pola autoridade competente.

5. Nocturnidade: o período de tempo abranguido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, considerarase na súa totalidade nocturno, e na súa totalidade festivo ou domingo cando se inicie a xornada na véspera de domingo ou festivo. O salario correspondente á xornada de traballo realizada no período determinado anteriormente incrementarase un 30%, en concepto de complemento de nocturnidade, sobre o salario que corresponda á xornada ordinaria, aboándoselle soamente ó persoal que realice a xornada completa dentro da quenda; en caso contrario, será proporcional ó tempo investido de xornada nocturna. Este complemento seralle aboado, así mesmo, ó persoal afectado durante o período das súas vacacións ordinarias.

Naqueles centros de traballo nos que, por razóns de organización, a quenda de noite finalice despois das seis horas, o complemento de nocturnidade estenderase, unicamente para efectos económicos, ata a terminación da dita quenda.

Establécese, para efectos do cálculo do complemento de nocturnidade, a seguinte fórmula de indemnización por este concepto e por hora nocturna traballada:

Valor do complemento por hora nocturna:

Salario bruto anualx0,30 = 30% h nocturna

1.665

Este complemento deberalles ser aboado ós vixilantes nocturnos e ós gardas de noite que non o viñan percibindo, así como a tódolos/as traballadores/as que desempeñen as súas funcións durante o período nocturno, sempre que o seu salario non fose calculado tendo en conta o incremento pola natureza nocturna do posto de traballo.

No suposto daqueles centros nos que pola distribución de quendas sexa posible determina-lo número de horas nocturnas que realizará o/a traballador/a ó longo do ano, para efectua-lo pagamento e coa finalidade de facilita-la xestión, poderase transforma-lo dito complemento nunha percepción fixa de carácter mensual procedendo da seguinte forma:

1º Determina-lo cálculo do número de horas anuais que realice o/a traballador/a durante o período nocturno, que é o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

2º Valor mensual = Valor horaxnº anual de horas nocturnas

12

A cada traballador/a que realice a súa xornada en horario nocturno proporcionaráselle café ou bebida quente.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias son aquelas horas ou fraccións que excedan da xornada normal de traballo e teñan un carácter excepcional.

Tenderase a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que non se deban a imprevistos e teñan un carácter excepcional.

Como norma xeral a realización de horas extraordinarias terá sempre un carácter voluntario.

O seu límite será de 80 en cómputo anual.

A dirección do centro ou organismo informará mensualmente ós/ás delegados/as de persoal ou comités de empresa sobre o número de horas extraordinarias que se van realizar, especificando as causas, distribución, sesións e relacións nominais do persoal laboral que as realiza e dos efectivamente realizados.

Sempre que a organización do traballo o permita, as horas extraordinarias compensaranse por tempo de descanso.

Para compensar por tempo de descanso as horas extraordinarias, computaranse cada unha destas por 1 hora e 45 minutos de descanso en días laborables, e 2 horas e 15 minutos en domingo e festivos.

Poderanse acumular eses tempos de descanso ata constituíren xornadas completas, que nunca se poderán sumar ós períodos de vacacións e permisos ordinarios pactados no calendario laboral de cada centro.

Para efectos económicos, o valor da hora extraordinaria será o resultante de incrementar nun 75% o valor da hora ordinaria. O seu cálculo farase coa fórmula seguinte:

Hora extra = Salario bruto anualx1,75 horas

1.665 h

Para as horas extraordinarias que se fagan en domingos ou festivo o coeficiente multiplicador será de 2,25.

Artigo 28º.-Axudas de custos e desprazamentos.

1. Enténdese por axuda de custos a indemnización económica diaria que se lle debe pagar a un/unha traballador/a como compensación dos gastos de mantenza e aloxamento que deba realizar a consecuencia dun desprazamento motivado por orde dos órganos directivos correspondentes.

A contía da axuda de custos, sen exclusión de domingos e festivos, se é o caso, incluído o día de retorno, será a especificada para o grupo III dos funcionarios e aplicarase nas mesmas condicións que a estes, segundo o regulado no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG nº 122, do 25 de xuño).

Cando un/unha traballador/a se desprace no vehículo propio terá dereito á indemnización por quilómetro fixada polo dito decreto ou texto que o substitúa, sempre que para isto se conte coa autorización e a orde de desprazamento. Para os desprazamentos ó estranxeiro, a contía será igual cá establecida para os funcionarios do grupo III. Estas contías estarán suxeitas ás modificacións que, con carácter xeral,

se establezan para o resto do persoal da Xunta de Galicia.

Artigo 29º.-Dereito a comedor.

Para o persoal que o teña recoñecido en convenio, sentencia firme ou disposición legal, garántese o dereito a utiliza-lo comedor naqueles centros que conten con este servicio.

Artigo 30º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por IT ou situación de risco durante o embarazo, a Xunta de Galicia, a través da consellería correspondente, incrementará o subsidio económico da Seguridade Social ata acada-la contía igual á base de cotización do traballador/a do mes anterior a aquel no que se produza a baixa.

Nos centros de asistidos as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade común, enfermidade profesional, accidente de traballo, accidente non laboral ou maternidade, nas que a duración previsible sexa dun mes ou superior, cubriranse inmediatamente por contratos de interinidade de acordo co sistema de contratación temporal previsto no artigo 7º.6 deste convenio, mentres dure esta situación.

Excepcionalmente e por necesidades do servicio, este límite poderá ser inferior.

A duración do contrato de interinidade virá determinada pola ausencia do/a substituído/a e aquela será idéntica a esta, cesando o/a substituto/a ó termina-la dita situación, sen dereito a indemnización ningunha.

Non obstante o anterior, o réxime será o seguinte:

a) Ausencias por enfermidade común ou accidente non laboral de un a tres días de duración: seguirase o seguinte procedemento:

1. Ausencias dun día: o persoal afectado comunicará a súa ausencia á unidade de persoal, órgano ou persoa responsable, preferentemente dentro da primeira hora de xornada, salvo causas de forza maior que impidan a comunicación e/ou xustificarase posteriormente cun informe dun facultativo médico. Sen prexuízo de que en casos de ausencias reiteradas se poida producir unha constatación dun feito que desvirtúe a causa alegada polo traballador/a. De non producirse a comunicación e/ou xustificación pertinente, descontarase dos haberes o día en que se faltou.

2. Ausencias de dous ou tres días: nestes casos, segundo o disposto na Orde do 19-6-1997 (BOE do 24 de xuño), deberase presenta-lo parte médico expedido polos servicios médicos oficiais no prazo de tres días, contados a partir da data de expedición do parte.

De non entregarse tal parte, descontaranse dos haberes os días en que se faltou. Poderase recorrer contra estas deduccións perante a xurisdicción laboral.

En ámbolos dous casos, a Xunta de Galicia poderá practica-las inspeccións médicas oportunas, segundo o disposto no artigo 20 do Estatuto dos traballadores.

b) Ausencias por accidente de traballo, enfermidade profesional, maternidade, enfermidade común e accidente non laboral, de máis de tres días de duración.

Nestes casos o/a traballador/a percibirá o 100% do seu salario ordinario desde o primeiro día de baixa e ata o termo da IT, sempre que se cumpran os requisitos esixidos na Orde do 19-6-1997.

Capítulo IX

Beneficios sociais

Artigo 31º.-Formación e perfeccionamento profesional.

1. O persoal afectado por este convenio terá dereito a ver facilitada a realización de estudios académicos ou profesionais.

2. A Xunta de Galicia, a través da Escola Galega da Administración Pública, realizará cursos de formación e as actividades que cumpran para perfeccionar e actualiza-los coñecementos profesionais do seu persoal laboral.

3. Respecto ó disposto no punto 2 e co obxecto de facilita-la asistencia a estes cursos ou actividades, o/a traballador/a terá dereito a que se lle reduza a xornada ordinaria de traballo no número de horas precisas para a asistencia a eles, sen mingua da súa remuneración.

Artigo 32º.-Ocio, recreo, cultura e deportes.

1. Os/as traballadores/as incluídos/as no ámbito do convenio terán dereito a utilizar de forma gratuíta as bibliotecas dos diferentes centros ou servicios, así como as instalacións deportivas de uso público xestionadas pola Xunta de Galicia, nas condicións que se establezan para o seu uso e que non interfiran na xestión e nas actividades normais dos centros. Os comités de empresa ou delegados/as de persoal terán acceso ás relacións de libros que existan na biblioteca.

Cada centro de traballo terá asignada anualmente unha cantidade para adquisición de novos libros, que será establecida de acordo cos representantes dos/as traballadores/as, dentro das posibilidades orzamentarias.

2. Os salóns de actos poderán ser utilizados polos/as traballadores/as para poñer en práctica os diversos proxectos culturais, todo isto sempre e cando non interfira nas actividades normais da Administración.

Artigo 33º.-Orientación sobre planificación familiar e revisións medicas.

1. A Xunta de Galicia practicará os seguintes recoñecementos médicos:

a) Unha vez ó ano, a todo o persoal.

b) Periódicos e específicos, ó persoal ó que, pola súa actividade, se considere necesario.

c) A todo o persoal de novo ingreso, antes de incorporarse ó posto de traballo.

d) Revisión xinecolóxica voluntaria.

Co fin de atende-lo cumprimento dos distintos puntos, a Xunta de Galicia porá os medios ou correrá co gasto necesario para facilitarlle ó/á traballador/a a súa asistencia ós centros de recoñecemento cando estean en localidade distinta a aquela onde o/a traballador/a presta os seus servicios.

2. Con carácter xeral, a Xunta de Galicia facilitará o acceso dos/as traballadores/as ós seguintes servicios:

a) Planificación Familiar.

b) Consello Xenético.

c) Consello Prenatal.

Artigo 34º.-Xubilación e fomento de emprego.

1. Modalidades de xubilación:

a) Xubilación forzosa.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terá carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador/a a idade de 65 anos.

Aqueles/as traballadores/as que, ó chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

b) Xubilación especial.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo (BOE do 20 de xullo), para o caso de que os traballadores/as con 64 anos se queiran acoller á xubilación co 100 por 100 dos dereitos, a Xunta de Galicia substituirá o que se xubile dese xeito por calquera traballador/a que se atope inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego e nas listas que, se é o caso, se elaboren, mediante un contrato da mesma natureza cá do extinguido.

No caso de que a contratación se decida con carácter indefinido, deberá levarse a cabo de conformidade co regulado no capítulo IV deste convenio.

c) Xubilación voluntaria.

O persoal laboral poderá xubilarse voluntariamente de acordo cos requisitos establecidos no réxime da Seguridade Social ó que pertenza.

2. No momento da xubilación, o persoal laboral suxeito a este convenio percibirá unha gratificación consistente en tres mensualidades do salario.

Artigo 35º.-Política de axuda a diminuídos físicos e psíquicos.

Todo/a traballador/a que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas consorte, fillos/as e ascendentes de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que sexan diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polos órganos competentes na materia e sempre que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional en cómputo anual, percibirá unha axuda de 108,18 euros mensuais por cada diminuído. Así mesmo, terán o mesmo dereito cando exerzan a tutela dunha persoa coa que teñan ou non vínculo familiar.

Artigo 36º.-Indemnización por invalidez e morte por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

O persoal acollido a este convenio terá dereito a un seguro que ampare a invalidez ou morte do traballador/a por accidente ou enfermidade profesional, percibindo os seus beneficiarios unha cantidade non inferior a 24.040,48 euros.

Artigo 37º.-Fondo de axuda para anticipos.

O persoal acollido a este convenio, dentro das previsións orzamentarias, poderá solicitar anticipos por importe de dúas mensualidades dos seus haberes líquidos, que se devolverán nun prazo de catorce meses como máximo.

Artigo 38º.-Complemento das pensións de viuvez e orfandade.

A morte do traballador/a que prestase os seus servicios na Xunta de Galicia no momento do seu falecemento, ou que se atopase nalgún dos supostos de suspensión do contrato de traballo contemplados no artigo 45 do Estatuto dos traballadores e posúa o período de carencia esixido polas disposicións vixentes, poderá dar lugar ó recoñecemento dos seguintes complementos:

1. Complemento de garantía de salario real. Serán beneficiarios deste complemento os viúvos/as ou persoa que se atopase ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a causante, con fillos/as a cargo menores de 21 anos de idade, ou a que fixe a normativa vixente da Seguridade Social ou orfos/as absolutos/as, sempre que non posúan ingresos, de calquera tipo, superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

A contía será igual á diferencia entre o salario bruto, constituído este polos conceptos contemplados nos artigos 25º, 26º e 27º deste convenio, percibido como media nos 12 meses anteriores ó mes do feito causante, e a suma das pensións de viuvez e orfandade xeradas polo/a traballador/a a consecuencia do falecemento.

Este complemento será fixo no tempo ata o momento da súa extinción, que terá lugar como consecuencia das seguintes causas:

-Cumprimento da maioría de idade dos fillos/as ó seu cargo ou a idade que fixe a normativa específica da Seguridade Social.

-Percepción, por parte do/a viúvo/a ou persoa que se atopase ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a causante e os fillos/as a cargo, de ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

-As causas xerais de extinción das pensións de viuvez e orfandade recollidas na lexislación da Seguridade Social.

Se a morte se produce por accidente de traballo ou enfermidade profesional contraída durante o seu servicio á Administración, non se esixirá antigüidade ningunha para o cobro dos complementos citados, percibindo os beneficiarios o salario bruto, sempre que non existan outros ingresos superiores ó salario mínimo vixente en cada momento e coas mesmas causas de extinción cás establecidas no parágrafo anterior.

2. Complemento de garantía do salario mínimo interprofesional.

Nas situacións non previstas no punto 1 garantirase en todo caso un complemento sobre a pensión que asigne a Seguridade Social que iguale en cada momento o salario mínimo interprofesional.

Naqueles supostos en que o/a traballador/a tivese unha xornada reducida, este complemento reducirase en proporción á xornada realizada.

Estes complementos concederanse con efectos desde a data na que a Seguridade Social recoñeza as pensións.

O beneficiario virá obrigado a comunicar calquera cambio das circunstancias de carácter familiar ou económicas das que dan lugar ó recoñecemento do complemento.

Capítulo X

Seguridade e hixiene

Artigo 39º.-Seguridade e hixiene.

A Xunta de Galicia comprométese a cumprir estrictamente as disposicións vixentes en materia de prevención de riscos e seguridade no traballo, de conformidade co establecido na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (BOE nº 269, do 10 de novembro), no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

A Xunta de Galicia facilitaralle roupa de traballo e calzado profesional homologados e de uso obrigatorio a todo o persoal ó seu servicio cando as condicións e a natureza do traballo o requiran, tal e como se establece no acordo entre a Administración e o Comité Intercentros do 29 de febreiro de 2000 (anexo).

Artigo 41º.-Servicios médicos.

A Xunta de Galicia incluirá nos seus orzamentos as partidas económicas precisas para a dotación dos servicios médicos a que se refire o Decreto do 10

de xuño de 1959, ben constituíndo os seus propios cadros de persoal ou ben concertando as prestacións con entidades idóneas.

Artigo 42º.-Servicio e traballo.

O persoal suxeito a este convenio non poderá realizar obras por un tanto nin traballo axustado durante a súa xornada laboral.

En ningún caso se poderá obriga-lo persoal que, polo específico do seu labor, desenvolva o seu traballo ó descuberto a realiza-las súas funcións cando a situación climatolóxica ou as condicións do terreo supoñan penosidade visible para o propio traballador/a. Nestes casos, paralizarase o traballo e empregaranse os referidos traballadores/as en labores propios do seu posto de traballo que se poidan realizar a cuberto.

O anterior non será de aplicación naqueles casos nos que a actividade estea causada ou motivada polas citadas condicións climatolóxicas, salvo sempre o cumprimento das medidas legais sobre seguridade e hixiene.

O comité de empresa, os representantes dos/as traballadores/as e as direccións do persoal deberán velar polo dereito á intimidade, pola liberdade dos/as traballadores/as, e pola erradicación das conductas de acoso sexual, procurando silencia-la súa identidade.

Capítulo XI

Mobilidade

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

1. O traslado de traballadores/as que non fosen contratados especificamente para prestaren os seus servicios en empresas con centros de traballo móbiles ou itinerantes a un centro de traballo distinto da mesma empresa que esixa cambios de residencia requirirá a existencia de razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción que o xustifiquen, ou ben contratacións referidas á actividade empresarial.

Entenderase que concorren as causas á que se refire este artigo cando a adopción das medidas propostas contribúa a mellora-la situación da Administración da Xunta de Galicia a través dunha máis adecuada organización dos seus recursos que favoreza a satisfacción do servicio público que, en cada caso, teña encomendado.

A decisión de traslado deberalle ser notificada pola Xunta de Galicia ó/á traballador/a, así como ós seus representantes legais, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa efectividade.

Notificada a decisión de traslado, o/a traballador/a terá dereito a optar entre o traslado, percibindo unha compensación por gastos, ou a extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades. A compensación a que

se refire o primeiro suposto comprenderá tanto os gastos propios como os dos familiares ó seu cargo, nos termos que se conveña entre as partes, que nunca será inferior a:

a) Ó aboamento dos gastos de viaxe do seu cónxuxe ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade, que conviva con el e ás súas expensas, e a unha indemnización de tres axudas de custos da súa categoría por cada membro da familia que efectivamente se traslade.

b) A unha cantidade global de 3.305,57 euros, en caso de que a Administración lle facilite unha vivenda.

c) Se a Administración non lle facilita vivenda, ó/á traballador/a aboaráselle unha cantidade global de 6.611,13 euros, máis un 20 por 100 por cada persoa que viva ás súas expensas.

d) Para os/as fillos/as dos/as traballadores/as afectados/as por este convenio e que cursen estudios de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, a administración, dentro da normativa vixente, comprométese a xestionar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a consecución de prazas escolares en centros oficiais.

Sen prexuízo da executividade do traslado no prazo de incorporación citado, o/a traballador/a que, non tendo optado pola extinción do seu contrato, se mostre desconforme coa decisión empresarial, poderá impugnala ante a xurisdicción competente. A sentencia declarará o traslado xustificado ou inxustificado e, neste último caso, recoñecerá o dereito do/a traballador/a a ser reincorporado ó centro de traballo de orixe.

Cando, con obxecto de eludi-las previsións contidas no punto seguinte deste artigo, a Xunta de Galicia realice traslados en períodos sucesivos de noventa días en número inferior ós limiares alí sinalados, sen que concorran causas novas que xustifiquen tal actuación, estes novos traslados consideraranse efectuados en fraude de lei e serán declarados nulos e sen efecto.

2. O traslado a que se refire o número anterior deberá ir precedido dun período de consultas cos representantes legais dos/as traballadores/as, de duración non inferior a quince días, cando afecte á totalidade do centro de traballo, sempre que este ocupe a máis de cinco traballadores/as, ou dun período de noventa días, cando sen afectar á totalidade do centro de traballo, comprenda un número de traballadores/as de, polo menos:

-Dez traballadores/as, nas empresas que ocupen menos de cen traballadores/as.

-O dez por cento do número de traballadores/as da empresa naquelas que ocupen entre cen e trescentos traballadores/as.

-Trinta traballadores/as nas empresas que ocupen trescentos ou máis traballadores/as.

O dito período de consultas deberá versar sobre as causas motivadoras da decisión empresarial e a posibilidade de evitar ou reduci-los seus efectos, así como sobre as medidas necesarias para atenua-las súas consecuencias para os traballadores/as afectados.

A apertura do período de consultas e as posicións das partes tralas súas conclusión deberanlle ser notificadas á autoridade laboral para o seu recoñecemento. Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo.

O dito acordo requirirá a conformidade da maioría dos membros do comité ou comités de empresa, dos/as delegados/as de persoal, se é o caso, ou de representacións sindicais, se as houber, que, no seu conxunto, representen a maioría daqueles.

Trala finalización do período de consultas, a Xunta de Galicia notificaralles ós/ás traballadores/as a súa decisión sobre o traslado, que se rexerá para tódolos efectos polo disposto no número 1 deste artigo.

Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, a autoridade laboral, á vista das posicións das partes e sempre que as consecuencias económicas ou sociais da medida así o xustifiquen, poderá ordena-la ampliación do prazo de incorporación a que se refire o número 1 deste artigo e a conseguinte paralización da efectividade do traslado por un período de tempo que, en ningún caso, poderá ser superior a seis meses.

Contra as decisións a que se refire este número poderase reclamar en conflicto colectivo, sen prexuízo da acción individual prevista no número 1 deste artigo. A interposición do conflicto paralizará a tramitación das accións individuais iniciadas ata a súa resolución.

O acordo cos representantes legais dos/as traballadores/as no período de consultas entenderase sen prexuízo do dereito dos/as traballadores/as afectados ó exercicio da opción prevista no parágrafo 4 do número 1 deste artigo.

3. Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se é traballador/a da Xunta de Galicia, terá dereito ó traslado á mesma localidade, de haber posto de traballo.

4. Os representantes dos/as traballadores/as terán prioridade de permanencia nos postos de traballo a que se refire este artigo.

Capítulo XII

Dereitos sindicais

Artigo 44º.-Delegados de persoal e comités de empresa.

Os/as delegados/as de persoal e os membros dos comités de empresa, sen prexuízo das competencias, funcións e dereitos en xeral recoñecidos polas dis

posicións legais, terán os seguintes dereitos específicos:

1. Os membros dos comités de empresa e os/as delegados/as de persoal dispoñerán, avisando previamente, sempre que sexa posible, con 24 horas á dirección do centro de traballo, de tempo retribuído para realizaren xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade fíxanse de conformidade coa seguinte escala:

Centros de ata 250 traballadores/as: 35 horas.

Centros de 251 a 500 traballadores/as: 50 horas.

Centros de 501 traballadores/as en diante: 60 horas.

2. Os membros dos comités de empresa e os/as delegados/as de persoal poderán ser substituídos durante as súas horas sindicais, mediante previo aviso con 24 horas de antelación, se ten carácter ordinario, e sen previo aviso, se ten carácter de urxencia.

De non realizarse a substitución, en ningún caso quedará limitado o dereito dos representantes do persoal a realizaren as súas actividades sindicais.

3. Coñecer e consulta-lo rexistro de accidentes de traballo e as súas causas. Terán acceso ó cadro horario, do que recibirán unha copia. Tamén accederán ós modelos TC-1 e TC-2 das cotizacións á Seguridade Social, ó calendario laboral, ós orzamentos dos centros, a un exemplar da memoria anual do centro e a calquera outro documento relacionado coas condicións de traballo que afecten o persoal.

4. Poñerase á súa disposición un local adecuado, provisto de teléfono, correo electrónico, caso de que se dispoña de material informático e do correspondente mobiliario, para que poidan desenvolve-las súas actividades sindicais, deliberar entre si e comunicarse cos seus representados/as, facilitándose o material de oficina preciso.

5. Poderán utilizar fotocopiadoras, multicopistas e demais aparellos de reprografía para uso da súa administración interna.

6. Facilitaránselle-los taboleiros de anuncios necesarios para que, baixo a súa responsabilidade, coloquen tódolos avisos e comunicacións que deban efectuar e consideren pertinentes, sen máis limitacións cás expresamente sinaladas pola lei. Os ditos taboleiros instalaranse en lugares claramente visibles para permitir que a información chegue ó persoal.

7. Os comités de empresa e os delegados/as de persoal poderán acorda-la acumulación das horas sindicais dos seus membros, nun ou en varios deles ou entre membros de distintos comités de empresa no ámbito autonómico, de acordo co seguinte réxime:

A comunicación da acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, dirixíndoa á Dirección Xeral da Función Pública e á dirección do centro respectivo.

Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas nun mes para outro mes.

O crédito horario é de carácter persoal, retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo de funcións de representación.

Como excepción ó principio xeral de non participación do crédito horario, neste convenio acórdase a posibilidade da súa acumulación parcial, coas seguintes puntualizacións:

-A cesión e conseguinte acumulación parcial será, como mínimo, do 50 por 100 do crédito horario de que se dispoña.

-A duración mínima da acumulación parcial será de seis meses, e deberase comunicar cunha antelación polo menos de 20 días ó seu desfrute.

8. Os membros do comité de empresa e os/as delegados/as de persoal terán, ademais das garantías recollidas neste convenio, as establecidas nas alíneas a), b) e c) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores, desde o momento da súa proclamación como candidatos e ata dous anos despois do cesamento no seu cargo.

9. Os comités de empresa e os/as delegados/as de persoal recibirán, conxunta e puntualmente, por conta da Xunta de Galicia, un exemplar do Diario Oficial de Galicia, coa frecuencia das súas aparicións.

10. Realización de asembleas:

a) Os comités de empresa e os/as delegados/as de persoal dispoñerán dun mínimo de 20 horas anuais para este fin. As asembleas convocadas e cunha duración máxima de media hora, antes do inicio ou do final da xornada, non serán computadas, ben que, con este carácter só poderán convocarse como máximo dúas asembleas mensuais. Para tal fin, a Administración facilitará os locais adecuados en cada centro de traballo.

Os convocantes garantirán en todo momento a prestación dos servicios que se realicen durante as asembleas, así como a orde destas.

En ámbolos dous supostos, o aviso previo, con antelación de 24 horas, que se deberá facer perante a dirección do centro ou servicio, deberá ir acompañado da orde do día que se vai tratar na reunión.

b) Cando en determinados casos, pola existencia de varias quendas de traballo, non se poida reunir simultaneamente a totalidade do cadro de persoal, as asembleas parciais das diferentes quendas considéranse, para estes efectos, como unha asemblea. Poderanse, así mesmo, celebrar asembleas convocadas polo 20 por 100 do cadro de persoal do centro.

As asembleas celebraranse en locais facilitados pola Xunta de Galicia para tal fin.

c) A Xunta de Galicia aboará os gastos de desprazamento ou as indemnizacións dos membros do comité de empresa ou dos/as delegados/as de persoal polas súas reunións periódicas, así como por aquelas que sexan convocadas pola Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia dotará os comités de empresa dun orzamento anual para actividades sindicais ou para a compra de libros de consulta, de acordo coa táboa indicada máis abaixo:

Os comités de empresa recibirán, a través da unidade administrativa que xestione o dito orzamento, a subvención que lles corresponda segundo a táboa abaixo establecida.

Así mesmo, cada comité de empresa terá a obriga de levar un libro de contabilidade onde se reflictan as entradas e saídas de diñeiro referente á dita subvención.

Comité de empresa de 5 membros: 300,51 euros anuais.

Comité de empresa de 9 membros: 390,66 euros anuais.

Comité de empresa de 11 ou máis membros: 540,91 euros anuais.

Estas contías se incrementarán na porcentaxe que anualmente se incremente o capítulo II dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 45º.-Das seccións sindicais, dos/as delegados/as sindicais e dos/as afiliados/as.

1. Das seccións sindicais:

Sen prexuízo do disposto na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS), as seccións sindicais pertencentes a unha central sindical que obtivesen máis dun 10 por 100 dos membros do respectivo comité de empresa terán nos centros de traballo os seguintes dereitos:

a) A un número de delegados/as sindicais, previstos no artigo 10.2º da LOLS, conforme a seguinte escala:

-De 1 a 100 traballadores/as: 1.

-De 101 a 500 traballadores/as: 3.

-De 501 a 750 traballadores/as: 4.

-De 751 en diante: 5.

b) A dispoñer dun local sindical, que compartirán co comité de empresa, en centros con máis de 50 traballadores/as, provisto de teléfono, de mobiliario e do material de oficina necesario para desenvolve-la súa actividade representativa.

Nos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as, estas seccións sindicais poderán utiliza-lo mesmo local do que, se é o caso, dispoñan os delegados/as de persoal, facilitándolles tamén os materiais de oficina precisos para o desenvolvemento da súa actividade representativa.

c) Realización de asembleas:

A realización de asembleas fóra e dentro da xornada de traballo queda establecida nos mesmo termos en que se configura este dereito para os comités de empresa.

2. Dos/as delegados/as sindicais:

Os/as delegados/as sindicais a que se refire a alínea a) do punto anterior terán dereito, sen prexuízo

do establecido na LOLS no seu artigo 10.3º, ós seguintes dereitos e garantías:

a) Co fin de dota-las organizacións sindicais de máis flexibilidade e operatividade no exercicio da acción sindical que lles é atribuída por lei, mediante as seccións sindicais que se poidan constituír, no ámbito deste convenio, acórdase articular un marco de acción sindical sobre a base dos seguintes principios.

1. Os créditos horarios que poidan corresponder ós/ás delegados/as sindicais que cada unha das organizacións sindicais que asine este convenio teñen dereito a designar de conformidade con este texto legal poden acumularse nunha bolsa única correspondente ó ámbito territorial de Galicia.

2. O total de crédito horario resultante da acumulación citada no punto 1 pode ser libremente distribuído por cada unha das organizacións sindicais por medio da designación de delegados/as sindicais.

3. A designación de delegados/as sindicais e as modificacións sobre asignación individual de créditos horarios e sobre acumulación de horas deben notificarse expresamente á Dirección Xeral da Función Pública cun mínimo de 30 días de anticipación.

4. Cada un dos/as delegados/as sindicais que fose designado poderá dispoñer do crédito horario que lle corresponda:

-Utilizando persoalmente o crédito que lle corresponda

-Cedendo total ou parcialmente o crédito horario a outro/a delegado/a sindical

-Cedendo total ou parcialmente o crédito horario á bolsa de ámbito territorial de Galicia da organización sindical a que pertenza.

5. O dereito dos/as delegados/as sindicais a disfrutar do crédito horario correspondente prodúcese ós 30 días de entregar á Dirección Xeral de Función Pública por parte do sindicato correspondente unha copia da acta de constitución ou de modificación da sección sindical, previamente rexistrada na oficina pública da delegación provincial do ámbito territorial afectado.

6. Cada organización sindical asinante do convenio poderá constituír unha bolsa de horas de ámbito correspondente ó territorio, que pode estar integrada polas horas que corresponden ós seus membros dos comités de empresa, delegados/as de persoal e as que corresponden ós seus delegados/as sindicais. En ningún caso se superará o crédito horario total que lle corresponde á organización sindical.

b) A representación ós afiliados/as da sección sindical en tódalas xestións necesarias perante a dirección respectiva, e a seren oídos por esta no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten o persoal, en xeral, e os afiliados/as do sindicato, en particular.

c) A seren informados e oídos pola empresa con carácter previo:

-Acerca de despedimentos e sancións que afecten os afiliados/as ó sindicato.

-En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores/as, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquera proxecto ou acción administrativa que poida afecta-lo persoal.

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

d) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba poñer á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

e) Posuirán as mesmas garantías e dereitos que a lei e o convenio colectivo lles recoñecen ós membros do comité de empresa.

3. Dos/as afiliados/as.

Os/as afiliados/as a unha sección sindical que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo primeiro do punto 1 deste artigo terán os seguintes dereitos:

a) A obteren permisos sen soldo durante o tempo que pasen a ocupar postos de responsabilidade sindical con plena dedicación en ámbito superior ó centro de traballo. Este permiso terá unha duración mínima de seis meses e, ó rematar, o traballador/a será reincorporado na mesma quenda e condicións de traballo.

b) Un 10 por 100 dos/as afiliados/as a unha destas seccións sindicais terán dereito a permisos sen retribucións cando se cumpran os seguintes requisitos:

-Que exista a comunicación previa por parte da comisión executiva do respectivo sindicato, cursada coa necesaria antelación.

-Que non supere os 20 días ó ano por afiliado/a, nin os 200 anuais para o conxunto do 10 por 100 de afiliados/as de cada sección sindical.

c) A que se lle desconte na súa nómina o importe da cota sindical que corresponda, coa conformidade previa do/a afiliado/a. A Administración transferirá as cantidades retidas á conta bancaria que designe cada sindicato, facilitándolle mensualmente á correspondente sección sindical a relación nominal das retencións realizadas.

Artigo 46º.-Comité intercentros.

1. Ó abeiro do disposto no artigo 63.3º do Estatuto dos traballadores constituirase un comité intercentros, cun máximo de 13 membros, pertencentes ós comités de empresa e delegados/as de persoal dos centros de traballo contidos no artigo 1º deste convenio.

A súa composición será proporcional, de acordo co establecido no referido artigo do Estatuto dos traballadores.

2. As normas de funcionamento aprobaranse por maioría absoluta, na primeira sesión na que se constitúa o dito órgano de representación.

3. Cada un dos membros do Comité Intercentros dispoñerá dun máximo de 100 horas mensuais, excluídas as derivadas da súa condición de membro de comité de empresa ou de delegado/a de persoal ou sindical, para dedicarse ás súas funcións representativas; as ditas horas poderanse acumular noutros membros do Comité Intercentros.

4. A Xunta de Galicia aboará os gastos de desprazamento e as axudas de custos dos membros do Comité Intercentros, sempre que fosen orixinados por razón das reunións convocadas previamente polo dito órgano de representación, así como as que fosen convocadas pola Xunta de Galicia.

5. Terán á súa disposición un local sindical na sede dos servicios centrais da Xunta de Galicia, conxunto co do comité de empresa e seccións sindicais, adecuado e apto para a súa propia representación, con material de oficina, medios mecánicos, mobiliario, teléfonos, etc. Así mesmo, recibirán un exemplar do DOG coa frecuencia da súa publicación.

A Xunta de Galicia dotará o Comité Intercentros dun orzamento anual de 601,01 euros, para actividades sindicais ou para a compra de libros de consulta.

6. Entre as súas competencias están as seguintes:

a) Negociación do convenio colectivo, elección dos suplentes e asesores da comisión negociadora e aprobación do anteproxecto correspondente, sempre que así o decida, polo menos, o 65 por 100 dos seus membros; todo isto, sen prexuízo das atribucións que a este respecto se lle recoñezan na LOLS e no Estatuto dos traballadores e outras instancias sindicais.

b) Elección dos/as representantes do persoal na comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio, respectando a proporcionalidade existente no Comité Intercentros e sempre que este negociase o convenio colectivo.

c) Elección dos membros ós que lles corresponda representa-lo persoal en tódalas comisións creadas a partir da comisión paritaria, ou noutras comisións ou tribunais recollidos neste convenio, respectando a proporcionalidade existente no Comité Intercentros.

d) O Comité Intercentros estará facultado para solicitar conflicto colectivo e para interpoñer calquera tipo de reclamación, así como para solicita-la declaración de folga legal.

e) O Comité Intercentros negociará coa Administración as condicións de adscrición de calquera colectivo a este convenio, con ocasión da súa integración por razóns de transferencia.

f) Tratamento nunha mesa cos representantes da Administración das ofertas de emprego segundo as

necesidades de recursos humanos previstos con anterioridade á súa publicación.

Capítulo XIII

Réxime disciplinario

Artigo 47º.-Réxime disciplinario.

1. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves, agás as derivadas de falta de asistencia e puntualidade, requirirá a realización dun expediente disciplinario, no que o procedemento, a tramitación e os termos son os seguintes:

a) Cando a Administración coñeza da comisión de feitos presuntamente constitutivos de falta grave ou moi grave, será acordada a incoación, se é o caso, de expediente disciplinario polo responsable ou director/a do centro ou dependencia onde o/a traballador/a preste os seus servicios ou pola autoridade que normativamente en cada momento teña asignada tal competencia. O dito acto, que se lle deberá comunicar por escrito ó comité de empresa e mais ó interesado/a interromperá os prazos legais de prescrición de faltas e infraccións.

b) No propio acto de incoación de expediente acordarase o nomeamento e designación de instructor/a do procedemento, quen ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ó seu esclarecemento e á determinación das responsabilidade susceptibles de sanción.

O/a instructor/a, como primeiras actuacións, procederá a recibir declaración do presunto inculpado e a evacuar cantas dilixencias se deduzan da comunicación ou denuncia que motivou a incoación do expediente e do que aquel alegou na súa declaración.

Tódolos organismos e dependencias da Administración están obrigados a facilitarlle ó/a instructor/a os antecedentes e informes necesarios, así como os medios persoais e materiais que precise para o desenvolvemento da súa actuación.

c) Nun prazo non superior a dous meses desde o inicio do expediente, o/a instructor/a proporalle á autoridade competente o arquivo das actuacións, ou procederá á elaboración dun prego de cargos, que lle será notificado respectivamente, segundo o caso, ó/a interesado/a, ó comité de empresa, ós delegados/as de persoal do centro ou á sección sindical correspondente.

O prego de cargos incluirá os feitos imputados con expresión, se é o caso, da falta presuntamente cometida e das sancións que poidan ser de aplicación. O/a instructor/a poderá, por causas xustificadas, solicita-la ampliación do prazo referido.

d) O prego de cargos notificaráselle ó inculpado e concederáselle un prazo de quince días para que poida contestalo coas alegacións que considere convenientes para a súa defensa, achegando, así mesmo, cantos documentos considere de interese. Neste trámite deberá solicitar, se o considera conveniente,

a práctica das probas que para a súa defensa crea necesarias.

e) Contestado o prego ou transcorrido o prazo sen facelo, o/a instructor/a poderá acorda-la práctica das probas solicitadas que xulgue oportunas, así como a de todas aquelas que considere pertinentes. Para a práctica das probas disporase do prazo dun mes.

O/a instructor/a poderá denega-la admisión e a práctica das probas para investigar cuestións que considere innecesarias, debendo motiva-la denegación, sen que contra esta resolución caiba recurso do/a inculpado/a.

Os feitos relevantes para a resolución do procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

f) Cumpridas as dilixencias previstas neste artigo daráselle vista do expediente ó inculpado con carácter inmediato para que no prazo de 10 días alegue o que vexa pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese. Facilitaráselle unha copia completa do expediente ó inculpado cando este así o solicite.

g) O/a instructor/a formulará dentro dos vinte días seguintes a proposta de resolución, da que se lle dará traslado ó comité de empresa ou ós/ás delegados/as de persoal, así como ó/á interesado/a, na que fixará con precisión os feitos probados, motivando, se é o caso, a denegación das probas propostas polo/a inculpado/a, e fará a valoración xurídica dos feitos, determinando, se procede, a falta cometida, a responsabilidade do/a traballador/a e a sanción que xulgue procedente impoñer.

A proposta de resolución notificaráselle ó/á interesado/a, para que no prazo de dez días poida alegar ante o/a instructor/a todo canto considere pertinente para a súa defensa.

Oído o/a inculpado/a ou transcorrido o prazo sen que haxa ningunha alegación, remitiráselle con carácter inmediato o expediente completo ó órgano que acordou a incoación do procedemento, o cal llo remitirá ó órgano competente para que proceda a dicta-la resolución que corresponda ou, se é o caso, ordenaralle ó/á instructor/a a práctica das dilixencias que considere necesarias.

Desta resolución daráselle conta ó/á interesado/a, ó comité de empresa do seu centro e á sección sindical á que pertenza, de se-lo caso.

h) Daráselle traslado da resolución definitiva á comisión paritaria do convenio, para os meros efectos estatísticos e de información.

i) A omisión do procedemento aquí descrito determinará a nulidade do expediente, cando produza indefensión do interesado/a.

2. A sanción de faltas que non precisen a incoación de expediente disciplinario comunicaráselle ó comité de empresa respectivo, con tres días hábiles de antelación á súa notificación ó interesado/a.

3. As infraccións ou faltas cometidas polos/as traballadores/as, derivadas de incumprimentos contractuais, poderán ser leves, graves ou moi graves.

3.a. Faltas leves:

3.a.1. A incorrección cos superiores xerárquicos, cos/as compañeiros/as e co público en xeral.

3.a.2. A neglixencia e o descoido no cumprimento do traballo.

3.a.3. A presentación extemporánea de partes de baixa ou de confirmación, en tempo superior a dous días, desde a data da súa expedición regular, a non ser que por causa de forza maior se probe a imposibilidade de facelo.

3.a.4. De tres a cinco faltas de puntualidade ó mes, respectándose o réxime existente para efectos de cómputo en cada centro de traballo. Non obstante as faltas de puntualidade poderán supoñe-la deducción proporcional de retribucións.

3.a.5. A neglixencia no coidado e na conservación dos materiais e utensilios de traballo, do mobiliario e dos locais onde se presten os servicios.

3.a.6. A falta de asistencia inxustificada durante un día ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

3.a.7. O incumprimento dos deberes e obrigas do/a traballador/a, sempre que non deban ser cualificados como falta moi grave ou grave.

3.b. Faltas graves:

3.b.1. A indisciplina ou a desobediencia relacionada co seu traballo, e o incumprimento dos deberes previstos nas alíneas a), b) e c) do artigo 5 do Estatuto dos traballadores.

3.b.2. A desconsideración co público, compañeiros/as e subordinados/as no desempeño das tarefas encomendadas, sempre que non sexa falta leve, así como a grave falta de consideración cos administrados/as ou o abuso da autoridade no exercicio do cargo.

3.b.3. A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada durante dous ou tres días ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

3.b.4. A presentación extemporánea dos partes de confirmación de baixa, en tempo superior a sete días, desde a data da súa expedición regular, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

3.b.5. O abandono do traballo sen causa xustificada por tempo superior a dous días nun mes.

3.b.6. A simulación de enfermidade ou accidente que supoñan a incapacidade laboral transitoria por tempo inferior a tres días. Entenderase, en todo caso, que existe falta cando o/a traballador/a declarado de baixa por un dos motivos indicados realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo, entenderase incluída neste punto toda acción ou omisión do/a traballador/a realizada para prolonga-la baixa por enfermidade ou accidente.

3.b.7. A colaboración ou o encubrimento de faltas doutros/as traballadores/as, en relación cos seus deberes de puntualidade, asistencia e utilización dos mecanismos de control.

3.b.8. Máis de cinco faltas de puntualidade nun mes, respectándose o réxime existente para efectos de cómputo en cada centro de traballo.

3.b.9. A reiteración na comisión de faltas leves, agás as de puntualidade inferiores a cinco faltas leves, nun prazo de seis meses, aínda que sexan de distinta natureza, todo isto dentro dun mesmo trimestre e aínda que fosen sancionadas.

3.b.10. A diminución continuada e voluntaria no rendemento de traballo normal ou pactado.

3.b.11. As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio ou que lles causen dano á Administración ou administrados.

3.b.12. Causar danos graves nos locais, no material ou nos documentos dos servicios.

3.b.13. O incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoñan mantemento dalgunha situación de incompatibilidade.

3.b.14. A grave perturbación do servicio.

3.b.15. Actos que atenten contra a dignidade dos/as traballadores/as ou da Administración.

3.b.16. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados das xornadas de traballo.

3.c. Faltas moi graves:

3.c.1. O incumprimento de deber de fidelidade á Constitución e ó Estatuto de autonomía no exercicio da función pública.

3.c.2. Toda actuación que supoña discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento, veciñanza, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

3.c.3. O abandono de servicio.

3.c.4. Adopción de acordos manifestamente ilegais que lles causen un prexuízo grave á Administración ou ós cidadáns.

3.c.5. A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais así declarados por lei ou clasificados como tales.

3.c.6. A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

3.c.7. A participación en folgas ilegais.

3.c.8. Os incumprimentos das obrigas de atende-los servicios esenciais en caso de folga.

3.c.9. Os actos limitativos da libre expresión de pensamento, ideas e opinións.

3.c.10. Ter sido sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período de un ano.

3.c.11. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións e no desempeño das funcións encomendadas.

3.c.12. Máis de tres faltas ó mes de asistencia non xustificadas, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

3.c.13. A indisciplina e a desobediencia de carácter grave.

3.c.14. Os malos tratos de palabra ou obra cos/as traballadores/as de superior e inferior categoría, compañeiros/as e público.

3.c.15. O acoso sexual, máxime cando se acompañe de abuso de autoridade ó ser efectuado por un/ha superior/a contra un/ha subordinado/a.

3.c.16. O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene no traballo, cando deles se deriven graves riscos ou danos para o propio traballador/a e/ou terceiros.

3.c.17. A simulación de enfermidade ou accidente que supoñan unha incapacidade ou baixa por un tempo de tres ou máis días. Entenderase, en todo caso, que existe falta moi grave cando o/a traballador/a declarado/a en baixa por un dos motivos indicados realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Así mesmo, entenderase incluída neste punto toda acción ou omisión do/a traballador/a realizada para prolonga-la baixa por enfermidade ou accidente.

3.c.18. A reiteración na comisión de faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun mesmo trimestre, agás as de puntualidade.

3.c.19. O exercicio de actividades privadas ou públicas sen solicitar e obter autorización de compatibilidade do órgano competente para iso.

4. As sancións que poderán impoñerse, en función da cualificación das faltas, serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal ou por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata por dous días.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dous a quince días.

-Suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas ou concursos de ascensos por un período de un ano.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis días a dezaoito meses.

-Inhabilitación para o ascenso por un período de ata un máximo de dous anos.

-Traslado forzoso sen indemnización.

-Despedimento.

5. Serán órganos competentes para a imposición das sancións disciplinarias:

a) O Consello da Xunta, por proposta do/a conselleiro/a competente en materia de función pública, para impoñe-lo despedimento.

b) Os titulares da consellería ou do organismo autónomo no que estea destinado o/a traballador/a, para impoñeren as sancións por faltas graves e moi graves.

Se a sanción se impón pola comisión de faltas en materia de incompatibilidades en relación coas actividades desenvolvidas en diferentes consellerías, a facultade corresponderalle ó/a conselleiro/a competente en materia de función pública.

c) Os/as directores/as xerais e os/as delegados/as provinciais, respecto do persoal dependente da súa dirección xeral ou delegación provincial, para a imposición de sancións por faltas leves.

6. Os xefes ou superiores que toleren ou encubran as faltas dos seus subordinados/as incorrerán en responsabilidade e sufrirán a corrección ou sanción que se considere procedente, tendo en conta a que se lle impoña ó autor e a intencionalidade, perturbación para o servicio, atentado á dignidade da Xunta de Galicia e reiteración ou reincidencia da dita tolerancia ou encubrimento.

7. Non se considerará falta de ningún tipo a negativa a realizar traballos de categoría distinta á específica de cada traballador/a, salvo cando medien circunstancias de excepcional necesidade.

Todo/a traballador/a poderá dar conta por escrito, a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto á súa intimidade ou á consideración debida á súa dignidade humana ou laboral. A Xunta de Galicia, a través do órgano directivo ó que estea adscrito o/a interesado/a, abrirá a oportuna información e instruirá, se é o caso, o expediente disciplinario que proceda.

O aquí exposto tamén será de aplicación cando se lesionen dereitos dos/as traballadores/as recoñecidos neste convenio e na normativa vixente, e se deriven prexuízos notorios de orde material para eles.

8. As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves, ós vinte días, e as moi graves, ós sesenta días, a partir da data en que a autoridade competente para a incoación do expediente tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometerse. Os ditos prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente instruído.

9. A cancelación do expediente de faltas e sancións producirase ós tres meses para as faltas leves, ó ano, para as graves e ós dous anos, para as moi graves.

10. No non previsto neste capítulo aplicarase o disposto no Regulamento de réxime disciplinario dos/as funcionarios/as ó servicio da Xunta de Galicia.

Disposicións transitorias

Primeira.-Respectaranse ad personam e durante o prazo de vixencia deste convenio, como condicións máis beneficiosas, as que estean vixentes á entrada

en vigor deste convenio único cando, examinadas no seu conxunto e cómputo anual, resulten máis beneficiosas para o persoal laboral e non contradigan o espírito e o contido do IV convenio único.

Segunda.-Como complemento do disposto no segundo parágrafo do artigo 6º deste convenio, aquelas categorías profesionais non incluídas no seu anexo II por razóns de transferencias, omisións ou calquera outra causa, serán integradas no citado anexo, logo do estudio e acordo das partes asinantes deste convenio.

Terceira.-No prazo de 1 mes desde a publicación no DOG deste convenio colectivo constituirase unha mesa negociadora co Comité Intercentros co fin de defini-las funcións de cada categoría profesional do anexo II.

Mentres non se definan as funcións de cada categoría, en relación con cada posto de traballo efectivamente desempeñado, serán de aplicación as que tiña recollidas cada colectivo no seu convenio de procedencia. No caso de que se creen novos centros ou novas categorías as funcións de aplicación serán as dos centros de traballo similares da consellería a que pertencen, se isto é posible.

Cuarta.-O persoal laboral fixo que á entrada en vigor deste convenio se atope en excedencia voluntaria e non poida reingresar ó servicio activo por non existir posto de traballo reservado á súa categoría de pertenza, por estar reservado a corpos ou escalas de funcionarios nas correspondentes relacións de postos de traballo ou por estaren amortizados ou declarados a extinguir nas correspondentes relacións de postos de traballos, poderá:

1. Solicita-lo reingreso provisional, de cumprir tódolos requisitos, a postos de traballo reservados a outras categorías do mesmo ou inferiores grupos ó da súa, ou

2. Participar no concurso de traslados que se convoque nas mesmas condicións que no punto anterior.

En ámbolos dous casos será necesario posuí-la titulación xenérica ou específica que, en cada caso, se precise para o acceso á categoría á que estea reservado o posto de que se trate.

Quinta.-Nas convocatorias de acceso á condición de persoal laboral fixo poderá substituírse, naqueles supostos en que se considere conveniente, o requisito de nivel de titulación académica, xenérica ou específica, pola posesión dunha determinada titulación profesional expedida por órganos oficiais das administracións públicas.

Sexta.-Os/as traballadores/as pertencentes ás categorías laborais que se relacionan no anexo II bis deste convenio poderán participar nos concursos de traslados que se convoquen durante a súa vixencia a postos doutras categorías do seu mesmo grupo se reúnen os requisitos de titulación e outros que se esixan para o seu acceso. Caso de que se lles adxudique algún posto desa outra categoría á que participen quedarán integrados nela. No momento en que nalgunha das categorías relacionadas no anexo II

bis non conte con ningún/ningunha traballador/a laboral fixo, poderá suprimirse no vixente convenio colectivo único logo de acordo da comisión paritaria.

Sétima.-Enténdese en vigor o acordo do 26 de decembro de 1994, ratificado polo Consello da Xunta de Galicia do día 29 de decembro, polo que se determina un incremento en concepto de complemento de convenio ó posto de traballo.

Oitava.-Na nova estructura salarial enténdense comprendidos tódolos complementos salariais que con anterioridade estivesen recoñecidos nas relacións de postos de traballo ou por sentencia ou resolución administrativa, quedando substituídos os pluses de perigosidade, toxicidade e penosidade, así como outros, desde que se publiquen as novas relacións de postos nas que se determinen os complementos que correspondan para cada posto. En todo caso, a contía económica percibida polo/a traballador/a nunca será inferior á que viña percibindo polos mesmos conceptos, agás que o/a traballador/a cambie de posto ou varíen as circunstancias do posto de traballo.

Novena.-A Xunta de Galicia comprométese a respecta-los acordos acadados entre a Administración do Estado e as organizacións sindicais con respecto ó persoal transferido do Inem, afectado polo plan de emprego, en relación os dereitos recoñecidos no convenio de orixe.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os acordos contidos neste convenio único forman un todo orgánico no seu conxunto e, polo tanto, tódalas condicións que se establezan nel, sexan ou non de natureza salarial, son compensables e absorbibles no seu conxunto coas melloras de calquera tipo que viñese anteriormente satisfacendo a Administración, ben por norma legal, convenio colectivo, contrato individual, uso ou costume, concesión voluntaria da Administración ou por calquera outra causa.

Segunda.-O grupo VIII agrupa aquelas categorías, todas elas a extinguir, que en razón da súa especialidade económica e funcional non teñen cabida no resto dos grupos xerais. Ó persoal integrado neste grupo respectaránselle as condicións económicas e sociais que viñese desfrutando á entrada en vigor deste convenio.

En todo caso, no referido grupo non poderán integrarse máis categorías profesionais cás especificadas no anexo II do convenio único.

No caso de levarse a cabo a homologación ou asimilación económica co persoal funcionario, o persoal do grupo VIII pasaría a integrarse no resto dos grupos do convenio en función dos criterios que se aproben ó respecto.

Malia o anterior, no anexo II deste convenio figuran integradas as diferentes categorías profesionais do persoal informático, permanecendo no grupo VIII aqueloutras, declaradas a extinguir, que, en razón da súa especialidade económica, non teñan cabida no anexo I do convenio.

Terceira.-En todos aqueles centros nos que, a causa das súas características específicas, os/as traballadores/as viñesen desfrutando dun período de descanso en Nadal ou Semana Santa, seguirano en todo caso desfrutando.

Cuarta.-Respectarase o carácter de docente dos/as traballadores/as que así o teñan recoñecido.

Quinta.-Ós/as traballadores/as fixos/as que á entrada en vigor do primeiro convenio único prestasen servicio na Xunta de Galicia non se lles poderá esixir título académico para a súa promoción profesional, excepto para o seu ascenso ós grupos I e II. Así mesmo, no caso de posuíren a titulación esixida para o desempeño dun determinado posto de traballo, a promoción interna poderase levar a cabo con independencia da pertenza ou non ós grupos inmediatos superior ou inferior.

Sexta.-Cando existan causas excepcionais debidamente xustificadas e non abranguidas nos artigos 21º e 22º do convenio, poderase solicitar un permiso retribuído, polo tempo indispensable, para atender tales necesidades.

Así mesmo, pódese contempla-la posibilidade de solicitar un período de licencia, con carácter especial e sen soldo, por un tempo máximo de 1 ano e reincorporación automática, para aqueles colectivos para os que, polas súas especiais características e funcións de atención directa a asistidos, así se considere aconsellable, así como para aqueles traballadores/as que teñan fillos/as menores de 16 anos ou familiares enfermos ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade ó seu cargo.

A anterior licencia esixe como requisito previo acredita-la antigüidade de 1 ano no posto de traballo, e non poderá ser solicitada de novo ata que transcorra un período mínimo de 2 anos.

Sétima.-Principio de igualdade de oportunidades de trato.

Os/as traballadores/as afectados/as por este convenio non poderán ser obxecto de decisións e condicións, ou de calquera clase de medidas, que comporten directa ou indirectamente un trato discriminatorio en función do sexo en canto ó acceso, promoción e conservación do posto de traballo.

En consonancia coas disposicións vixentes de carácter nacional e internacional en materia de igualdade de oportunidades no ámbito laboral, vixiarase e asegurarase unha igual prestación económica por un traballo de igual valor, así como o acceso á promoción e á formación profesional sen limitacións ou condicionamentos por razón de sexo.

Oitava.-Como excepción á regra xeral establecida no punto 2) do artigo 9º deste convenio, a participación na fase de promoción interna poderá levarse a cabo con independencia da pertenza ou non ós grupos inmediatos superior ou inferior, sempre e cando neles non existan categorías iguais ou similares ás do posto que se viña desempeñando. Esta circunstancia regularase expresamente en cada convocatoria.

Novena.-Quedará exceptuado do ámbito de aplicación deste convenio todo o persoal laboral que preste servicio actualmente nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, así como o que no futuro se incorpore ou transfira ó dito organismo, sempre que se dea algunha das seguintes condicións:

a) Que teña convenio propio de aplicación ou que, concluída a súa vixencia, se estea a negociar un novo convenio que o substitúa e que, en todo caso, non se tivese producido a súa integración efectiva no ámbito do convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

b) Que estea asimilado na totalidade das súas condicións retributivas e laborais ás previstas polos correspondentes estatutos xurídicos do persoal estatutario da Seguridade Social (facultativo, sanitario non facultativo e non sanitario).

Será imprescindible, en todo caso, para a aplicación do convenio único, logo de negociación entre as partes.

Ó persoal laboral ó que nestes momentos se lle aplique o convenio único e non se integre voluntariamente nos referidos estatutos do persoal da Seguridade Social respectaráselle-lo réxime económico e xurídico que se derive da súa situación actual no convenio único, todo iso sen prexuízo de que a súa prestación de servicios se adapte ás características das institucións sanitarias do Servicio Galego da Saúde (Sergas) de acordo coa lexislación vixente.

Décima.-O proceso de elaboración e consultas das relacións de postos de traballo do persoal laboral farase de xeito que permita o estudio e discusión en profundidade de cada unha delas e, en todo caso, garántese un período mínimo de quince días entre a entrega ós representantes dos/as traballadores/as e o inicio da negociación da relación de postos de traballo correspondente a cada consellería.

Décimo primeira.-O disposto neste convenio poderá alterarse ou modificarse pola aplicación de pactos que poidan subscribirse entre a Administración e as organizacións sindicais cando no contido destes se faga referencia ó persoal laboral suxeito ó dito convenio.

Décimo segunda.-Na xestión do persoal integrado na categoría de profesor/a do INEF (grupo VIII) terase en conta o convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña o 16 de outubro de 1991.

Décimo terceira.-O anexo II deste convenio poderá ser alterado por acordo da comisión paritaria prevista no seu artigo 3º.

Décimo cuarta.-Como dereito supletorio e para o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e nas demais disposicións de xeral aplicación, así como na ordenanza laboral de cada colectivo.

Décimo quinta.-Aqueles/as traballadores/as fixos/as que desempeñen postos da categoría 50 do grupo III que pertencen á categoría 10 do grupo IV,

do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, intégranse desde a data de efectos laborais deste convenio na categoría 50 do grupo III.

Décimo sexta.-Ó persoal laboral transferido da Xunta a outras administracións facilitaráselle a súa reincorporación á Xunta, vía concurso de traslados ou promoción interna.

Táboa salarial por grupos

ANEXO I-A

Retribucións básicas

Grupos e categoríasBrutas anuais (14 meses)

Ano 2001Ano 2002

I. Titulados superiores22.394,54 A22.842,40 A
II. Titulados de grao medio18.697,56 A19.071,64 A
III. Especialistas e encargados15.012,62 A15.312,92 A
IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª12.720,82 A12.975,34 A
V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados11.068,40 A11.630,36A

As categorías 1 a 59 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas no anexo I-A, a cantidade de 695,94 euros no ano 2001 e 709,94 euros no ano 2002.

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d, 10e e 10f do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de 333,76 euros no ano 2001.

ANEXO I-B

Ano 2001Ano 2002

Trienio25,56 A/mes26,07 A/mes
Especial dedicación24,04 A/mes
Complemento de perigosidade70,36 A/mes71,77 A/mes
Complemento de penosidade70,36 A/mes71,77 A/mes
Complemento de toxicidade70,36 A/mes71,77 A/mes
Dispoñibilidade horaria351,80 A/mes358,84 A/mes
Complemento de funcións22,02 A/mes24,86 A/mes

ANEXO III

Grupos e categorías profesionais

Grupo I. Titulados superiores.

Categorías

(1)Director/a de residencia. Director/a de residencia de estudiantes. Director/a de residencia de anciáns. Director/a de residencia internado. Director/a de centro educativo. Director/a de residencia xuvenil. Técnico deportivo. Xefe/a de internado.
(2)Titulado superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a.
(3)Titulado/a superior químico/a. Ciencias químicas.
(4)Titulado/a superior.
(5)Titulado/a superior veterinario/a.
(6)Titulado/a superior psicólogo/a.
(7)Titulado/a superior dentista.
(9)Titulado/a superior economista. Xefe/a superior de administración.
(10)Titulado/a superior biólogo/a.
(11)Titulado/a superior pedagogo/a.
(14)Titulado/a superior sociólogo/a.
(15)Titulado/a superior rehabilitador/a. Médico/a rehabilitador/a.
(17)Bibliotecario/a.

Categorías

(18)Licenciado/a informático/a (antigo técnico de sistemas e analista titulado/a superior).
(19)Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a.
(20)Licenciado/a en ciencias da información.
(21)Técnicos/as de protocolo.
(23)Documentalista.
(24)Musicólogo/a.
(25)Titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva).
(26)Titulado/a superior neurólogo/a.
(27)Coordinador/a de actividades externas.
(29)Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM.
(30)Relacións públicas do IGAEM.
(31)Titulado/a superior de formación ocupacional.
(32)Técnico/a superior en centros de arte.
(36)Profesor/a de música.
(37)Titulado/a superior ambiental.
(38)Técnico/a superior defensa contra incendios forestais.
(39)Licenciado/a en ciencias do mar.
(40)Titulado/a superior lingüista.

Grupo II. Titulados de grao medio.

Categorías

(1)Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servicio administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.
(2)ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE.
(3)Estimulador/a. Psicomotricista.
(4)Mestre/a instructor/a. Instructor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio).
(5)Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.
(6)Educador/a. Profesor/a especial.
(7)Titulados/as grao medio.
(8)Director/a de gardería infantil.
(11)Fisioterapeuta.
(17)Asistente social.
(20)Terapeuta ocupacional.
(21)Monitor/a ocupacional.
(27)Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado medio) e antigo analista programador/a (titulado medio)).
(31)Restaurador/a.
(33)Profesor/a de danza clásica.
(35)Pianista.
(37)Titulado/a medio/a formación ocupacional.
(38)Perito-xudicial diplomado/a.
(39)Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais.
(40)Mestre/a especialista en educación infantil.
(41)Técnico/a ambiental.
(42)Xestor de documentación.

Grupo III. Especialistas e encargados/as.

(Categorías nas que, para o acceso, se necesita posuír titulación académica de nivel de bacharelato, FP 2º grao ou equivalente).

Categorías

(1)Encargado/a equipamentos mecánicos. Mecánico/a supervisor/a. Encargado/a talleres e parque maquinaria. Inspector/a revisor/a maquinaria. Axente auxiliar de inspección (antigo mecánico/a supervisor/a ITV). Contramestre.
(2)Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de producción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante de dirección e difusión da música. Axudante de dirección e difusión do CDG.

Categorías

(3)Controlador/a pecuario/a. Axudante técnico/a pecuario/a.
(4)Gobernante/a. Gobernante/a servicios domésticos. Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.
(5)Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.
(6)Xefe/a de servicios técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.
(7)Técnico/a práctico/a en C. e vixilancia de O. Técnico/a auxiliar de obras.
(8)Encargado/a xeral.
(11)Encargado/a agrario/a.
(12)Mestre/a de taller.
(14)Xefe/a de cociña.
(17)Analista de laboratorio.
(18)Marcador/a de metais preciosos.
(20)Mestre/a industrial.
(23)Celador/a de estradas. Capataz de brigada.
(26)Axudante técnico/a de laboratorio.
(28)Mecánico/a naval 1ª.
(30)Programador/a.
(32)Encargado/a de reprografía.
(33)Encargado/a supervisor/a de telefónica.
(37)Técnico/a de son.
(38)Supervisor/a radioteléfono. Xefe/a sala do CECOP.
(39)Rexedor/a de escena.
(40)Axudante de producción.
(43)Encargado/a de estructura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.
(45)Técnico/a de luces.
(49)Axente auxiliar inspección transportes.
(50)Técnico/a especialista xardín de infancia.
(51)Perito xudicial. BVP.
(52)Traductor/a. Intérprete da administración de xustiza.
(54)E.T.A.R.
(55)Patrón/oa de embarcación.
(60)Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE.
(61)Oficial laboratorio. Analista 2ª. Axudante técnico/a laboratorio.
(62)Oficial administrativo/a. Oficial 1ª administrativo/a. Secretario/a administrativo/a. Administrativo/a provincial. Administrativo/a agrupación. Administrativo/a. Inspector/a administrador/a.
(63)Oficial 1ª conductor/a. Conductores/as 1ª. Conductores/as altos cargos. Conductor/a mecánico/a.
(64)Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada.
(65)Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª.
(66)Axudante taller. Adxunto/a taller.
(67)Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz.
(68)Oficial 1ª agrario. Capataz agrario.
(69)Oficial servicios técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira.
(71)Oficial de primeira xardineiro/a.
(74)Oficial de primeira albanel.
(76)Oficial de primeira electricista.
(78)Subgobernante/a.
(80)Capataz de establecemento.
(82)Mecánico/a inspector. Oficial de 1ª mecánico/a. Técnico/a auxiliar.
(84)Oficial de primeira calefactor/a.
(88)Capataz de explotacións marisqueiras.
(90)Animador/a sociocultural.
(91)Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores).
(92)Capataz forestal.
(93)Técnico/a auxiliar en electrónica de comunicacións.
(94)Técnico/a auxiliar en imaxe e son.
(97)Auxiliar de son.
(98)Auxiliar de luces.
(100)Xefe/a cuadrilla defensa contra incendios forestais.
(101)Proxeccionista.
(102)Encadernador/a.
(103)Entrevistador/a-enquisador/a.
(104)Intérprete de linguaxe de signos.
(105)Mestre/a de música tradicional.

Grupo IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.

(Categorías nas que, para o acceso, se necesita posuír titulación académica de nivel de graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente).

Categorías

(1)Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.
(2)Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras.
(3)Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermería. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a.
(4)Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado.
(5)Oficial 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª.
(6)Axudante servicios técnicos. Oficial 2ª mantemento.
(7)Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación.
(9)Oficial 2ª agrario/a.
(11)Auxiliar de laboratorio.
(16)Conductor/a.
(17)Almaceneiro/a. Despenseiro/a.
(18)Oficial de segunda.
(20)Conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).
(21) Oficial 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintería.
(23)Mestre/a gaiteiro/a.
(24)Xastre/a.
(25)Cargador/a. Tremoieiro/a.
(28)Auxiliar producción-dirección.
(29)Mariñeiro/a.
(30)Auxiliar formación ocupacional.
(31)Legoeiro/a.
(32)Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais.
(33)Conductor/a autobomba defensa contra incendios forestais.
(34)Axudante restauración e proxección cinematográfica.
(35)Auxiliar de arquivos e bibliotecas.
(36)Auxiliar de museos
(37)Oficial 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais.
(38)Auxiliar teléfono información ó cidadán.
(39)Auxiliar de autopsia.
(40)Oficial 2ª forestal.

Grupo V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados.

(Categorías nas que, para o acceso, se necesita posuír titulación académica de nivel de certificado de escolaridade).

Categorías

(1)Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pranchador/a. Lavandeiro/a.
(2)Axudante traballos ou oficios. Axudante albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante. Hortelá/n. Axudante traballos. Encargado/a xardín.
(3)Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno. Garda. Garda xuramentado.
(5)Perruqueiro/a. Barbeiro/a.
(8)Peón/oa agrario/a.
(9)Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.
(11)Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servicio doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servicios xerais.

Peón/oa. Laborante. Varredor/a. Mozo/a servicios. Mozo/a laboratorio. Mozo/a. Pastor/a. Xardineiro/a. Mozo/a transportes. Peón/oa xardineiro/a/ EFU. Mozo/a mantemento. Mozo/a subalterno.

(14)Peón/oa defensa contra incendios forestais.
(10A)Vixilante móbil defensa contra incendios forestais.

Categorías

(10B)Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais.
(10C)Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios.
(10D)Socorrista.
(10E)Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.
(10F)Peón/oa forestal.
(14A)Peón/oa conductor de defensa contra incendios forestais.

Grupo VIII. Persoal non asimilable.

Profesor/a de INEF.

Coordinador/a do INEF.

Director/a do INEF.

Colectivo de medios de comunicación do Estado.

E outro persoal non asimilable.

ANEXO II.BIS

Grupo II.

Categorías

(9)Axudante de desenvolvemento rural.
(13)Logopeda.
(15)Asesor de prensa.
(16)Capelán.
(25)Divulgador/a.
(30)Técnico/a en animación sociocultural.
(33)Fotógrafo/a artístico/a.

Grupo III.

Categorías

(9)Encargado/a de unidade.
(15)Experto/a en exposicións.
(22)Encargado/a de sección de enerxía da Consellería de Industria.
(24)Encargado/a de rede estatística.
(25)Capataz coordinador/a de pesca.
(27)Mestre/a sondista.
(34)Especialista de oficios (debuxante).
(36)Experto/a audiovisuais.
(53)Técnico/a en restauración cinematográfica.
(95)Práctico/a de topografía. Oficial de 1ª topógrafo/a.
(99)Coidador/a a extinguir.

Grupo IV.

Categorías

(8)Oficial 2ª topógrafo. Axudante topografía.
(13)Auxiliar especialista en farmacia.
(22)Oficial 2ª en reprografía.

ANEXO III

a) Servicios prestados na Xunta de Galicia na mesma categoría á que se pretende acceder: 0,15 puntos/mes.

b) Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,10 puntos/mes.

c) Por cada mes de servicios prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes.

A suma da puntuación dos puntos a), b) e c) non poderá exceder de 5 puntos.

d) Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta e que teña informe favorable da comisión autonómica galega de formación continua:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese número : 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

e) Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

-Título de doutor: 2 puntos.

-Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente: 1,50 puntos.

-Título de enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente: 1 punto.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel dos alegados.

f) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado),

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados segundo a orde establecida no presente anexo.

De persisti-lo empate, resolverase a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde establecida anualmente na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este baremo alterarase nas mesmas condicións nas que, se é o caso, se altere o regulado no artigo 12 b) do Decreto 89/1997 ou norma que o substitúa.

ANEXO IV

Acordo sobre a aplicación do Convenio Colectivo unico da Xunta de Galicia ós traballadores/as contratados eventualmente para a obra ou servicio determinado do Plan Infoga

1. Obxecto e marco.

A sentencia do 29 de xuño de 1994 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, confirmada pola do 7 de febreiro de 1995 do Tribunal Supremo (Sala do Social), declarou «a aplicación do ... (Convenio) Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de

Galicia ós/ás traballadores/as que, contratados/as eventualmente para a obra ou servicio determinado, na campaña de extinción contra incendios forestais do Plan Infoga..., que estean incluídos dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, no que sexa compatible coas particularidades da devandita relación laboral».

O obxecto do presente acordo é a aplicación do devandito convenio colectivo:

-Ós/ás traballadores/as con contrato temporal de obra ou servicio determinado.

Para as campañas do Plan Infoga.

Incluídos no Réxime Xeral da Seguridade Social.

No que sexa compatible coas particularidades da devandita relación laboral.

E simultaneamente a aplicación dos aspectos económicos que corresponden á situación derivada do Infoga 1994, a partir do 1 de xullo, cos salarios base do II convenio (hoxe III convenio) e o complemento salarial ou complemento do convenio de 1995 defectado no 3,5%.

O Plan Inforga é anual e diríxese á prevención, detección e extinción de incendios forestais en Galicia.

O seu carácter anual determina, en primeiro lugar, o feito da dependencia orzamentaria do organismo que o executa, de modo que só poderá proporciona-la cobertura necesaria para a vixilancia e extinción dos incendios en función das súas dispoñibilidades de tal orde, que poden diferir dun ano para outro e, en segundo lugar, poden tamén varia-las planificacións anuais, cos seus concretos e obxectivos específicos, en atención ás características de cada tempada (sentencia do tribunal supremo do 10 de xuño e 3 de novembro de 1994, en recursos de casación para a unificación de doutrina).

E respecto ó seu fin de prevención, detección e extinción de incendios debe sinalarse que os incendios forestais son imprevisibles e as consecuencias indeterminables en canto a vidas e facendas; de aí que, por unha parte, toda persoa que advirta a existencia ou iniciación dun incendio forestal deberá intenta-la súa extinción coa máxima urxencia, se o permitise a distancia, o lume e a súa intensidade; caso contrario, debe dar conta do feito, polo medio máis rápido posible, ó/á axente da autoridade máis próximo, e que, cando os medios permanentes non sexan bastantes para domina-lo sinistro, os/as gobernadores/as civís e os/as alcaldes/sas poderán proceder á mobilización das persoas útiles, ..., con idade comprendida entre os dezaoito e os sesenta anos, así como o material, calquera que fora o seu propietario, en canto o estimen preciso para a extinción do incendio (artigos 10.1º e 12.1º da Lei 81/1968, do 5 decembro, sobre incendios forestais, e con maior amplitude os artigos 57 e

seguintes do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro), e, por outra banda, a súa consideración de servicio esencial en caso de folga (decreto da Xunta de Galicia 155/1988, do 9 de xuño), ante o que sería de aplicación plenamente e sen posibilidade de restricción ningunha o principio

de que salus populi maxima lex esto se sucedera que fose mester a utilización do total dos efectivos de que se dispón.

Por todo o anterior é de resalta-la autonomía e substantividade que, en relación á actividade normal da Administración, ten cada unha das campañas que organiza, a súa duración incerta, así como a peculiaridade propia de cada unha delas, dependendo do seu condicionante orzamentario, de factores climáticos e do específico e concreto obxectivo a que atende (Sentencia do Tribunal Supremo do 10 de abril de 1995, tamén en recurso de casación para a unificación de doutrina), e, como consecuencia, a absoluta idoneidade, procedencia e pertinencia da utilización de contratos de duración determinada para obra ou servicio determinado (artigo 15 do Estatuto dos traballadores e Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro), nos que, en todo caso, pola propia natureza do traballo a desenvolver, entenderase que é para cada período concreto, e non con carácter permanente, a suficiencia acreditada polos interesado/as nas probas físicas e doutra orde previstas nas respectivas bases da convocatoria

(sentencia citada de 10 de xuño de 1994).

II. Acordos.

1. En principio non son de aplicación os artigos que se refiren exclusivamente ó persoal fixo do cadro segundo a correspondente relación de postos de traballo.

2. O sistema de selección terá carácter anual e baremo propio no que se prime a experiencia e o coñecemento do terreo, para garanti-la eficiencia e rapidez da mobilización do persoal comprendido entre os 18 e 65 anos, sempre que acrediten na forma que se estableza a capacidade física precisa para o desempeño do traballo, sen prexuízo dos cambios que poidan producirse en función dos específicos e concretos obxectivos anuais.

Este sistema de acceso ós contratos para a obra ou servicio determinado realizarase con respecto ós principios de mérito e capacidade, e só se terá en conta para acceder ó Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

Na orde anual na que se concrete o devandito sistema de selección regularanse as condicións e requisitos da mobilidade funcional, que responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible.

3. Xornada de traballo, horario e descansos.

A xornada de traballo con carácter xeral será de 37 horas e 30 minutos semanais, que poderá prestarse en réxime de quendas de mañá-tarde-noite en xornada continuada e quendas rotativas, sen prexuízo de que poida ser ampliada, modificada ou distribuída irregularmente ó longo do período contratado, en función da especificidade dos servicios a prestar, das peculiaridades da súa situación e climatoloxía e polas necesidades imprevisibles deles, respectándose a xornada máxima anual.

4. Vacacións e licencias.

Os períodos de vacacións e o desfrute de licencias e permisos están subordinados ás necesidades de servicio. Neste senso, nos períodos e tempada de perigo alto, as vacacións correspondentes ó persoal contratado para as devanditas épocas poderanse desfrutar ben ó final do período contractual ou, se é o caso, durante o mesmo se a Administración estima que, nun determinado espacio de tempo do período contractual, non existe risco de incendios forestais e non se interfire o correcto funcionamento dos servicios, e só se poderán disfrutar aquelas licencias debidas a feitos que non permitan pospoñe-lo seu desfrute.

5. Estructura do salario.

As retribucións deste persoal son as reflectidas no anexo II, estando constituídas polo salario base e o complemento salarial ou complemento do convenio que a continuación se definen:

a) Salario base. É a parte de retribución do/a traballador/a fixada para a xornada ordinaria de traballo, en función da súa categoría profesional segundo se establece no anexo I.

b) Complemento salarial ou complemento do convenio. É o complemento salarial que, na contía que para cada categoría se especifica no devandito anexo II, con carácter global, fixo e mensual retribúe a totalidade das especiais dificultades, tanto materiais e técnicas como de natureza funcional e ocasional, que esixe o desempeño ou se deriven das características especiais destes traballos e, en concreto: a especial dedicación polas xornadas extraordinarias e/ou a prolongación das ordinarias que o servicio esixa, e que serán obrigatorias, no caso de ter que previr ou reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinarios e urxentes, considerándose retribuídas ata un máximo de 55 horas mensuais; o traballo nocturno e os domingos e festivos que como consecuencia do sistema de organización do traballo por quendas deban realizarse segundo a tempada; a especial responsabilidade e a especial dirección que comportan determinados postos de traballo; a conducción de vehículos; e a

perigosidade, toxicidade e penosidade pola actuación en primeira liña de lume nos labores de extinción de incendios propiamente dita. A percepción deste complemento salarial único exclúe e impide a percepción de calquera outro complemento salarial ou compensación económica.

6. Incapacidade laboral transitoria.

En caso de baixa por ILT o/a traballador/a poderá ser substituído inmediatamente por outro cun contrato de interinidade mentres dure esta situación.

7. Mobilidade.

Os/as traballadores/as do Plan Infoga, polas especiais características deste, son especificamente contratados/as para prestaren os seus servicios en centros de traballo móbiles e itinerantes.

8. Disposición adicional.

A comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio terá en conta o carácter especial do Ser

vicio de Defensa contra Incendios Forestais á hora de interpretalo, do que o presente acordo formará parte, e en especial nos puntos correspondentes a beneficios sociais, seguridade e hixiene, dereitos sindicais e réxime disciplinario.

ANEXO I

Equiparación de categorías

InfogaConvenio colectivo

Técnico/forestalTécnico/a forestal de defensa contra incendios forestais.Grupo II

Capataz forestalXefe/a de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. Grupo III (a. IV)

Operador/codificador de datosOperador/codificador de datos de defensa contra incendios forestais. Grupo IV

Conductor/a de autobombaConductor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais. Grupo IV

EmisoristaEmisorista de defensa contra incendios forestais. Grupo V

Vixilante fixo ou móbilVixilante fixo ou móbil de defensa contra incendios forestais. Grupo V

Peón/ona forestalPeón/oa conductor/a ou non conductor/a de defensa contra incendios forestais. Grupo V (a. VII)

ANEXO II

Táboa salarial por categorías 1995

Gategorías e gruposRetribucións (ptas./mes)

Salariol base

(x 14 meses)

Complemento do convenio

Peón/oa de defensa contra incendios forestais. Grupo V (a. VII)117.53028.000

Peón/oa de defensa contra incendios forestais conductor/a. Grupo V (a. VII)117.53031.000

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais. Grupo V121.07531.000

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. Grupo V121.07520.000

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Grupo V121.07516.000

Conductor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais. Grupo IV135.07732.000

Operador/a/codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais. Grupo IV135.0774.000

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. Grupo III (a. IV)159.41331.000

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais. Grupo II198.41337.000

ANEXO V

Resolución do 29 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do grupo de traballo sobre medidas para o sector productivo do complexo silvicultura-madeira e sobre medidas de consolidación de emprego estructural.

Visto o texto da acta de incorporación do acordo do grupo de traballo sobre medidas para o sector productivo do complexo silvicultura-madeira e sobre medidas de consolidación de emprego estructural, do 10 de novembro de 1999, así como o texto do acordo sobre medidas de consolidación de emprego estructural, subscritos entre os representantes da Adminis

tración autonómica e o Comité Intercentros, ó abeiro do disposto no artigo 48.6º e) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90 do Estatuto dos traballadores, en relación co previsto no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Acta de incorporación do acordo do grupo de traballo sobre medidas para o sector productivo do complexo silvicultura-madeira e sobre medidas de consolidación de emprego estructural

En Santiago de Compostela o 10 de novembro de 1999 a Administración da Xunta de Galicia, representada por Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública; Juan José Novoa Montero, director xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, José Luis Aboal García-Tuñón, secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente; e o Comité Intercentros representado pola súa presidenta, María del Mar Peteira Cabana, conveñen en subscribi-lo seguinte acordo:

Introducción.

O artigo 1.2º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia para 1994, rexistrado e publicado por resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais do 19 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 249, do 28 de decembro de 1994) establece:

«Así mesmo, integrarase no presente convenio o persoal laboral que con posterioridade á súa publicación pase a depender da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos. Para iso terase en conta o disposto no artigo 48.6 e)».

Engadindo o artigo 48.6º e) deste:

«O Comité Intercentros negociará coa Administración as condicións de adscrición de calquera colectivo a este convenio con ocasión da súa integración por razóns de transferencia».

O día 23 de xuño de 1999 asinouse o acordo do grupo de traballo sobre medidas para o sector productivo do complexo silvicultura-madeira, e sobre medidas de consolidación de emprego estructural (anexo á presente acta).

Como consecuencia de todo iso, e visto o informe da Asesoría Xurídica Xeral do 22 de novembro de 1999, a incorporación realizarase do seguinte xeito:

1. O convenio colectivo único vixente para o persoal laboral da Xunta de Galicia será de aplicación ó persoal afectado polo devandito Acordo do 23 de xuño de 1999.

2. Aplicaráselles ós ditos traballadores/as o réxime retributivo establecido no convenio colectivo único coas especificidades sinaladas no devandito acordo.

3. O persoal afectado polo acordo incorporarase ós grupos e categorías do anexo II do convenio colectivo único.

4. Os efectos da incorporación produciranse en todo caso con data do 1 de xaneiro de 2000, agás o persoal do Servicio de Medio Ambiente Natural e o persoal da categoría 10f do grupo V (peón/oa forestal) do Centro de Investigación e Tecnoloxía Ambiental, que se incorporará con data de efectos do 1 de xaneiro de 2001. As diferencias retributivas aboaranse, se é o caso, e con efectos do 1 de xaneiro de 2000, ou segundo a excepción sinalada o 1 de xaneiro de 2001, unha vez que se publiquen as correspondentes relacións de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

5. Os posibles complementos retributivos que viñese percibindo o persoal laboral incorporado, consideraranse absorbidos polas condicións retributivas do vixente convenio e as especificidades do acordo, sempre que estas sexan máis beneficiosas examinadas no seu conxunto e anualmente.

E para que conste, asínase o presente acordo no lugar e data indicados.

-Pola Administración autonómica:

Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública.

Juan José Novoa Montero, director xeral de Orzamentos.

José Luis Aboal García-Tuñón, secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente.

-Polo Comité Intercentros:

Mª Mar Peteira Cabana, presidenta.

Acordo sobre medidas de consolidación de emprego estructural

Introducción.

Dentro dos acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego en Galicia, asinados o trece de xullo de mil novecentos noventa e oito pola Xunta de Galicia, Confederación de Empresarios de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e Unión Xeral de Traballadores UGT-Galicia, estableceuse a apertura da Mesa dos sectores productivos e a Mesa de acción no medio rural, cos obxectivos e finalidades expostos nos propios acordos.

Entre outras cuestións, acordouse avanzar no desenvolvemento de fórmulas que permitan consolida-los postos de traballo temporal vinculados a servicios de

carácter estructural en materia de conservación da natureza forestal e da defensa contra incendios forestais, todo isto en consonancia co previsto no Acordo do 14 de xullo de 1994 subscrito entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais antes citadas, publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de setembro de 1994, mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de setembro de 1994, acordo que no seu punto segundo establece que, entre outros obxectivos, as actuacións en materia de emprego público se dirixirán á consecución de emprego estructural estable.

Así mesmo, este proceso de regularización de emprego enmárcase no previsto no artigo 7, punto 1º, da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

Como consecuencia do anterior desenvolveuse un proceso negociador entre as organizacións sindicais asinantes dos acordos e a Consellería de Medio Ambiente, que culminaron coa consecución do acordo sobre consolidación de emprego estructural na Consellería de Medio Ambiente acadado o 23 de xuño de 1999 e referendado pola Mesa de Emprego o 30 de xullo de 1999, sendo ratificado polo Comité Intercentros na súa reunión do día 10 de novembro de 1999, que a seguir se reproduce:

Acordo sobre consolidación de emprego

Froito da análise efectuada ó longo dos últimos exercicios orzamentarios, procédese a elaborar este plan de reconversión de necesidades estructurais que se enmarcan nas seguintes liñas xerais:

-Dótanse os postos de traballo permanentes dos establecementos forestais, ambientais, cinexéticos e piscícolas.

-Dótanse os postos de traballo demandados pola vixilancia e conservación dos recursos naturais renovables e os espacios naturais protexidos.

-Dótanse postos dos Servicios de Defensa contra Incendios Forestais de xeito que se configura unha estructura básica permanente.

-Dótanse postos de centros de investigación, de acordo coas dispoñibilidades económicas.

Estas dotacións comprenden necesidades de máis de nove meses de duración, sen prexuízo dos efectivos actualmente comprendidos na vixente relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

En consecuencia, o presente acordo establece e regula as normas que, de xeito específico, rexerán as relacións de carácter xurídico-laboral entre a Xunta de Galicia e o persoal que, suxeito a lexislación laboral, preste os seus servicios nos postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

Seguidamente, detállanse os acordos que a continuación pasamos a desenvolver, conforme a orde dos servicios afectados.

A) Servicio de Montes e Industrias Forestais.

Unha parte do persoal que vén atendendo os viveiros forestais desempeña as súas funcións ó longo de perío

dos prolongados, polo que se considera conveniente proceder á reconversión dos seus cometidos en postos fixos, dada a súa necesidade permanente no Plan de Mellora Xenética e Producción de Material Seleccionado.

Esta configuración do cadro de persoal estable inserirase no marco do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, coas peculiaridades específicas derivadas da natureza das súas funcións, describíndose, en todo caso, as seguintes particularidades de integración:

A.1) Sistemas de acceso.

Para o acceso ás categorías a que refire o presente acordo poderá substituírse, naquelas categorías en que se considere conveniente, o requisito de nivel de titulación académica, xenérica ou específica, pola posesión dunha determinada titulación profesional expedida por órganos oficiais das administracións públicas, ou ben pola acreditación dunha determinada experiencia no desempeño das funcións propias da categoría de orixe.

A.2) Equiparación de categorías.

Serv. de Montes e I. ForestaisConvenio colectivo

Xefe brigadaCap. establecemento G.III, cat. 80

Peón/oa forestalPeón/oa forestal G.V, cat. 10 f)

Os postos de traballos que configuran a relación de postos da Consellería de Medio Ambiente adaptaranse ás categorías anteriormente indicadas.

A.3) Definición de categorías.

Capataz de establecemento.

Persoal que está á fronte dun establecemento forestal, cinexético, piscícola ou análogo, con responsabilidades respecto a tódalas operacións que demanda o adecuado funcionamento das instalacións de que se trate.

Será responsable directo e inmediato do persoal ó seu cargo, así como do cumprimento das medidas de prevención de riscos laborais.

Peón/oa forestal.

Persoal encargado de efectuar labores que requiren esforzo físico e algún coñecemento práctico especial, así como aquelas outras de mantemento, conservación e limpeza que demande o seu ámbito de actuación, manexando para tal fin os medios materiais necesarios.

A.4) Postos que se van incluír na RPT.

En consecuencia, na relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente incluiranse os seguintes postos de traballo:

CategoríaNº efectivos

Capataz establecemento2

Peón/oa forestal21

Total23

B) Servicio de Medio Ambiente Natural.

De igual forma, parte do persoal que realiza os seus servicios nas instalacións de recuperación da fauna salvaxe, nas granxas cinexéticas, nas piscifactorías do Plan de recuperación de ríos e noutros complexos ambientais, atópase en situación análoga.

Outras áreas que encaixan na formulación xeral correspóndese coa vixilancia en ámbitos específicos como son as bacías fluviais incluídas no Plan de recuperación de ríos, os espacios naturais protexidos e a reserva autonómica de caza dos Ancares.

A citada vixilancia en ámbitos territoriais concretos complementa a tutela que ten encomendada, en canto á conservación da natureza en todo o territorio autonómico, a escala de axentes forestais.

Por último, a xestión dos espacios naturais protexidos esixe unha atención continuada que xustifica uns cadros de persoal mínimo estables, a partir dos contratos temporais actuais de longa duración.

Esta configuración do cadro de persoal estable inserirase no marco do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, coas peculiaridades específicas derivadas da natureza das súas funcións, describíndose, en todo caso, as seguintes particularidades de integración:

B.1) Sistema de acceso.

Para o acceso ás categorías a que se refire o presente acordo poderá substituírse, naquelas categorías en que se considere conveniente, o requisito de nivel de titulación académica, xenérica ou específica, pola posesión dunha determinada titulación profesional expedida por órganos oficiais das administracións públicas, ou ben pola acreditación dunha determinada experiencia no desempeño das funcións propias da categoría de orixe.

B.2) Equiparación de categorías.

Serv. Medio Ambiente NaturalConvenio colectivo

Técnico de apoio superiorTitulado ambiental G.I, cat. 37

Técnico de apoio ETFTécnico ambiental G.II, cat. 41

Xefe brigadaCapataz establec. G.III, cat. 80

Garda rural Vix. e M.Cel. 2ª/Vix. R. nat. G.V, cat. 9

Peón/oa forestalPeón/oa forestal G.V, cat. 10f)

Os postos de traballo que configuran a relación de postos da Consellería de Medio Ambiente adaptaranse ás categorías anteriormente indicadas.

B.3) Definición de categorías.

Titulado/a superior ambiental.

Persoal que, estando en posesión da correspondente titulación expedida por unha facultade ou escola técnica superior, realiza as funcións propias desta nunha praza que require coñecementos especializados; así mesmo, realiza calquera outra actividade de similar natureza que se lle poida encomendar e que corresponda coa competencia do seu título académico.

Técnico/a ambiental.

Persoal que, estando en posesión da correspondente titulación expedida por unha escola técnica media, realiza as funcións propias desta nunha praza que require coñecementos técnicos especializados; así mesmo, realiza calquera outra actividade de similar natureza que se lle poida encomendar e que corresponda coa competencia do seu título académico.

Capataz de establecemento.

Persoal que está á fronte dun establecemento forestal, cinexético, piscícola ou análogo, con responsabilidades respecto a tódalas operacións que demanda o adecuado funcionamento das instalacións de que se trate.

Será responsable directo e inmediato do persoal ó seu cargo, así como do cumprimento das medidas de prevención de riscos laborais.

Peón/oa forestal.

Persoal encargado de efectuar labores que requiren esforzo físico e algún coñecemento práctico especial, así como aquelas outras de mantemento, conservación e limpeza que demande o seu ámbito de actuación, manexando para tal fin os medios materiais necesarios.

Celador 2º/vixilante de recursos naturais.

Persoal que ten ó seu cargo unha zona determinada, coa súa respectiva área de influencia, exercendo funcións de policía e custodia das súas riquezas naturais, e levando a cabo as tarefas de mantemento e conservación que se requiran; para tal fin manexará os medios materiais postos á súa disposición e conducirá vehículos cando así o demanden as necesidades do servicio.

B.4) Postos que se van a incluír na RPT.

En consecuencia, na relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente incluiranse os seguintes postos de traballo:

CategoríaNº efectivos

Técnicos19

Capataces establecemento8

Peón/oa forestal29

Celadores 2ª (vixilantes recursos naturais)80

Total136

C) Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

A Consellería de Medio Ambiente e as centrais sindicais asinantes pretenden inserir neste acordo as medidas tendentes á consolidación de emprego público no ámbito do persoal dedicado, con carácter estructural, ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais. Nembargantes, esta consolidación debe facerse de maneira compatible coas particularidades destas relacións laborais, en función da especificidade das funcións que se van prestar, da imprevisibilidade dos incendios e da necesidade de urxente intervención. Por todo isto, é preciso determinar un marco específico de integración que recolla as particularidades da devandita relación laboral, dentro do ámbito do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

En consecuencia, acéptase o seguinte acordo específico de integración.

C.1) Réxime laboral específico.

1. Sistema de acceso e provisión de vacantes.

O acceso ás distintas categorías realizarase logo de convocatoria pública, mediante concurso oposición con baremo propio no que se primará a experiencia previa e o coñecemento do terreo; ademais deberán

de acreditarse o cumprimento dos requisitos de saúde e aptitude física que se establezan. Este baremo será de aplicación para os procesos de cobertura de vacantes.

Para o acceso ás categorías a que se refire o presente acordo poderá substituírse, naquelas categorías en que se considere conveniente, o requisito de nivel de titulación académica, xenérica ou específica, pola posesión dunha determinada titulación profesional expedida por órganos oficiais das administracións públicas, ou ben pola acreditación dunha determinada experiencia no desempeño das funcións propias da categoría de orixe.

II. Superación periódica de probas médicas.

Periodicamente este persoal será sometido a probas de recoñecemento médico acordes co seu posto de traballo.

De conformidade co establecido no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, este persoal poderá ser trasladado a outro posto de traballo naqueles supostos nos que as características do seu posto prexudiquen ou orixinen un dano na saúde do/a traballador/a, coas seguintes particularidades:

-A solicitude poderá facela, tanto o/a traballador/a como a Consellería de Medio Ambiente.

-No caso de que a solicitude se leve a cabo por instancia do/a traballador/a, o informe médico presentado deberá ser sometido á consideración do equipo médico que efectúe os recoñecementos por instancia da Consellería de Medio Ambiente.

-En todo caso, a adscrición que se autorice será para postos doutra categoría do mesmo ou inferiores grupos en función das vacantes de persoal laboral fixo da Consellería de Medio Ambiente, sempre que reúna os requisitos para o seu desempeño.

-O persoal que se encontre nesta situación será sometido ós controis médicos que establezan os servicios médicos da empresa. De persistir esta situación, estará obrigando a concursar a tódalas vacantes da Consellería de Medio Ambiente nas condicións sinaladas no punto anterior, tendo preferencia para a súa cobertura.

-No caso de adscrición, deixarase de percibi-lo complemento convenio do posto de orixe.

III. Superación periódica das probas de aptitude física que se determinen.

A consellería establecerá sistemas permanentes que faciliten o mantemento físico, incluíndo controis periódicos acordes coa idade e co posto de traballo.

No caso de acreditarse a falta de capacidade, a este persoal, logo de autorización da Dirección Xeral da Función Pública e comunicación ó Comité Intercentros, atribuiráselle, no caso de que haxa vacantes, e mediante adscrición temporal, un posto noutras categorías do mesmo ou inferior grupo, sempre que reúna os requisitos para o seu desempeño. En caso contrario, procurarse que leve a cabo tarefas compatibles coa condición física acreditada.

No prazo máximo de 6 meses, este persoal será sometido novamente ás probas de aptitude física que se determinen. Superadas as probas, volverá a ocupa-lo posto orixinario, no caso de que fose adscrito temporalmente. A non superación destas complicará a remoción do seu posto orixinario, a suspensión do seu contrato e o inicio do procedemento de adscrición provisional.

O/a secretario/a xeral atribuiralle o desempeño provisional dun posto da Consellería de Medio Ambiente correspondente a outra categoría do mesmo ou inferior grupo, sempre que reúna os requisitos para o seu desempeño.

Así mesmo, o persoal que se encontre nesta situación estará obrigado a participar no devandito concurso e a solicitar tódolos postos que se convoquen e se encontren nas condicións citadas. No suposto de incumpri-lo anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

O réxime de excedencia voluntaria do parágrafo anterior será o establecido no convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia coa particularidade de que a solicitude e a situación de reingreso será conforme as categorías do mesmo ou inferior grupo distintos da categoría de orixe.

IV. Mobilidade xeográfica e funcional.

Este persoal, polas especiais características da actividade que debe desenvolver, considerarase que é especificamente contratado para presta-los seus servicios en lugares ou centros de traballo móbiles ou itinerantes, cando as necesidades de extinción de incendios forestais o precisen. Esta mobilidade xeográfica, para as categorías de peón/oa conductor/a e non conductor/a, conductor/a de autobomba, vixilante móbil, xefe/a de cuadrilla e técnico/a forestal comprenderá todo o territorio da Comunidade Autónoma, terá a duración que esixan as citadas necesidades e os gastos que orixinen non darán dereito a ningunha indemnización por correren estes nas condicións e cos medios fixados pola Administración. Para as categorías de vixilante fixo, emisorista, e operador/codificador de datos comprenderá, en todo caso, o territorio do distrito ou provincia onde se sitúe o lugar ou centro de traballo no que habitualmente preste os seus servicios, sen dereito ó percibo de ningunha indemnización

polos desprazamentos que deban efectuarse a outro lugar ou centro de traballo dentro deste.

Os traballos deste persoal abranguen tódolos propios da súa categoría en relación coa prevención, detección e extinción de incendios forestais, así como a realización de mantemento de obras e infraestructuras relacionadas cos ditos labores; cando as situacións de risco o permitan, poderán realizar labores silvícolas e ambientais.

V. Xornada de traballo, horario e descansos.

A xornada de traballo deste persoal será a establecida no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia en cómputo anual, polo que poderá ser modificada ou distribuída irregularmente ó longo do ano, en función da especialidade

e peculiaridades dos servicios que se van prestar e das necesidades imprevisibles destes. En consecuencia, este persoal realizará o seu traballo entre as 0 e as 24 horas en xornadas partidas ou continuadas e/ou quendas rotativas, de acordo cos horarios que fixe a Administración, nos que se determinarán os efectivos necesarios para atende-los servicios tanto os días laborables como os domingos e festivos durante todo o ano, procurando un descanso diario que permita manter un adecuado nivel físico. O seu cómputo comezará a contarse a partir do lugar de reunión ou centro de control establecido, tanto para entrada como para a saída do traballo. En domingos e/ou festivos realizaranse preferentemente tarefas de mantemento, extinción e vixilancia de incendios.

En calquera caso, este persoal desfrutará dun descanso mínimo semanal de 48 horas consecutivas, que, polo menos, deberá coincidir cun domingo ó mes e tres festivos ó ano.

VI. Vacacións e licencias.

Os períodos de vacacións e o desfrute das licencias e os permisos previstos no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, estarán subordinadas ás necesidades do servicio.

Nos períodos e tempadas de perigo alto de incendios forestais só se poderán desfrutar aqueles permisos e licencias debidos a circunstancias que non permitan pospoñe-lo seu desfrute.

Respecto ás vacacións, por ter que desfrutarse fóra das épocas de perigo alto de incendios forestais, serán de 30 días laborables, dos que poderán desfrutarse 15 días naturais consecutivos, cun aviso previo dunha semana no caso de ter que modificarse os períodos de desfrute establecidos, e o resto segundo as necesidades do servicio. Así mesmo, poderanse establecer por parte da Administración uns únicos períodos de desfrute delas por equipos ou grupos de traballadores/as ou centros de traballo.

VII. Estructura do salario.

As retribucións deste persoal son as reflectidas no punto c.3, estando constituídas polo salario base e o complemento salarial ou complemento do convenio que a continuación se definen.

a) Salario base. É a parte da retribución do/a traballador/a fixada para a xornada de traballo, en función da súa categoría profesional.

b) Complementos salariais.

1. Complemento de convenio. É o complemento salarial que, na contía que para cada categoría se especifica no dito anexo, con carácter global, fixo e mensual retribúe a totalidade das especiais dificultades, tanto materiais e técnicas como da natureza funcional e ocasional, que esixa o desempeño ou se deriven das características especiais destes traballos e, en concreto, a especial dedicación e a dispoñibilidade polas xornadas extraordinarias e/ou a anticipación ou prolongación das ordinarias que o servicio esixa, e que serán obrigatorias no caso de ter que previr ou reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario

e urxentes, considerándose retribuídas ata un máximo de 55 horas mensuais; o traballo nocturno e en domingos e festivos que como consecuencia do sistema de organización do traballo deban realizarse segundo a tempada; a especial responsabilidade e a especial dirección que comportan determinados postos de traballo; a conducción de vehículos; e a perigosidade, toxicidade e penosidade pola actuación en primeira liña de lume nos labores de extinción de incendios propiamente dita. A percepción deste complemento salarial único exclúe e impide a percepción de calquera outro complemento salarial ou compensación económica, derivada da prestación de servicios.

2. Antigüidade. Este complemento percibirase conforme o estipulado no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

VIII. Deberes específicos.

Ademais dos deberes laborais que teñen os/as traballadores/as suxeitos/as ó convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, este persoal ten especialmente a obriga de cumprir estrictamente os seguintes:

1. Observar, en todo caso, as específicas medidas de seguridade e hixiene que precisan estes servicios, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente as de abstinencia e consumo de substancias que poidan altera-la súa capacidade física ou psíquica, como bebidas alcohólicas ou substancias psicotrópicas, así como a de mante-lo estado físico idóneo para o desenvolvemento do seu traballo.

2. Realiza-lo seu traballo con plena dispoñibilidade e con suxeición ós horarios e reténs establecidos. Neste sentido, deberá acudir ó lugar de reunión ou centro de control fixado para prestación dos servicios extraordinarios nun tempo máximo de 20 minutos.

3. Cumprir con dilixencia as ordes dos seus superiores.

4. Respecta-la disciplina establecida para as transmisións.

5. Conservar en bo estado os materiais e outros bens do servicio que se atopen ó seu cargo. No caso dos vehículos do servicio deberán dedicarse ó cumprimento exclusivo das funcións encomendadas e deberá coidarse do seu mantemento e conservación.

6. Colaborar con calquera outro persoal que realice funcións similares ou relacionadas co servicio encomendado.

7. Asistir a aqueles cursos que se consideren necesarios para o funcionamento do servicio.

O incumprimento destas obrigas será tido en todo caso en conta para a aplicación do réxime disciplinario do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

IX. Réxime sancionador.

Para a imposición de sancións por faltas cometidas por este persoal será de aplicación o réxime disciplinario previsto no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, coas seguintes particularidades:

1. No caso de que os feitos aconsellen acordar preventivamente a suspensión provisional do expedien

tado, o informe previo en relación coa dita suspensión provisional será emitido polo comité de empresa correspondente no prazo improrrogable de cinco días, contadas desde a recepción da petición; no caso de non emitirse neste prazo, terase por cumprido ese trámite.

2. Mediante resolución motivada, a autoridade que ordene a incoación do expediente, á vista da previsible duración do servicio activo do persoal afectado, poderá acorda-la reducción á metade dos prazos previstos no devandito convenio.

X. Xubilación forzosa.

A xubilación deste persoal terá o carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador/a a idade de sesenta e cinco anos.

XI. Exercicio do dereito de folga.

O exercicio do dereito de folga por parte deste persoal estará condicionado ó mantemento dos servicios esenciais de conformidade co disposto no Decreto 155/1988. En consecuencia, de demandalo as necesidades do servicio, poderían ter que presta-los seus servicios tódolos efectivos dispoñibles.

XII. Supletoriedade.

O presente acordo será de aplicación supletoria para o non previsto no Acordo do 28 de xullo de 1995, sobre a aplicación do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia ós/ás traballadores/as contratados/as eventualmente para a obra ou servicio determinado do Plan Infoga.

C.2. Definición de categorías.

A creación dun cadro de persoal estable para presta-los seus servicios nos S.D.C.I.F. esixe ter en conta que os postos de traballo, polas súas especificidades, deben ter definidas as súas características, recollendo as distintas tarefas que se van desenvolver, tanto no ámbito da extinción, como no da prevención, segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias.

Peón/oa de defensa contra incendios forestais.

Persoal que realiza labores que esixen predominantemente esforzo físico, vinculadas ás funcións de defensa contra incendios, ocupándose, así mesmo, de levar a cabo as obras de construcción, mellora e mantemento de infraestructuras da citada defensa. Para tal fin, utilizarán a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios.

Peón/oa conductor/a de defensa contra incendios forestais.

Persoal que realiza labores que esixen predominantemente esforzo físico, vinculadas ás funcións de defensa contra incendios, ocupándose, así mesmo, de levar a cabo as obras de construcción, mellora e mantemento de infraestructuras da citada defensa. Para tal fin, utilizarán a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa

contra incendios e, ademais, conducirá vehículos dedicados ó transporte das cuadrillas e materiais do servicio.

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais.

Persoal que se ocupa da vixilancia de incendios utilizando os medios de desprazamento postos á súa disposición, dando os oportunos avisos e iniciando as tarefas propias da extinción, no caso de detectar algún incendio. Así mesmo, realiza labores que esixen predominantemente esforzo físico, vinculadas ás funcións de defensa contra incendios, ocupándose tamén de levar a cabo as obras de construcción, mellora e mantemento de infraestructuras da citada defensa. Para tal fin utilizarán a maquinaria e os apeiros de manexo manuel propios das tarefas encomendadas de defensa contra incendios.

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

Persoal que se ocupa da vixilancia de incendios, desde puntos fixos predeterminados, avisando destes mediante a utilización dos medios de comunicación postos á súa disposición. Segundo as situacións de risco, poderá ser destinado a realizar labores de apoio ós emisoristas e mantemento de infraestructuras vinculadas á defensa contra incendios forestais.

Oficial 2ª mecánico de maquinaria de incendios.

Persoal que, estando en posesión de coñecementos de mecánica, se ocupa das reparacións e mantemento dos vehículos e maquinaria que se poidan realizar cos medios dos parques de maquinaria dos servicios de Defensa contra Incendios Forestais. Así mesmo, deberá conducir vehículos cando o demanden as necesidades do servicio.

Conductor/a de motobomba de defensa contra incendios forestais.

Persoal que ten como misión principal conduci-los vehículos motobomba do servicio e o mantemento destes en bo estado. Así mesmo, poderá levar a cabo as obras de construcción, mellora e mantemento de infraestructuras vinculadas á defensa contra incendios forestais, manexando para tal fin a maquinaria que demanden as referidas tarefas.

Xefe/a de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

Persoal que, tendo coñecementos completos dos traballos e obras que se van realizar, ten ó seu cargo de modo persoal e directo a vixilancia e execución das tarefas de prevención e extinción de incendios, responsabilizándose dos medios materiais postos á súa disposición. Será o responsable directo e inmediato do persoal ó seu cargo. Así mesmo, deberá conducir vehículos cando o demanden as necesidades do servicio.

Operador-codificador de defensa contra incendios forestais

Persoal que manexa os medios materiais das oficinas dos servicios de Defensa contra Incendios Forestais, para o tratamento da información, interpretando e

desenvolvendo as instruccións e ordes tendentes á execución dos sistemas operativos dos servicios de Defensa contra Incendios Forestais. Cando as circunstancias o requiran, poderán ser dedicados a outras funcións administrativas vinculadas á defensa contra incendios forestais.

Técnico/a de defensa contra incendios forestais.

Persoal que, estando en posesión da correspondente titulación, realiza as funcións inherentes a ela, dirixindo os traballos de prevención e extinción de incendios forestais, e facéndose cargo de tódolos medios humanos e materiais postos á súa disposición. Será o responsable do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais.

Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais.

Persoal que, estando en posesión da correspondente titulación expedida por unha escola técnica superior desenvolve as funcións propias dela nunha praza que require coñecementos técnicos especializados; así mesmo, realiza calquera outra actividade de similar natureza que se lle poida encomendar e corresponda coa competencia do seu título académico.

C.3. Relación de categorías e táboa salarial 1999.

Gategorías e gruposRetribucións (ptas./mes)

Salariol baseComplemento

do convenio

Peón/oa de defensa contra incendios forestaisGrupo V, c.14126.43430.122

Peón/oa conductor/a de defensa contra incendios forestaisGrupo V, c.14 a)126.43433.349

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestaisGrupo V, c.10 a)130.24833.349

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestaisGrupo V, c.10 b)130.24821.515

Emisorista de defensa contra incendios forestaisGrupo V, c.10 c)130.24817.212

Oficial 2ª mecánico de maquinaria de incendiosGrupo IV, c.37145.31034.425

Conductor/a motobomba de defensa contra incendios forestaisGrupo IV, c.33145.31034.425

Operador/codificador datos defensa incendios forestaisGrupo IV, c.32145.3104.303

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestaisGrupo III, c.100171.48933.349

Técnico forestal de defensa contra incendios forestaisGrupo II, c.39213.58039.802

Técnico S.U.P. de defensa contra incendios forestaisGrupo I, c.38255.81339.802

C.4. Postos que se van crear na RPT.

En consecuencia, na relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente incluiranse os seguintes postos de traballo:

CategoríaNº efectivos

Técnico forestal defefensa contra incendios forestais29

Operador/codificador defefensa contra incendios37

Emisorista defefensa contra incendios52

Oficial 2ª mecánico defefensa contra incendios11

Vixilante fixo defefensa contra incendios60

Conductor/a motobomba defefensa contra incendios82

CategoríaNº efectivos

Xefe cuadrilla defefensa contra incendios84

Peón/oa conductor/a defefensa contra incendios82

Peón/oa defefensa contra incendios410

Total847

D) Centro de Investigación e Tecnoloxía Ambiental.

As dotacións económicas en materia de investimentos, así como as necesidades permanentes demandadas polos centros de investigación da Consellería de Medio Ambiente, permiten executar un proceso de consolidación de emprego que reforza a cobertura ordinaria de labores de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

En consecuencia, na relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente incluiranse os seguintes postos de traballo:

CategoríaNº efectivos

Técnicos superiores4

Auxiliares de laboratorio1

Peóns5

Total

E) Integración do persoal no ámbito do convenio colectivo único.

As partes asinantes deste acordo comprométense á súa inclusión como condicións de adscrición do persoal a que se refire, con ocasión da súa integración no ámbito do convenio colectivo único.

F) Entrada en vigor do acordo.

O presente acordo de consolidación de emprego público de natureza estructural e permanente, entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro do ano 2000 no que atinxe os postos de traballo pertencentes ós servicios de Montes e Industrias Forestais, servicios de Defensa Contra Incendios Forestais e para os técnicos superiores e auxiliares de laboratorio do Centro de Investigación e Tecnoloxía Ambiental.

Polo que respecta ós postos de traballo dos servicios de Medio Ambiente Natural e os peóns do Centro de Investigación e Tecnoloxía Ambiental, o presente acordo entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro do ano 2001.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

ANEXO VI

Resolución do 15 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado entre a Administración da Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do Persoal Laboral sobre roupa de traballo e calzado profesional.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 15 de marzo de 2000 certificación do secretario da comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único

da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado sobre roupa de traballo e calzado profesional.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Acordo entre a Administración da Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do Persoal Laboral

O artigo 40.2º da Constitución española de 1978 di:

«Os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais, velarán pola seguridade e hixiene do traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción dos centros adecuados».

A nivel da Unión Europea atopámonos, entre outras, coa Directiva marco 89/391, do 12 de xuño de 1989, relativa á aplicación de medidas para promove-la mellora da seguridade e da saúde dos/as traballadores/as no traballo, e a Directiva 89/656, do 30 de novembro de 1989, relativa ás prescricións mínimas que deben te-los equipos de protección persoal dos/as traballadores/as.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, garante no seu artigo 14.1º o dereito dos/as traballadores/as a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo, e no artigo 17.2º establece o deber do empresario de proporcionar ós seus traballadores/as os equipos de protección individual adecuados para o desempeño das súas funcións.

Por outra banda, o artigo 33.1º da devandita Lei 31/1995 preceptúa o deber do empresario de consulta-los representantes dos/as traballadores/as a adopción de decisións relativas, entre outras, á planificación e á organización do traballo na empresa e á introducción de novas tecnoloxías, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e a saúde dos/as traballadores/as, derivadas da elección dos equipos, a determinación e a adecuación das condicións de traballo e o impacto dos factores ambientais no traballo.

Por último, o artigo 42 do III Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia obriga a facilitar ó persoal ó servicio da Xunta de Galicia roupa e calzado profesional, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran, comprometéndose as partes asinantes do convenio a adaptaren o contido do devandito artigo ás peculiaridades de cada categoría.

En virtude de todo o anterior e coa autorización da Consellería de Economía e Facenda os representantes da Administración na comisión paritaria e as organizacións sindicais UGT, CC.OO., CSI-CSIF e CIG acordan:

Primeiro.-O presente acordo é de aplicación ó persoal laboral que estea en activo e preste os seus servicios na Xunta de Galicia desde o 1 de xaneiro de 1999.

Segundo.-Este acordo ten o carácter de mínimo e non impide que as consellerías poidan melloralo, someténdose, en todo caso, ás condicións xa pactadas ou que se poidan pactar no futuro entre os comités de empresa e as consellerías respectivas. No suposto de desacordo entre a consellería e o comité de empresa, a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio determinará a solución máis axeitada ó suposto formulado.

Terceiro.-O persoal sometido ó presente acordo ten dereito a que se lle entregue a cantidade e clase de roupa especificada no anexo I do acordo.

Cuarto.-A roupa e calzado profesional facilitado adaptarase ás traballadoras que se atopen na situación de embarazo ou lactación.

Quinto.-Se se observase na roupa de traballo facilitada unha deterioración superior á normal de forma que imposibilite ou menoscabe a súa utilización, sempre que a deterioración non responda á acción voluntaria do traballador, será reposta no momento anterior ó vencemento da data de entrega establecida.

Sexto.-No suposto de cobertura temporal de postos de traballo, se a duración do contrato se prevé que será dun tempo mínimo de seis meses, entregaráselle-la roupa prevista para a súa categoría, obrigándose ó traballador/a a devolve-la roupa usada no momento do seu cesamento.

Os stoks existentes en almacéns de uniformes usados e devoltos que poidan ser reutilizables, aproveitaranse asignándoos ó persoal non fixo das distintas categorías que teñan un contrato temporal dunha duración inferior ós seis meses.

O calzado profesional que se entregue ó persoal laboral temporal terá que posuír unhas axeitadas condicións mínimas de hixiene e calidade. Se existise conflicto entre o traballador/a temporal e a consellería respectiva sobre a calidade do calzado entregado, será a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio a encargada de dirimi-lo conflicto presentado.

Sétimo.-A Xunta de Galicia comprométese a entregar ó persoal sometido a este acordo, ademais da roupa e calzado profesional relacionado no anexo I deste acordo, a roupa prevista na normativa específica e que sexa de obrigado cumprimento.

Oitavo.-O persoal a que se refire o presente acordo virá obrigado a vestir, durante a relación do seu traballo, a roupa ou elementos de identificación facilitados pola Xunta de Galicia. O uniforme é de uso exclusivo durante a xornada laboral, a excepción de

que se realicen xestións ou traballos específicos que requiran a súa utilización.

Noveno.-Os equipos de protección individual de riscos para a saúde e a seguridade que se entregue ó persoal afectado polo presente acordo deberán contar coa correspondente certificación de prototipos expedida polo Centro Nacional de Medios de Protección dependente do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene.

Décima.-O presente acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, por un período de catro anos, prorrogables anualmente, a non ser que exista denuncia del por algunha das partes asinantes.

E para que conste, remátase a sinatura do presente acordo, en Santiago de Compostela o vintenove de febreiro de dous mil.

Ramón del Valle López

Presidente

Rafael López Aguilera

Secretario

-Polas consellerías:

Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionales e Administración Pública: Santiago Suárez Martínez.

Consellería de Economía e Facenda: Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: José Antonio Fraga Calza.

Consellería de Industria e Comercio: Lourdes Courtier Ramos.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo: Miguel Ares Casal.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Elena Nimo Mayo.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura: Marta Ramos Lage.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais: Mª Dolores Sáez Madrid.

Consellería de Medio Ambiente: Jaime Baltar Tojo.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Marina García Valeiras.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude: Alfonso Barros Castro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: Rodrigo López Asorey.

-Polas organizacións sindicais:

O representante de CC.OO.: Manuela Domínguez Amoscótegui.

O representante de UGT: Manuel Pena Santar.

O representante da CIG: Manuel Facorro Casal.

O representante do CSI-CSIF: Inés Seoane Díaz.

ANEXO I

Roupa e calzado profesinal para o persoal laboral da Xunta de Galicia

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

* Grupo I

(11) Pedagogo/a

(6) Psicólogo/a

(23) Documentalista

2

2

Batas brancas

Pares de zocos ou tenis

Anual

(2) Médico/a

(15) Médico/a rehabilitador

2

2

Batas ou pixamas

Pares de zocos ou tenis

Anual

(3) Químico/a

(10) Biólogo/a

(22) Farmacéutico/a

2

2

Batas brancas

Pares zocos ou tenis

Anual
Roupa de auga para o persoal que traballa nos departamentos de condicións oceanográficos e fitoplancto e microbioloxía e patoloxía, no centro de control de cultivos mariños, que consiste en:
-1 chaquetón e pantalón de augaBienal
-1 par de botas de augaAnual
-1 forro polarBienal
-1 chaleco salvavidasBienal
-1 mandilón antiácidos para a categoría (3) químicoC/ 3 anos

* Grupo II
(2) ATS2Pixamas sanitarios ou batasAnual
(3) Estimulador2Pares zocosAnual
(11) Fisioterapeuta1Chaqueta punto azulBienal

(20) Terap. ocupacional2Batas brancas ou 2 pixamas sanitariosAnual
(13) Logopeda2Pares zocosAnual
(3) Psicomotricista
(21) Monitor/a ocupacional

(6) Educadores2BatasAnual
1Par de zocos ou tenis

(6) Educador/a centros de menores1Par tenisAnual
1ChándalAnual

(31) Restaurador/a2Batas brancasAnual
2Pares tenisAnual

* Grupo III
(4) Gobernante/a1Saia ou pantalónAnual
(78) Subgobernante/a2CamisasAnual
2Pares zapatosAnual
1Chaqueta punto azulBienal

(32) Encargado/a reprografía2BatasAnual

(5) Encargado/a almacén
(6) Encargado/a mantemento2Conxunto cazadora/pantalón ou fundaBienal
(1) Encarg. equip. mecán.2CamisasAnual
(81) Almaceneiro
(10) Encargado/a traballos1Par zapatos de gomaAnual
Cando as circunstancias do traballo o requiran, unhas botas de auga e anorakBienal

(8) Encargado/a CPTOPV2Conxuntos cazadora/pantalón ou fundaBienal
(23) Celador-camiñeiro1Par zapatos goma ou botasAnual
(60) Aux. tec. obras1Par botas de augaAnual
(64) Oper. máquina pesada1Traxe de augaBienal
(67) Capataz obras1AnorakBienal
(68) Capataz agrícola1XerseiAnual
(7) Técnico/a vix. obras
(19) Capataz de brigada
(92) Capataz forestal2CamisasAnual

(3) Controlador pecuario1Conxunto cazadora/pantalón ou fundaAnual
(11) Encargado/a agrario1Par zapatos goma ou botasAnual
1Par botas de augaBienal
1Traxe augaBienal
1AnorakBienal
2CamisasAnual

(88) Capataz expl. marisqueira1Par de botas de gomaAnual
(25) Capataz coord. pesca1VadeadoresAnual
1Roupa de auga verán: pantalón e chaquetaBienal
1Roupa de auga inverno: pantalón e chaquetaBienal
1Luvas de gomaAnual
1Luvas de traballoAnual

(95) Topógrafo/a1Par botas de seguridadeBienal
1Par botas de augaTrienal
1AnorakBienal
1Traxe de augasTrienal

(63) Conductor/a1Camisa veránM/c anual
1Camisa inverno m/lAnual
1Par zapatos de gomaAnual
1Conxunto cazadora/pantalónAnual

(12) Mestre taller1Par tenisAnual
(66) Axud. taller1BataAnual

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

(16) Especialista oficios
(86) Oficial 1ª mecánico2Conxunto cazadora/pantalónBienal
(69) Oficial 1ª mantemento
(84) Oficial 1ª calefactor2CamisasAnual
(70) Oficial 1ª fontaneiro
(72) Oficial 1ª1Par zapatos de gomaAnual
(73) Oficial 1ª carpinteiro
(74) Oficial 1ª albanel
(75) Oficial 1ª pintor1Par de botas de auga e 1 anorak cando as circunstancias do traballo o requiranBienal
(76) Oficial 1ª electricista
(67) Xefe equipo

(14) Xefe cociña2Pantalóns e 2 blusóns ou guerreira m/c ou guerreira m/lAnual
(65) Oficial 1ª cociña2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2ZocosAnual
2ManguitosAnual

(20) Mestre/a industrial2Conxunto cazadora/pantalónBienal
2CamisasAnual
1Par zapatosAnual

(17) Analista laboratorio1Mandilón antiácidosC/3 anos
(18) Marcador metais2Batas brancasAnual
(26) Axud. técnic. laboratorio2Pares zocosAnual
(61) Oficial laboratorio
(8) Encargado/a laboratorioCando as circunstancias de traballo o requiran 1 traxe de auga e 1 par de botas de augaBienal

(98) Auxiliar de luces
(37) Técnico/a de son1Anorak negroC/2 anos
(43) Encarga. estruc. esc.2Viseiras negrasAnual
(45) Técnico/a de luces2Conxunto cazadora/pantalón negroAnual
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
4Calcetíns ou medias negrasAnual

(46) Técnico/a máquin.1Anorak negroC/2 anos
(39) Rexidor escena2Viseiras negrasAnual
(97) Auxiliar de son2Conxunto cazadora/pantalón negroC/2 anos
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
3Calcetíns ou medias negrasAnual

(50) Téc. espec. xardín infancia1*PixamaAnual
1ChándalBienal
1*Par zocosAnual
1Par zapatillas deportivasBienal
1Chaqueta punto azulBienal

* Grupo IV
(2) Oficial 2ª mecánico2Cazadora/pantalónBienal
(6) Oficial 2ª mantemento1Par zapatos gomaAnual
(18) Oficial 2ª2CamisasAnual
Cando as circunstancias de traballo o requiran 1 par de botas de auga e 1 anorakBienal

(3) Auxiliar de clínica2Pixamas sanitariosAnual
1Chaqueta punto azulBienal
2Pares zocosAnual

(4) Auxiliar coidador2Batas e zocosAnual
(10) Auxiliar puericultor para os centros de menores1Chándal e 1 par zapatillas deportivasAnual

(5) Oficial 2ª cociña2Pantalóns e 2 blusóns ou guerreira m/c ou guerreira m/lAnual
2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2Pares zocosAnual
2ManguitosAnual

(7) Garda xurado fluvial
Garda explotación vixilante de explotación2CamisasAnual
2Conxunto cazadora/pantalónBienal
(8) Oficial 2ª topógrafo1Par botasAnual
(9) Oficial 2ª agrícola1Par botas de augaBienal
(31) Legoeiro1Traxe de augaBienal
1AnorakBienal

(16) Conductores/as2Pares fundas ou 2 conxuntos cazadora/pantalónBienal
1Par zapatos de goma ou botas de gomaAnual
2CamisasAnual

(25) Tremoieiro1Anorak negroC/2 anos
2Viseiras negrasAnual
2Conxunto cazadora/pantalón negroC/2 anos
2Pares botas de seguridadeAnual
1Chaleco negroAnual
3Calcetíns ou medias negrasAnual

* Grupo V
(1) Camareiro/a-limpador/a2Batas ou pixamasAnual
(11) Limpador/a1Chaqueta punto azulBienal
(12) Mozos de servicio2Par zocos ou tenisAnual

CategoríaNúmeroDescriciónEntrega

(1) Axudante cociña2Pantalóns e blusóns ou guerreiras m/c ou guerreiras m/lAnual
2Gorros ou 2 picosAnual
2Mandís (hule-tea)Anual
2Pares zocosAnual
2ManguitosAnual

(2) Axud. traballos 2Conxunto cazadora/pantalón ou funda ou bataBienal
(12) Peón/oa1Par botas ou zapatos de gomaAnual
(12) Mozos de servicio2CamisasAnual
Consellería de Sanidade1Par de botas de auga e 1 anorak cando as circunstancias do traballo o requiranBienal

(8) Peón/oa agrario2Fundas azuisAnual
2BotasAnual
1AnorakC/2 anos
1Traxe augaC/2 anos
1Botas augaC/2 anos

(5) Perruqueiro/a2Batas ou pixamasAnual
2Pares zocosAnual

(9) Vixilante recursos2CamisasAnual
2Conxunto cazadora/pantalónBienal
1Par botasAnual
1Par botas de augaBienal
1Traxe de augaBienal
1AnorakBienal

(3) Ordenanza1Traxe veránBienal
(4) Garda xurado1Traxe invernoBienal
2CamisasAnual
1Garabata negra ou lazo ou foulardAnual
1Par zapatos piso solaBienal
1Par zapatos piso gomaBienal

(13) Mozo/a de autopsia1Pixama sanitarioAnual
1Máscara cirúrxicaAnual
1Gorro de quirófanoAnual
1Par de zocosAnual
1Par guantes tecido anticortes protección anti-sidaAnual
1Lentes protección anti-salpicadurasAnual
1Mandil plásticoAnual

(63) Conductores/as do parque móbil: establecida na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23-11-1994 que desenvolve o Decreto 327/1994.

(*) Agás na 1ª entrega que será de dúas pezas.

Comisión negociadora

-Pola Administración.

Presidente: Ramón del Valle López.

Secretaria: Ascensión Labella Lozano.

Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública: Santiago Súarez Martínez.

Consellería de Economía e Facenda: Alejandro Fernández Rodríguez.

Dirección Xeral de Orzamentos: Oliva Pérez Roca.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: José Antonio Fraga Calza.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Marina García Valeiras.

Consellería de Industria e Comercio: Lourdes Courtier Ramos.

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural: Elena Nimo Mayo.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo: Miguel A. Ares Casal.

Consellería de Sanidade: Yolanda Lesmes Romero.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos: Marta Ramos Lage.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais: Josefa G. Cancedo Cons.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude: Manuela Guillán de Dios.

Consellería de Medio Ambiente: Jaime Baltar Tojo.

Consellería de Asuntos Sociais: Rodrigo López Asorey.

Consellería de Emigración e Cooperación Exterior: Lourdes Rodilla Jiménez.

-Polas organizacións sindicais.

CC.OO.:

José Emilio Doforno Guzmán.

Adela Poisa Baños.

Julio Misa Calviño.

CIG:

Mª del Mar Peteira Cabana.

Xosé Lois Veloso Abellás.

UGT:

Rosario Valledor Puente.

Manuel Pena Santar.

Pedro Cela.

José A. Picos González.

CSI-CSIF:

Mª Inés Seoane Díaz.

Mª Carmen Soengas Díaz.