Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

O pleno deste concello, en sesión do 8 de abril de 2002, acordou por unanimidade, e ó abeiro do artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOU na zona da feira internacional, promovida por este concello e redactada por Juan Rico Lenza.

2. Publica-lo acordo de aprobación no BOP e no DOG, e así mesmo, publicar no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

3. Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Silleda, 19 de abril de 2002.

José Fernández Viéitez

Alcalde-presidente