Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/101).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. parque empresarial de Alvedro.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: L.M.T.S., C.T.C. parque empresarial de Alvedro, constituído por:

Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al.

-De 2.674 m de lonxitude, con orixe en apoio proxectado, de paso aero-subterráneo na L.M.T. 705, subestación San Marcos-Sigrás, lado Alvedro, discorrendo por vías do poligono e final en paso subterráneo-aéreo lado Sigrás.

-De 134 m de lonxitude, con orixe en cela C.T.C.-D e final en C.T. existente José López López.

-De 441 m de lonxitude, con orixe en cela C.T.C.-B e final conectado á liña C.T. existente metalúrgica.

-Seis centros de transformación A, B, C, D, E, e F, tipo caseta prefabricada de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en vías do polígono.

-Un centro de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña