Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación de 1954 e consecuentes do seu regulamento, declarada a urxente ocupación polo Decreto 168/2002, do 18 de abril (DOG nº 94 do 16 de maio) dos bens e dereitos necesarios para realiza-la obra de abastecemento e saneamento de Sandiás.

Fáiselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación que o décimo día hábil, no caso de coincidir en sábado pasará ó seguinte día hábil, contando desde a derradeira publicación deste anuncio no diario La Región, BOP e no DOG, ás 12 horas na casa do concello, sen prexuízo de desprazarse o lugar onde estean situados os bens obxecto

de expropiación, procederase ó levantamento de actas previas á ocupación.

Relación de bens e propietarios:

Propietarios: Juan José Santana Penín, Irene Rodríguez Durán, Arsenio Pérez Pérez, Aurora Lorén Ferreiro, herdeiros de Antonio Dios: Elvira Dios e Benito Feijóo e Concello de Sandiás.

Descrición dos bens afectados pola expropiación:

Lugar: Sandiás.

Superficie total da aira: 154,82 m.

Superficie que hai que expropiar: 31,02 m.

Sandiás, 23 de maio de 2002.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa