Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.003

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de maio de 2002 pola que se modifican as ordes do 10 de decembro de 2001 e do 15 de xaneiro de 2002, polas que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V e II, respectivamente, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 24 de decembro), e da Consellería da

Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 17, do 27 de xaneiro), nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos II e III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na base III.3 das ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), polas que se convocaron os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías correspondentes ós grupos II e III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, Francisco Javier Míguez Poza e Juan José Martín Álvarez, vocais titular e suplente, respectivamente, dos tribunais II-C III-E, renunciaron ós seus nomeamentos.

De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4 das citadas ordes do 30 de xullo de 2001,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear vocal titular dos tribunais II-C e III-E a José Miguel Formoso Sobrado en substitución de Francisco Javier Míguez Poza.

Segundo.-Nomear vocal suplente dos tribunais II-C e III-E a María Gloria López Juiz, en substitución de Juan José Martín Álvarez.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública