Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación do inicio do expediente sancionador 27070/2002 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación de expediente sancionador 27070/2002, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 27070/2002.

Inculpado: Gosende Multiprecios, S.L.

Enderezo: r/ Diego Pazos, nº 26 de Sarria (Lugo).

Motivo: irregularidades campaña control de prezos en euros.

Data do inicio: 14-3-2002.

Lugo, 30 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo