Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.823

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE REDONDELA

EDICTO (233/2000).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Redondela o quince de febreiro de dous mil dous. Vistos por min, Miguel Aramburu García-Pintos, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Redondela, os autos seguidos neste xulgado co número 233/2000, por instancia de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra representada pola procuradora Fátima Portabales Barros e defendida polo avogado Gonzalo Velasco Pazos contra María del Carmen Lorenzo García, Francisco Javier Castellano Bouzón, Mariscos Isabel y Leandro Arcade, S.L., representados polo procurador Manuel Lamoso Rey e defendidos polo avogado Aquilino Pérez Sánchez e herdanza xacente de Isabel Bouzón Ruibal, en situación de rebeldía e atendendo ós seguintes, decido:

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Fátima Portabales e dispoño que siga adiante a execución contra Mariscos Isabel y Leandro Arcade, S.L., a herdanza xacente de Isabel Bouzón Ruibal, Javier Castellano Lorenzo e María del Carmen Lorenzo Gar

cía, ata aboarlle á demanda a suma de 13.578.886 pesetas, máis a suma de 2.500.000 pesetas polos xuros que se devengarán, máis 2.000.000 de pesetas por custas e gastos. As custas impóñenselles ós demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que cabe interpoñer contra ela recurso de apelación, o cal para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra deberá ser anunciado no prazo de cinco días, desde a súa notificación, perante este xulgado.

Así, por esta sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Aramburu García Pintos, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de herdanza xacente de Isabel Bouzón Riobo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 12 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA