Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.786

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de maio de 2002 pola que se dispón que o secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Producido o cesamento do director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, cóm

pre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e o curso da resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á dita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, que figuran no Decreto 312/2000, do 28 de decembro, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quedan encomendadas temporalmente e ata que non se produza o nomeamento do seu titular, ó secretario xeral e do Patrimonio.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

José A. Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA