Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de abril de 2002, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da obra de dotación de beirarrúas e servicios na estrada a Moruxo, estrada do pazo de Armuño e estrada N-VI (intersección Ferrol), incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e de rede Viaria Local-POS 2002, da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dotar as beirarrúas e servicios na estrada a Moruxo, estrada do Pazo de Armuño e estrada N-VI (intersección Ferrol).

b) Lugar de execución: estrada a Moruxo, estrada do Pazo de Armuño e estrada N-VI (intersección Ferrol).

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 174.953,60 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 12 e nos anexos II e III do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios:

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 18 de abril de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente