Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/36-2, 5823 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. parque empresarial de Guitiriz.

Situación: Guitiriz.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, con lonxitude de 1,08 km, con orixe na L.M.T. existente a C.T. Pardiñas, conductor tipo R.H.V. e

final no C.T. parque empresarial de Guitiriz. C.T. con 630 kVA de potencia e relación de transformación de 15.000/380-220 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo