Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.822

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (314/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 314/2001, se dictou a seguinte cédula de citación:

O xuíz do Xulgado de Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede co fin de que o próximo día tres de setembro ás once trinta horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de

faltas arriba indicado, seguido por faltas de lesións, en calidade de denunciante e denunciado, respectivamente.

Fáiselles saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos, ...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá acudir asistido de letrada, se ben non é perceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Sandra-Patricia Velázquez Rubiano, Kelly-Fernanda Ramírez Villareal, actualmente e paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o dezaoito de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE REDONDELA