Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/32-2, 5815 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. e R.B.T. en praia do Torno.

Situación: Cervo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con orixe en C.T. As Augas e final en C.T. Florida con lonxitude de 425 m, conductor tipo R.H.Z. L.B.T. subterránea, con 27 m de lonxitude, conductor tipo R.V. L.B.T. aérea con 70 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo