Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
contrata execución esixida
Obra Orzamento
Prazo
Clasificación
Nº 58 POS 2002 Navia de Suarna. Acdtº e mellora de accesos ó lugar de Penedo 62.798,00 4 meses Non se esixe
contrata execución esixida
Obra Orzamento
Prazo
Clasificación
Subgrupo 6
Categoría d
Subgrupo 6
Categoría E
Subgrupo 6
Categoría d
Nº 114 POS 2002 Xove. Pavimentación do acceso de Vila-Gulpilleiras. P.k. 0,00-1,40 85.944,72 9 meses Non se esixe
Nº 122 POS 2002 Guntín. Cinto comarcal tramo Maceda-Veiga. P.k. 8,800-10,800 108.000,00 3 meses Non se esixe
Reparación vías provinciais zona de Meira, A Pontenova, Ribeira de Piquín e Baleira 342.339,20 6 meses Grupo G
Reparación de vías provinciais, zona de Sober, Pantón, A Pobra de Brollón, Monforte, Bóveda e O Saviñao 392.033,60 5 meses Grupo G
Nº 116 POS 2002 Barreiros. De San Cosme á Ría, mellora p.k, 1,24-2,00 82.543,00 3 meses Non se esixe
O Vicedo. De Suegos a Falcoeira, 2ª fase p.k. 5,474 a 5,745 130.012,22 3 meses Grupo G
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: 0 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Teléfono: 982 26 00 78.
e) Fax: 982 26 01 67.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10 ás 14 horas.
1. Entidade: deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 20 de maio de 2002.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo