Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002 pola que se prorroga ata o 30 de setembro de 2002 o prazo de entrega da memoria e dos xustificantes ós que se refire o artigo 10 da Orde do 5 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de novembro), de convocatoria para presentar proxectos de fomento do uso do galego e de formación para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 5 de outubro de 2001 (DOG

do 9 de novembro), de convocatoria para presentar proxectos de fomento do uso do galego e de formación para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, no seu artigo 10, sinala que cada equipo de normalización, coa conformidade da dirección do centro, terá que lles remitir ós gabinetes de Normalización Lingüística das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a memoria das actividades realizadas e os xustificantes dos gastos para os que se lles concedeu a axuda, antes do 31 de xullo de 2002.

O atraso involuntario do aboamento destas axudas e as circunstancias que concorren no remate do curso

lectivo aconsellan prorrogar este prazo, polo que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística,

RESOLVE:

Prorroga-la data ata o 30 de setembro de 2002 para a entrega da memoria de actividades e xustificantes de gastos, á que se refire o artigo 10 da Orde do 5 de outubro de 2001 (DOG do 9 de novembro) pola que se anuncia a convocatoria para presentar proxectos de fomento do uso do galego e de formación para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística