Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.322

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (926/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos nº 926/2001, seguidos por instancia de José Luis Rodríguez Sánchez contra Construcciones Cosmarti, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Luis Rodríguez Sánchez, contra a empresa Construcciones Cosmarti, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.166,67 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604 0000 60 926-2001, do BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Cosmarti, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado