Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002 pola que se convoca unha xornada sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 2002, e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989,

do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Centro de Estudios Jurídicos Superiores (Cejus), unha xornada sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A relación que ó abeiro do acto administrativo se establece entre a Administración pública e o administrado vén constituír un dos aspectos de maior relevancia no quefacer cotián dunha sociedade. Para a Administración pública o acto administrativo configúrase como o instrumento mediante o que expresa a súa vontade e que lle permite cumpri-las diversas funcións que ten atribuídas. Para o administrado representa o fundamental vehículo da súa relación coa Administración, a través do cal vai experimentar beneficios ou inconvenientes na súa situación xurídica, nos seus dereitos e intereses.

Dentro do contorno xurídico e administrativo do acto administrativo, as xornadas convocadas dedicarán unha especial atención, desde un tratamento práctico, ó relevante tema da notificación e publicación destes actos, ó significado, alcance, tipoloxía e posición xurisprudencial máis recente sobre o instituto do silencio administrativo.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A notificación dos actos administrativos. A súa publicación. Cómputo de prazos.

-Estudio xeral do silencio administrativo. Os actos presuntos positivos e negativos. Sistema de recursos.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Ferrol (praza Camilo José Cela, s/n, da citada cidade) o día 21 de xuño de 2002.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 18 de xuño de 2002.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública; polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por fax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 19 de xuño das 8.30 ás 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de can

celala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate desta xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA