Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 27047/2001 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador 27047/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A-2º-2ª, edificio Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, dese a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27047/2001.

Inculpado: Luis Rodríguez Ares (academia San Antonio).

Enderezo: r/ Ourense, nº 7, entlº 6 de Monforte de Lemos (Lugo).

Sanción: 300,50 euros.

Motivo: irregularidades campaña control de prezos e follas de reclamacións nas academias.

Data de resolución: 1-2-2002.

Lugo, 30 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo