Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/33-2, 5820 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Carballo.

Situación: Alfoz e O Valadouro.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con 0,042 km de lonxitude, conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. existente sub. Foz-L.M.T. San Martiño e final en C.T. Carballo. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea, de 0,315 km de lonxitude, con orixe en C.T. Carballo e conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo