Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002 pola que se resolve o concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Rianxo.

Por resolución do presidente do ente público Portos de Galicia do 21 de xaneiro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 22, do 30 de xaneiro, convocouse concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Rianxo.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, o presidente do ente público Portos de Galicia resolve declarar deserto o concurso por considerar que o proxecto incluído na única oferta presentada non resulta axeitado debido a que incumpre o establecido no artigo 3 do prego de bases do concurso e porque o proxecto presentado non se adecúa ás características das instalacións obxecto do concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia