Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/153-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en edificio Taboar IV, na r/ Colón.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 220 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. edificio Pino ata o C.T. que se proxecta no edificio Taboar IV, na rúa Colón, no concello de Tui, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/200 V. R.B.T. subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra