Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 188/2002, do 15 de maio, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun terreo situado no concello da Guarda (Pontevedra) destinado á construcción dunha estación de autobuses.

O Pleno da Corporación municipal do Concello da Guarda, reunido en sesión que tivo lugar o día 2 de novembro de 2001, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia o predio situado no termo municipal da Guarda, destinado á construccción dunha estación de autobuses.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución de dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello da Guarda acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de maio de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello da Guarda, a título gratuíto, do predio de 3.099 m, situado no termo municipal da Guarda e cos seguintes lindeiros: ó norte, Avelino Franco e máis Angelina Trigo Álvarez; ó sur, Manuel Sobrino, Francisco Vicente González e Ramón Miguel Rodríguez González; ó leste, estrada da Pasaxe; e ó oeste, castro, parede, Angelina Trigo Álvarez, Ignacio Otero Giráldez e José Otero Vicente.

Artigo 2º

O predio cedido destinarase á construcción dunha estación de autobuses. A dita parcela resulta da agrupación das seguintes parcelas rexistrais:

Predio nº 1: tomo 969, libro 107, folio 193, predio nº 17.798.

Predio nº 2: tomo 969, libro 107, folio 194, predio nº 17.799.

Predio nº 3: tomo 969, libro 107, folio 195, predio nº 17.800.

Predio nº 4: tomo 969, libro 107, folio 196, predio nº 17.801.

Predio nº 5: tomo 969, libro 101, folio 62, predio nº 16.887.

Predio nº 6: tomo 969, libro 107, folio 197, predio nº 17.802.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documen

to público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA