Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.321

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (772/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 772/2001-CH por instancia de Vicente Miguel Corral Prieto, sobre separación contenciosa, se acordou o emprazamento de Claudina Castro mediante a publicación da seguinte.

Cédula de emprazamento.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 772/2001-CH, seguidos por instancia de Vicente Miguel Corral Prieto, representado polo procurador Jacobo Tovar Espada Pérez, por medio deste edicto emprázase a Claudina Castro, nacida o día 5-10-1961 en Yacoba de Areoso (República Dominicana), con NIE1185725-Y, co fin de que no prazo de vinte (20) días compareza en autos, representada por procurador e defendida por letrado, e conteste a demanda, prevíndolle que no caso de non o verificar se dará por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, notificándolle as demais resolucións que recaian nos estrados deste xulgado.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto que asino na Coruña o vintecatro de abril de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS