Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.364

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 29 de abril de 2002 pola que se convocan axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros para o exercicio do ano 2002.

A Orde do 28 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o pro

cedemento de concesión de axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros prevé que as convocatorias anuais, que poderán ser varias, rexeranse polas bases e condicións establecidas na dita orde.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.- Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 28 de novembro de 2000 (DOG do 20 de decembro); o prazo de presentación de solicitudes de acordo co seu artigo 14 será o de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo ó exercicio do ano 2002.

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.771.0 e por un importe de 3.275.109 euros.

Disposición transitoria

Con efectos desta convocatoria, exímese do requisito de presenta-los documentos de autorizatorización a que se refire o artigo 14.A) alínea d) da Orde do 28-11-2000 conxuntamente coa solicitude, debendo facelo coa documentación para o pagamento.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos