Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na sesión extraordinaria celebrada o día 6 de maio de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para defini-la aliñación dun soar situado na avda. do Xeneralísimo e modifica-la rasante actual, promovido por Luis Villamide, S.L., representada por Luis Villamide Iravedra, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún, ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se consideran no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Meira, 21 de maio de 2002.

Nonito Rodríguez Morán

Alcalde en funcións