Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.786

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 185/2002, do 27 de maio, polo que se nomea rector magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no seu artigo 20, dispón que o rector será elixido pola comunidade universitaria e nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.

Do mesmo xeito, os estatutos da Universidade de Vigo, aprobados pola Resolución do 16 de setembro de 1993, dispoñen, no seu artigo 95, que o rector será nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia.

Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade de Vigo polo que se remite certificación na que consta que na sesión da Comisión Electoral do día 13 de maio de 2002 foi proclamado definitivamente rector electo o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de maio de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Domingo Docampo Amoedo.

Santiago de Compostela, vintesete de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria