Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.822

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (529/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, cer

tifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de Natalya Pavlivna Kryuytska contra Antonio Manteiga Jarazo, sobre demanda de divorcio nº 529/2001, se dictou sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.

A Coruña, trinta e un de xaneiro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 529/2001, por instancia de Natalya Pavlivna Kryuytska, representada pola procuradora Sra. Villar Pispieiro e defendida polo letrado Sr. Salgueiro Armada, sendo a parte demandada Antonio Manteiga Jarazo, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Dolores Villar Pispieiro, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Antonio Manteiga Jarazo e Natalya Pavlivna Kryuytska, que tivo lugar na Coruña o 28 de xaneiro de 1999, cos efectos legais que iso implica.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Antonio Manteiga Jarazo, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos oportunos e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Antonio Manteiga Jarazo, expido e asino este edicto na Coruña, 31 de xaneiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS