Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002 pola que se dá publicidade ó acordo do tribunal designado para xulgalas probas encamiñadas á obtención do certificado de conselleiro de seguridade CE, convocadas por Resolución do 18 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos, e se fixan os horarios dos distintos exercicios.

En cumprimento do establecido na Resolución do 18 de febreiro de 2002, pola que se convocan probas para a obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Este tribunal

RESOLVEU:

Primeiro.-Anuncia-la exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, de conformidade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda, servicios provinciais de transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Segundo.-Os exercicios realizaranse o día 5 de outubro de 2002 na Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os horarios dos exercicios quedan establecidos do xeito que se indicada no anexo, facendo saber que as portas do recinto abriranse 30 minutos antes do comezo do exercicio comezando este á hora sinalada.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

Carlos González Rodríguez

Presidente do tribunal

ANEXO

Modalidade por estrada.

9.30 hSalón de actosDe Abalde Simón a Mujico Mtz.
A tódalas clases11.30 hSalón de actosDe Naveiras Roguez. a Vilas Súarez
Clase 19.30 hAula 5Tódolos aspirantes
Clase 218.30 hAula 5Tódolos aspirantes
Clase 7
Clase 3 e máis11.30 hAula 5Tódolos aspirantes
Mater. líqu. nº 1202-1203 e 122316.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Modalidade por ferrocarril.

Aspirantes
A tódalas clases9.30 hAula 5Tódolos aspirantes
Clase 1
Clase 2
Clase 7
Clase 3 e máis16.30 hAula 5Tódolos aspirantes