Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.321

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (412/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 412/2001 se acordou citar a:

Cédula de citación.

O/a xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar

a vostede, co fin de que o vindeiro día dez de setembro, ás nove quince horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por ameazas e danos, en calidade de denunciante.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, recaendo sobre vostede os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Daniel Tomé Ferrol, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos, vinteseis de abril de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE VILAGARCÍA DE AROUSA