Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (419/2001 modificado).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 9 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto modificado nº 1 de construcción de accesos ó centro comercial de Ourense, por instancia de Óscar Aser Sánchez Ruido, como presidente da comisión xestora para o desenvolvemento do equipamento comercial coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería de data 15 de marzo de 2002, e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de data 7 de xuño de 2001, e da Confederación Hidrográfica do Norte, Comisaría de Aguas do 10 de outubro de 2001, dos que se dará traslado ó interesado e logo de constitución de garantía na cantidade que sexa determinada polo Servicio de Enxeñería para responder da execución das obras, o seu mantemento ata a recepción destas por parte do concello, así como en comparecencia pública, o solicitante comprométese a introduci-las modificacións necesarias na rede provisional de drenaxe para que as augas drenadas sexan incorporadas ó colector respectivo do Plan de Saneamento de Ourense, no momento da súa

execución.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, á exposición pública

polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de maio de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde