Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.364

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de maio de 2002 pola que se regulan as axudas para a realización de actividades de prevención do alcoholismo.

Advertido erro na antedita orde publicada no DOG nº 99, do 24 de maio de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 7.609, do DOG versión galega, onde di: «Rexistro de Centros, Servicios e Establecementos Sanitarios da Consellería de Sanidade», debe dicir: «Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Consellería de Asuntos Sociais».

Na páxina 7.613, no pé do anexo III debe engadirse a lenda seguinte:

«1. Centradas en persoas que están en abstinencia e non sometidas a tratamento ambulatorio, aínda que precisen actividades de apoio.

2. Dirixidas a pacientes que se atopan a tratamento ambulatorio e que están en proceso de rehabilitación.

3. Actividades centradas en difundir á poboación toda a problemática relacionada co abuso do alcohol».