Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de concurso público sobre concesión administrativa para construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na alameda e praza do emigrante, no Carballiño.

O concello pleno, en sesión celebrada o día 30 de abril de 2002, aprobou o prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas que rexerán a concesión administrativa do concurso antes indicado.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Obras e Urbanismo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa para construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na alameda e praza do Emigrante, no Carballiño.

b) Lugar de execución: o indicado nos planos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e límite na concesión.

a) Orzamento: non consta.

b) Límite na concesión: 50 anos.

5. Garantías.

a) Provisional: 18.030,36 A (3.000.000 de pesetas).

b) Definitiva: 4% do orzamento das obras.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: O Carballiño.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Fax: 988 53 00 08.

f) Data límite para obter documentación ou información: día anterior á finalización da presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Figuran no prego de condicións.

8. Prazo para presentación de proposicións.

a) Data límite: 30 días naturais a partir da última publicación no BOE ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello de 8 a 15 horas, de luns a venres e de 9 a 13 os sábados.

c.1. Entidade: Concello do Carballiño.

c.2. Domicilio: praza Maior, 1.

c.3. Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

9. Apertura de proposicións.

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Lugar: salón de actos.

c) Domicilio: praza Maior, 1.

d) Localidade: O Carballiño.

e) Data e hora: día seguinte hábil ó de finalización do prazo de presentación de proposicións ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

11. Outras informacións.

O prego de condicións íntegro aparece publicado no BOP de Ourense, número 106 de data 10-5-2002.

O Carballiño, 15 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado