Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do 4 de abril de 2002 aprobouse o expediente administrativo, para contratar polo sistema de poxa con procedemento aberto en trámite normal a obra de pavimentado de camiños O Puntal, A Silva, acceso ó instituto e Cobeluda.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Neda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 1/2002.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Descrición: pavimentado de camiños A Puntal, A Silva, acceso ó instituto e Cobeluda.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

Importe: 70.487 A.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación.

a) Entidade: Copistería Cutus.

b) Enderezo: r/ Cuntis 75.

c) Localidade e código postal: Ferrol.

d) Teléfono: 981 33 31 82.

e) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio, ben sexa no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Neda.

Enderezo: avenida Alxeciras 34-1º.

Localidade e código postal: 15510 Neda.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o seguinte á apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Neda.

b) Enderezo: avenida de Alxeciras, 34.

c) Localidade: Neda.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado ou festivo prorrogarase ata o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio, así como todos aqueles que resulten da execución do presente contrato, serán de conta do contratista adxudicatario.

Neda, 8 de abril de 2002.

Xosé C. Pita López

Alcalde