Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002 pola que se fan públicas resolucións que declaran deserto o concurso de referencia 12-01-01-C-01 e se anuncia o outorgamento, por procedemento negociado, da concesión administrativa das instalacións da nova lonxa do porto de Espasante para a prestación do servicio de lonxa.

O 31 de decembro de 2001 publícase no Diario Oficial de Galicia nº 251 a resolución do presidente do ente publico Portos de Galicia do 19 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da

nova lonxa do porto de Espasante para a prestación do servicio de lonxa (expediente 12-01-01-C-01).

Con data do 12 de marzo de 2002 e á vista da proposta formulada pola mesa de contratación, esta presidencia, dado que a oferta presentada non reunía os requisitos establecidos no prego de bases, resolve declarar deserto o concurso e autoriza o inicio do expediente de outorgamento da dita concesión polo procedemento negociado sen publicidade.

Con data do 21 de maio de 2002, por resolución desta presidencia, por proposta da mesa de contratación do procedemento negociado, acorda outorgarlle ó Concello de Ortigueira a concesión administrativa das instalacións da nova lonxa do porto de Espasante para a prestación do servicio de lonxa.

O prazo de outorgamento da concesión é de 5 anos prorrogables.

Contra as resolucións mencionadas, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia