Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.321

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (351/2000).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no procedemento que se mencionará recaeu a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din literalmente:

«Sentencia. En Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 2002. Vistos por min, José Antonio Vázquez Taín, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta localidade e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo declarativo de menor contía, co número 351 de 2000, dos asuntos civís deste xulgado, seguidos por instancia de Isaac Gutiérrez García, maior de idade e veciño de Cambre, representado polo procurador Luis Abalo Álvarez, baixo a dirección do letrado Sr. Méndez Velasco, contra Preconsa, con domicilio en Vilagarcía de Arousa, representada pola procuradora Sofía Doldán de Cáceres, e asistida polo letrado Sr. Tábora Sánchez, e contra Oteca, rebelde, sobre tercería de mellor dereito.

Decido que estimando a excepción de litispendencia alegada pola parte demandada, debo desestimar e desestimo a demanda presentada por instancia de Isaac Gutiérrez, contra Preconsa e Oteca, sen entrar no fondo da cuestión suscitada e sen facer especial pronunciamento en materia de custas. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado e para ante a Audiencia Provincial, de conformidade co

disposto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil. Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos, dispóñoo, mándoo e asínoo José Antonio Vázquez Taín, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilagarcía de Arousa».

E para que lle sirva de notificación á demandada rebelde, Oteca, S.A. (Obras, Tendidos y Caminos, S.A.), da que se ignora o paradoiro, expido e asino este edicto en Vilagarcía de Arousa, dezaoito de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado