Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 7.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de maio de 2002 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Galega Contra o Narcotráfico.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, con domicilio en Vilagarcía de Arousa.

Supostos de feito.

1. José Luis Nogueira Rodríguez en calidade de presidente da fundación, en escrito de vintedous de abril de 2002 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vilagarcía de Arousa, o día vintecatro de xaneiro de 2002 ante o notario Manuel Remuñán López, co número cento cincuenta e un do seu protocolo por Felipe Teijeiro Suárez, José Luis Nogueira Rodríguez, Manuel Soliño Bermúdez, Manuel Antonio Couceiro Cachaldora, Francisco Javier Redondo Penide, Roberto Eduardo Rietz López, Manuel Isorna Folgar, Ambrosio Fontes Tobio, José Castro Ratón, César Luis Gil Cons, Carlos Méndez Míguez, Ángel Benito Pérez Dorgambide, José Carlos Prieto Meléndez, Daniel Espiño Otero, Ramiro Garaboa Penide, Francisco Javier Villaronga Fuster, Paula Janza Muñiz, María Beatriz González Loroño e Constantino Badín Barreiro; interveñen no seu propio nome e José Luis Nogueira Rodríguez ademais en representación, como presidente da asociación Plataforma Galega Contra o Narcotráfico e como mandatario verbal de Serafín López Viglerio, Joaquín Javier Gago López e Manuel Santos Ruiz Rivas.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é loitar contra o tráfico ilícito de drogas e as súas consecuencias, a través do teléfono antidroga de denuncia, prevención e axuda ó drogodependente; colaboración permanente coas forzas e corpos de seguridade do Estado, celebración de xornadas e foros de debate, propostas lexislativas e outras actividades.

4. O padroado da fundación estará integrado por Felipe Teijeiro Suárez como presidente de honra, José Luis Nogueira Rodríguez como presidente, Manuel Soliño Bermúdez como vicepresidente primeiro, Manuel Antonio Couceiro Cachaldora como vicepresidente segundo, Francisco Javier Redondo Penide como secretario, Roberto Eduardo Rietz López como tesoureiro, Serafín López Viglerio como vicetesoureiro e Manuel Isorna Folgar, Ambrosio Fontes Tobio, José Castro Ratón, César Luis Gil Cons, Joaquín Javier Gago López, Carlos Méndez

Míguez, Ángel Benito Pérez Dorgambide, José Carlos Prieto Meléndez, Daniel Espiño Otero, Ramiro Garaboa Penide, Manuel Santos Ruiz Rivas, Francisco Javier Villaronga Fuster, Paula Janza Muñiz, María Beatriz González Loroño e Constantino Badín Barreiro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relación Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas al finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 21 de maio de 2002.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social a Fundación Galega Contra o Narcotráfico adscribíndoa á Consellería de Sanidade que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública