Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.322

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (142/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 142/2002 seguidos por instancia de Matilde Souto Varela, contra as empresas Rediscarta Galicia, S.L., Repriss La Coruña, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza substituta deste xulgado, Milagritos Evangelina Belso Sempere, dictou sentencia, na data 19-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que aceptando a demanda interposta por Matilde Souto Varela, contra as empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss La Coruña, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante, e extinguida a relación laboral, condenando a dita demandada a que lle aboe en concepto de indemnización a suma de 595,24 euros, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, 21 de xaneiro de 2002, ata a da notificación da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ás empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss La Coruña, S.L., que tiveron o seu último enderezo coñecido na rúa Agra de Bragua nº 49-baixo e r/ Rodrigo A. de Santiago nº 60-baixo, respectivamente, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado