Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/30-2, 5817 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Sta. Marta do Vilar do Meilán.

Situación: Riotorto.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con lonxitude de 109 m, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. proxectada O Vilar do Meilán e final en C.T.I. proxectado Sta. Marta. L.M.T. aérea a 20 kV, con lonxitude de 260 m, conductor tipo LA-56

con orixe en L.M.T. existente de Riotorto e final en C.T.I. proxectado Sta. Marta. L.M.T. aérea a 20 kV, con lonxitude de 787 m, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. existente de Riotorto e final no C.T.I. proxectado O Vilar do Meilán. 3 C.T.I. de 160 kVA de potencia en relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con 950 m de lonxitude, conductor tipo R.Z. L.B.T. aérea con 900 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo