Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 6 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00221-O-2002 e nove máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos sinais e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en forma voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso en calquera oficina do Banco Bil

bao Vizcaya Argentaria (BBVA). Transacción 1316. NIF S1511001H.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 6 de maio de 2002.

Gonzalo López González

Instructor, xefe do Servicio Provincial

de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00221-O-2002

M-4089-LX

G.C. de Tráfico

Eliseo Doldán Pena

Rúa Colombia, 7-3º D

15142 Arteixo (A Coruña)

Circular transportando 1.000 kg aproximadamente de productos alimentarios, desde Arteixo a Sofán carecendo de tarxeta de transporte e de distintivos.

29-8-2001; 10.35; C-552; 20,500

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros
XC-02729-O-2001

M-6289-HJ

G.C. de Tráfico

Tuberías del Norte, S.L.

R/ Franco, 41, s/n

15600 Ferrol (A Coruña)

Circular transportando unha carga de terra, carecendo de autorización administrativa.

19-7-2001; 21; N-651; 33,400

Art. 199 b) R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

30,05 euros
XC-02759-O-2001

C-9511-BK

G.C. de Tráfico

Irubus, S.A.

Behobia-Explanada, s/n

20300 Irún (Guipúzcoa)

Efectuar unha conducción ininterrompida de 7 horas e 30 minutos tendo descansado 30 minutos no disco diagrama de data 27-7-2001.

1-8-2001; 15.45; A-6; 549

Art. 7 R(CE) 3820/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

240,4 euros
XC-02902-O-2001

C-0022-BZ

G.C. de Tráfico

Servicios y Neumáticos La Gándara, S.L.

Polígono A Gándara, 101

15407 Narón (A Coruña)

Circular transportando un compresor de aire de 200 kg aproximadamente, un taboleiro de madeira e diversas ferramentas de taller para arranxo de pneumáticos, carecendo da correspondente autorización administrativa. Posúe autorización caducada o día 31-5-2001.

1-8-2001; 16.05; C-641; 495

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
XC-02934-O-2001

PO-8788-BM

G.C. de Tráfico

Florinor, S.L.

Gaiteiro Soutelo, s/n

36800 Pontevedra

Circular co vehículo sinalado transportando papel e celofán (paquetería) e reparto. Carecendo de tódolos distintivos.

12-6-2001; 20.40; N-550; 79,500

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

90,15 euros
XC-02937-O-2001

TO-0663-U

G.C. de Tráfico

José Luis Fernández Díaz

Avda. de Europa, 8

28500 Getafe (Madrid)

Circular desde orixe a destino, carecendo de tarxeta de transporte, transportando ordenadores.

12-6-2001; 11.13; N-VI; 544,600

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
XC-02948-O-2001

C-8008-BC

G.C. de Tráfico

Chen Tiemin

Avda. Mariñas-Perillo, 393

15173 Oleiros (A Coruña)

Circular transportando mercadoría para venda ambulante (bolsos) e venda en mercados, carecendo da autorización administrativa.

16-6-2001; 9.50; N-550; 28,500

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
XC-02954-O-2001

C-8726-BS

G.C. de Tráfico

José Luis Bescos Lago

Sánchez Calviño, 62-4º F

15402 Ferrol (A Coruña)

Circular transportando productos de limpeza, carecendo da autorización administrativa.

15-6-2001; 10.55; AC-113; 3,800

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros
XC-03022-O-2001

0209-BCZ

G.C. de Tráfico

Gregorio Vidal García

Fonte da Moureira, 42

36002 Pontevedra

Circular transportando co vehículo sinalado unha carga de material téxtil (roupa), carece de tódolos distintivos correspondentes.

7-6-2001; 8.20; N-550; 71

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

90,15 euros
XC-03042-O-2001

2044-BFT

G.C. de Tráfico

Santiago Viñán Piñeiro

Armento Rodis, 6

15142 Arteixo (A Coruña)

Circular realizando un transporte de penso para animais (400 kg), desde o polígono de Sabón (Arteixo) a varias localidades próximas á Coruña, carecendo de autorización administrativa.

13-6-2001; 9.15; LC-410; 3

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150,25 euros