Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 10 de abril de 2002, aprobouse a forma de adxudicación mediante poxa, para a concesión da autorización para a instalación das casetas e caldeiros do polbo, durante as festas do San Froilán-2002. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a concesión da autorización para a instalación das casetas e caldeiros do polbo, durante as festas do San Froilán-2002.

b) Prazo de duración: a duración da ocupación será de 35 días naturais, contados a partir do 28 de setembro, finalizando, polo tanto, o 1 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: os prezos mínimos para a poxa serán os seguintes:

Caseta nº 1: 12.000 euros

Caseta nº 2: 13.000 euros.

Caseta nº 3: 14.000 euros.

Caseta nº 4: 15.000 euros.

Caseta nº 5: 16.000 euros.

Caldeiro nº 1: 6.000 euros.

Caldeiro nº 2: 7.000 euros.

Caldeiro nº 3: 8.000 euros.

Caldeiro nº 4: 9.000 euros.

Caldeiro nº 5: 10.000 euros

5. Garantías.

Provisionais:

1.200 euros por cada caseta á que se opte e 1.000 euros por cada posto de caldeiro ó que se opte.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86/982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 18 de abril de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área